14 feb 2008

O Parlamento vasco cita a Fraga

a declarar pola morte de 5 traballadores hai 32 anos. A Cámara vasca pretende interrogalo como ex ministro de Gobernación


Mundo tolo. Cranach.


A Venus de Cranach (1532) prohibida como recurso publicitario no metro de Londres.

(Ofrecemos tamén a imaxe orixinal completa e unha das imaxes publicitarias de Lisa Charmel das que falo na columniña seguinte: poden amplialas clicando nelas).



Cranach. Pan por pan domingo 17 febreiro.

As fotos son elegantes, moi ben realizadas, man dun magnífico profesional da imaxe. Están colocadas nas esquinas de moitas rúas, nos respectivos soportes publicitarios. E non me estrañaría que nestes días aumenten os accidentes de tráfico no marco urbano: non sería a primeira vez. Refírome a unha campaña publicitaria dunha empresa de lencería que tira dos ollos dos automobilistas que dá xenio. Ó seu carón pouco teñen que facer os rostros electorais de Rajoy, Zapatero e Iago Tabarés: non sei se iso non será competencia desleal cos políticos. En Londres, en cambio, prohibiron poñer no metro uns carteis cun cadro de Lucas Cranach O Vello, porque exhiben un espido feminino. Pobre Cranach, pintor de santos e ata editor de Biblias! E os islamitas queren quitar da Wikipedia a imaxe de Mahoma. Debe haber por aí moita “mirada sucia”, como di un coñecido personaxe da tele.
Manolo Figueiras
Dende hoxe na Galería Visol, de Ourense.
en poleiro alleo

A política, o Lazarillo, Madame Bovary: "Comicios e buleiros", de Anxo Tarrío (GH 14 febr.).
Os futuros nenos centenarios: "Daquí á eternidade", de Bieito Iglesias (ECG 14 febr.).
Nota aclaratoria

Hai días en que entran no blog arredor dun cento de comentarios (os lectores son máis aínda). Por suposto, non podo responder a todas as mensaxes e mesmo esquezo ás veces referirme a asuntos nos que eu son interpelado directamente. O meu tempo é limitado e hai outros compromisos. Quero que ninguén se moleste, pois, se nalgún momento esquezo responder a algunha cuestión.
Por outra parte, espero que o perfil do blog se manteña como ata agora, cunhas normas de respecto, cortesía e elegancia intelectual. Nas últimas xornadas sentín a sensación de ver arribar un cachón de intervencións aínda non habituadas a este estilo, quizais aburridas doutras solainas onde as normas de conduta son diferentes. Agardo que os recén chegados se incorporen mantendo ese mesmo estilo e perfil que aquí nos caracteriza: o blog non quere ser outra cousa que o que xa é, unha tertulia de amigos/as, de posicións ideolóxicas diferentes, pero todos copartícipes dun mesmo espírito de tolerancia e valores democráticos.

Liberdades.
Pan por Pan xoves 14 febreiro. Entrada 1581. Imaxe: Odalisca e escrava, de Ingres.

Hai dous anos, en setembro do 2005, Kurt Westergaard, debuxante de humor danés, debuxou unha caricatura de Mahoma cun turbante en forma de bomba e coa mecha acendida. Lembrarán que houbo manifestacións en moitos países islámicos e mesmo mortos. El dixo que quería denunciar ós que aproveitan a imaxe de Mahoma para lexitimar o terror. Pero os musulmáns entenderon que se retrataba o seu profeta como un terrorista. Dende aquela, Kurt Westergaard está ameazado de morte e vive escondido, cambiando de casa cada pouco, tamén cando viaxa fóra do seu país. A policía danesa vén de deter a tres presuntos terroristas que planeaban asasinalo. En Turquía os islamitas conseguen que o goberno permita o emprego do veo nas universidades: o problema é que tamén hai máis presión para que o poñan as mozas que non o levan. Quen vai garantir a liberdade destas?