18 dic. 2008


Dende Europa

PAN POR PAN 18-12-08

Por aquí sempre fomos moi mirados con todo o que viña de fóra, visto sempre como símbolo da modernidade. Moitas veces satirizou Castelao o papanatismo dalgúns paisanos galegos ante a volta dos ‘americanos’, isto é, os emigrantes que volvían ricos das Américas. E aínda hoxe aceptamos case con devoción calquera opinión extragalega sobre as nosas creacións culturais: se hai boas palabras fóra do país sobre un libro, unha película ou un pintor galego, xa está medio camiño feito. Agora o Consello de Europa acaba de tirarlle das orellas á Xunta e eu creo que a todos os cidadáns galegos cun informe que con sidera insuficiente o uso do galego na educación e reclama unha necesaria mellora en ámbitos como a xustiza ou os medios de comunicación. Dicímolo todos os días moitos comentaristas e case dá vergoña ter que repetir o evidente. Agora tamén nolo din dende Europa: a ver se así funciona.