31 may. 2009

Os homes que fregan os pratos son mellores na cama.
por Dulce Suevia
A Nosa Terra, 29.05.2009
"Sol ardiente de junio". Frederic, Lord Leighton

E non porque o digamos eu e todas as mulleres do mundo (menos as das tribos rancias), se non porque así o indica un estudo que recupero agora para darvos algo no que reflexionar a os homes con orellas (e sen elas)...
Segundo o encabezado:
–Os que non fregan nunca e esperan que o faga a muller buscan unha naiciña ou serventa, así que non nos van servir de nada na cama xa que van esperar que llo fagamos todo nós.
–Os que deixan todos os pratos no fregadeiro até a fin de semana van por prioridades, así que se servirán eles mesmos se tentamos pillalos ás présas, e só se os deixamos a pan i auga ata o sábado daremos feito que se esmeren.
–Os que teñen lavalouzas e van gardando os pratos nel segundo os usan, colocándoos de modo adecuado, vanse esmerar do mesmo modo cando boten un polvorón. Os que os meten así como caian, van facer a súa tarefa camil tamén en plan despreocupado.
–Os que a pesar de ter lavalouzas, deixan todos os cacharros no fregadeiro até que se lles enche a cociña de moscas, non serán cumpridores e deixarante a medias.
–Obtemos un novo mito sexual: Se xa tiñamos os panadeiros e bombeiros, agora faremos fila nos restaurantes agardando pola hora de saída dos fregapratos.
–Este estudo é cousa dunha tipa farta de darlle ao estropallo.
E xa, se chegas ao piso do teu ligue nocturno, busca escusa para achegarte até a cociña e decidir que é o que vas facer!
Por suposto, o artigo que comezaba con este encabezado fala da harmonía do fogar á hora de facer as tarefas entre os dous, así que isto son meras observacións que levan á esperanza, pequena, de facer que algún dos meus amigos teña a casa en condicións menos putrefactas cando eu vaia de visita.