Podería, polas trazas, ser unha foto dos anos 40, pero xa sabemos que non o é. En todo caso, é un nacional-catolicismo moderno e vaticanista. Ata o xornal ABC, onde saiu a foto, destaca en titulares a "poco laicista felicitación navideña de Francisco Vázquez". A min lémbrame un pouco A familia de Carlos IV, de Goya, e creo que o exalcalde coruñés debía buscar un gran pintor que os inmortalizase para o futuro: imaxinen a cantidade de estudos que se chegarían a parir desta imaxe e dos seus significados simbólicos, ata algunha tese doutoral de seguro...
DEIXÁMONOS LEVAR
-
A derradeira vida dun gato
Hoxe víronnos pasar
conducindo á velocidade
que empregan só os tolos pilotos de feira.
Un ano sen durmir
apreixado a un enxoit...
Hace 18 horas






