Primeira impresión
Aínda non tiven tempo de ler de vagar os xornais. As eleccións catalanas semella que non depararon grandes novidades, agás nesa irrupción sorpresiva de Ciudadanos por Cataluña con 3 escanos e 90.000 votos, cun discurso radicalmente antinacionalista (catalán). Tampouco é un fenómeno totalmente novo (lembremos o lerrouxismo de comezos do século XX), pero... Pensemos qué sucedería en Galicia se alguén lanzase unha iniciativa semellante: contaría, sen dúbida, con moitos sectores de esquerda moderada e discurso antigaleguista (Paco Vázquez, Pérez Mariño, etc.) e o afago dun sector "pijo" do PP. Semella que en Cataluña eses votos deberon arañar sobre todo á esquerda, ó PSC. En Galicia non hai aínda mobilizacións neste tipo, porque o ritmo de galeguización da sociedade é moito máis lento (e o PSdeG non é o PSC, claro). Pero cabe agardar algo así no futuro? Non é complicada a resposta.
ALGO BERROU
-
Eros
Máscaras e máis máscaras! Hai que cegar a Eros!
Quen seu rostro radiante aturar pode
cando el, coma un solsticio de verán, vén
o preludio a romper ...
Hace 1 semana