Millán Astray. Sempre me sorprendeu que persoas sensibles e intelixentes (poñamos un
Günter Grass ou un
Ingmar Bergman) tivesen caído na súa mocidade na tentación de militar en grupos nazis ou fascistas. Tamén houbo en España poetas seducidos polo fascismo, dende
Eugenio Montes ata
Giménez Caballero, algúns mesmo grandes escritores como
Cunqueiro ou Torrente Ballester.
E qué pensarían eles de personaxes como Millán Astray que cada día convocaba os xornalistas de Salamanca a golpe de silbato e os mandaba poñerse en fila para que escoitasen as súas arengas cotiáns?
Un individuo que recomendaba cantar ós lexionarios para combater o medo e que un día fixo formar a súa escolta cantando o “Himno da Legión” mentres o dentista lle quitaba unha moa, por certo seica asustado: o concepto “esperpento” tiña que nacer neste país, sen dúbida, don Ramón.
(Imaxe: o impresionante retrato de Millán Astray, por
Luís Seoane no álbum
Trece estampas da traición.).