Escribía Ramón Piñeiro
(Fragmento dun artigo de prensa. O artigo enteiro vai colocado como primeiro comentario)
Asistimos ó nacemento da revista “Grial”, emulando o modelo da “Cruz y Raya” de Bergamín, e comprobamos a plena consciencia que tiña o grupo Galaxia do significado no seu tempo da tradución ó galego de Heidegger: “para aniquilar dunha vez a tese insidiosa de Dámaso e outros segundo a cal o galego só sirve para facer poesías ou para lles falar ós labregos, pero é inepto para facer ciencia ou filosofía”. Mesmo Piñeiro rexeita con acerto, xa en 1954, unha crítica que anos despois lle sería dirixida, o seu suposto “culturalismo”: “o meu orgullo galeguista cifrábase en ter incorporado á lingoa galega dous nomes de primeirísima calidade: Ánxel Fole e Luís Pimentel. Eu penso que a incorporación dun bo poeta ou dun bo prosista é máis importante para o porvir histórico de Galicia que a posible incorporación dun ministro ao Goberno de Madrid. Na etapa actual da vida galega pódese dicir que os verdadeiros ministros de Galicia son mesmamente os seus poetas e mailos seus escritores e artistas”.
21 abr 2007
Arredor do blog
Estes días tiven múltiples problemas informáticos, dos que vostedes non se enteraron, pero por iso escribín menos (colgando textos dende o Instituto). Unha treboada averiounos ascensor, tv e conexión a Internet: telefónica foi rápida e cambiei a conexión un día despois, pero logo empezou a fallar o portátil. Bloqueábase case ó empezar. Revisado por amigos (Antonio, da Casa da Xuventude) quizais o motivo sexa que o aparello se quenta con facilidade: o técnico de Inforcom (Manuel Expósito) onde fun hoxe limpou a fondo o ventilador, a ver se agora vai ben...
E a noitiña do sábado tiven unha longa entrevista coa xornalista Belén Regueira e co amigo Manuel Bragado (Belén tamén estivo en Ourense, cun fotógrafo, e charlamos moi de vagar). A Belén sorpréndelle sobre todo que dous "carrozas", arredor case dos 50, sexamos tan fieis no asunto este (moitos outros pinchan) e ademais teñamos un coro de seguidores tan entusiastas: no diálogo intentamos explicar as causas diso e niso teñen vostedes moito que ver. (Pola nosa-miña banda, o principal mérito quizais sexa a constancia e dispor dunha vida abondo organizada e rutinaria -agás cando fallan os aparellos-: hai uns meses falaba eu disto con Antón Costa, que me coñece de vello, e dicía el: "ti, si; ti, sendo como es, poderás manter un blog no tempo...").
A entrevista vai destinada a unha reportaxe sobre o mundo dos blogs que seica estará na páxina do Consello da Cultura Galega, no Culturgal e na rede en xeral. Falamos con toda a vivacidade e liberdade co trebello ese do Messenger que nunca usará, pero confeso que é divertido. Agora sei por que entrampan os rapaces co tema. Falamos de moitas cousas das que temos falado aquí (xa lles avisarei cando se publiquen os resultados da charla) e mesmo dei tres ou catro enderezos de contertulios que máis trato, porque creo que tamén lles queren preguntar algo ó respecto (así que, se os chaman, non se asusten, será por isto). Máis nada, seguiremos fedellando...

CARLOS GIMÉNEZ E A MEMORIA
Carlos Giménez é un dos nomes máis relevantes do que en tempos se chamaban tebeos e a modernidade deu en chamar comic ou banda deseñada. Os lectores da miña quinta lembrarán as súas series en medios como “El Papus”, “Totem” ou “Muchas Gracias”. Neles e tamén en albumes independentes popularizou historias como “Paracuellos”, que relata, nun clima lóbrego e gris, a infancia de moitos nenos da posguerra española no “Auxilio Social” fr
anquista. Moi logo soubemos que o propio Giménez pasou boa parte da súa infancia nun orfanato franquista. Nos anos 70 devoramos as historias de Giménez, singularmente aquelas tan tinguidas de sátira e denuncia, que levaban os títulos de “España una”, “España Grande” e “España Libre”.
Leo agora unhas súas declaracións nas que afirma que foi un adiantado en reivindicar a memoria histórica. E dende logo non lle falta razón. Poucos retratos tan duros da España franquista e miserenta trala guerra civil como as historias deste gran debuxante e guionista. Agora que os lexisladores discuten como restaurar a dignidade das víctimas da ditadura, recoñezamos que ese labor xa se fixo, con toda humildade pero tamén co rigor necesario, dende aqueles tebeos memorables.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)