Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
19/06/2009
O Acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo a Marcos Valcárcel, terá lugar no Teatro Principal de Ourense o vindeiro día 20 de xuño, sábado, ás 12:00 horas.
NOMEAMENTO E LIBRO HOMENAXE A MARCOS VÁLCARCEL EN OURENSE
por Corresponsal
(Fotos La Voz de Galicia e La Región, respectivamente)
1. Un emotivo acto.
Os paxaros enmudecían inmóbiles nas árbores da calor que ía, pero iso non impediu que onte xoves, no Liceo ourensán, se celebrase o emotivo acto dobre de nomeamento de Marcos Valcárcel como socio de honra e de presentación do libro Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos.
Nun ateigado e máis que caluroso salón baixo do Liceo, o presidente da entidade, José Carlos Martínez-Pedrayo, glosou con elegancia a figura do honrado e deu conta dos motivos polos que a xunta directiva propuxo o seu nomeamento, entre outros ser o activo e eficaz director da Sección de Literatura desde o ano 2002. Pasou revista Pedrayo aos eventos máis significativos do labor da mesma nos últimos sete anos, subliñando que converteron o Liceo nun punto de referencia ineludible da vida cultural non só ourensá, senón galega en xeral.
A continuación tomou a palabra Afonso Vázquez-Monxardín, en representación dos coordinadores do libro homenaxe (César Ánsias, Benito Losada, Xosé Trebolle, Xosé Ramón Quintana e el mesmo). Despois de expoñer as características desta obra primorosamente editada, na que participaron 225 autores, entre escritores, artistas e amigos, o interviniente leu algúns dos textos do libro, entre eles dous extraordinarios sonetos de Marica Campo e Víctor Campio Pereira.
Un bo número dos colaboradores, ourensáns e de fóra, achegáronse para lle dar unha aperta a Marcos: o escritor Bieto Iglesias, o psiquiatra Santiago Lamas, os historiadores Afonso Mato, Jesús de Juana e José Gómez Alén, o pintor Antón Pulido, a xornalista Cristina Huete, o museólogo Xosé Carlos Sierra, o boticario Adrián Da-Cunha, os dous Xosé Lois: o Carrión e o Carrabouxo, entre moitos outros. Tamén estaban os que se deron en chamar “núcleo duro” d´As Uvas na Solaina, expresamente chegados de Lugo, Vigo ou Allariz.
Marcos Válcarcel fixo unha emocionada e emocionante intervención, agradecendo o nomeamento de socio de honra e o libro dos seus amigos, profusamente aplaudida polos asistentes. O Liceo foi, durante anos, a miña segunda casa, dixo coa voz entrecortada. Falou da amizade, do permanente cariño que se lle amosa desde todas partes, do núcleo de amigos directos que están aí, a pé de obra. Quizais máis que en ningún outro texto apareza tan ben retatado o amigo Marcos como no soneto de Marica Campo:
De como pode un home ser guieiro para atoparmos un lugar no mundo, de don Marcos Valcárcel, o profundo soñador de Galiza, o noso abeiro.
Do amigo, o señor e o compañeiro, do mestre e o escritor claro e fecundo, das Uvas na Solaina, do rotundo apostar pola lingua. O pardiñeiro
da historia do país en el recobra esplendor palaciano, luz de día, orgullo de ser nós, que non nos sobra.
Direille aínda acio e malvasía, viño a repousar que o tempo dobra en doce potencial de rebeldía.
Ao remate do acto, os asistentes pasaron a unha sala contígua onde departiron amistosamente, refrescando a calor con bebidas e petiscando un ágape disposto polo Liceo de Ourense.
2. Un cantar enxebre.
O así chamado “núcleo duro” d´As Uvas na Solaina, xunto a outros amigos e amigas, aproveitaron a ocasión para iren tomar posteriormente uns viños á Praza do Eirociño dos Cabaleiros.
Milagrosamente, o Júlio Medela e o Xulio Outomuro retiraronse as súas moradas a unha hora prudencial. Mentres, Xoán da Cova botaba man da guitarra e Xosé M. González (Saavedra) e o grande Xoán Fonseca, axudados polo Occam, acometían todo un amplo repertorio de cancións de taberna, seguidos polos demais presentes. Arume dos Piñeiros, pouco dado a efusións tabernarias, aproveitou para falar de Boloña cunha compañeira universitaria que atopou.
Non eran, de certo, as cancións de taberna barrocas de Henry Purcell as que alí foron cantadas, mais era tal o entusiasmo, tan perfecta a harmonía de voces, que de inmediato todo o bar, absolutamente todo, coreou ao unísono: trinta voces mínimo. O climax chegou cando entoaron “Milho verde” e cando se sumaron catro tunos que por alí apareceron para dar conta da canción de Carlos Puebla sobre o Che Guevarra: inenarrábel a conxunción do Fonseca á voz e á guitarra e os punteos do tuno da bandurria.
O cántico “Guantanamera” foi aproveitado astutamente polo avogado lugués Xaime da Pena para mudalo por Antequera en honor a uns andaluces de tal localidade que asistían encantados participando tamén no coro. O resultado non foi outro que as copiosas consumicións alcohólicas correron a cargo dos antaqueranos. Non che son parvos, non, estes de Lugo.
LA MAZA: AUTOEDICIÓN EN ZARAGOZA
-
La MAZA (I Muestra de Autoedición Zaragoza-Armas) 24 al 26 de Mayo de
2013. Plaza Interior de Las Armas. [Información de El Calotipo y El
Armadillo Ilustra...
CRISTINA REGRESOU ÁS SOMBRAS
-
[image: 11]
Vai para un mes que nos deixou Cristina. Anunciounos o seu suicidio urbano
no Facebook: «Deixo Lugo para ir vivir a unha aldea sen cobertura»...
-
Pampórnigas ou pampónigas
Cando o vrau é xa froito moi maduro
E a luz se fai colleita ben cumprida,
No misterio do Val, aló na Ermida,
Celébrase un ritual ...
Penedos y croyos
-
No meu bacharelato, o bacharelato clásico con catro anos de elemental, dous
de superior e COU, pasabamos media vida facendo redaccións. As redaccións
con...
-
* *
*ACERTAR NAS PREVISÕES*
Para acertar nas previsões políticas em Portugal basta seguir uma regra
básica: prever o pior que é possível, usar da Lei de M...
ANTES DE ESTAR DE VOLTA, HAI QUE TER IDO
-
Eu o venres, 17 de maio de 2013, vou estar en Compostela para participar na
manifestación pola miña lingua que alí se vai celebrar. Quero ir para lle
facer...
Winter Carp Fishing Tactics
-
Have you figured out my target species? 3.5-inch shiner minnows on hook &
line- ultralight. Since it was to hire a van driver with good off-road
knowledg...
Boise Idaho Taxi Cabs
-
A 37-pound Kamloops trout has been nicknamed Gem State. The climate in
Idaho varies widely between zip codes. For example, in Boise, Idaho, the *boise
id...
O BNG contra Alonso Montero
-
Pilar García Negro
Está claro que unha boa parte dos que pintan algo no BNG –agora e antes–
sempre mostraron unha animadversión difícil de comprender con...
Auxilium et consilium
-
Estes días ando a pelexar de cando en cando cun volume editado por Alex
Preminger e T.V.F. Brogan: *The New Princeton Encyclopedia of Poetry and
Poetics*. ...
reapropiación indebida
-
*(reapropiación indebida y pirata de Álvaro)*
*
*
Retorno siempre impenitente al desvarío,
ese configurador de posibilidades,
a aferrarme renovada a ot...
Contra as notas
-
Se por min fora, xa hai tempo que se terían eliminado as malditas notas de
todos os colexios do país. Mais a cousa non está na miña man. As notas non
só so...
How To Design A Nursery
-
The delivery of a child is perhaps one of the most exciting events in a
person’s life. Many individuals wait their entire lives for this to occur
and when ...
Celeste e os cravos no 25 de Abril
-
**
*Celeste Martins Caeiro*
*
**
**http://www.youtube.com/watch?v=gaLWqy4e7ls*
*Grândola, Vila Morena. ZECA AFONSO*
*Do que gostava agora era de voltar a ...
Cada concello polo que vale
-
Cada vez que alguén representa nun mapa de Galicia unha variable municipal
independente da superficie, sexa esta a poboación, os votos ou a porcentaxe
de...
-
* Excmo Sr. D. Alberto Núñez Feijoó, Presidente da Xunta de Galicia.* Hoxe
a sociedade civil lucense ven a facerlle unha reclamación xusta, necesaria
e ind...
A engenharia em Angola (I)
-
Na formação dos engenheiros civis angolanos tem havido uma lacuna no que respeita à parte ambiental. Não tem sido dado realce na formação dos engenheiros civ...
El País Galicia. Acto reivindicativo.
-
Hoxe convidáronme a dicir unhas palabras no acto reivindicativo a prol do
cuadernillo de El País Galicia, representando aos lectores.
Este foi o meu texto:...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com
Expresamos a nosa maior gratitude ao equipo de Blogaliza que nos acolleu
durante catro anos con extraordinaria xene...
O BEBEDOR DE RAKIA EN SARRIA
-
O luns, día 14 de maio, estarei no Instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria,para falar coas rapazas e os rapaces do meu libro O
BEBEDOR DE RAKIA.
FINE
-
O quinto aniversario é unha boa e bonita excusa para despedirme. A lúa
brilante de xaneiro acompaña estas breves palabras. *Arume dos Piñeiros*comezou cun...
XGG, as siglas máis famosas da historia de ANT
-
Xesús González Gómez, coas siglas XGG, foi unha das sinaturas máis
sobranceiras da etapa de A Nosa Terra que se iniciou no 1977 e remata hoxe.
Velaquí o se...
Xapón
-
O ser humano perfecto, Jorgen Leth.
*Hoxe, tamén, experimentei algo que agardo comprender dentro duns días.*
Con música, con outras preocupacións, todo ...
El público y los fantasmas
-
A finales de enero se proyectó en el Fórum Metropolitano de A Coruña el
film de Abbas Kiarostami *Copia certificada*, en mi opinión el mejor de los
estrena...
Revista de prensa
-
Dous artigos inexcusables na Vanguardia, un de Manel Pérez sobre
o decreto que agarda no caixón
http://www.lavanguardia.es/opinion/articul...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis *días estranhos
*, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber sinais de
vida...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
Damos o chimpo!
-
Mudámonos a Blogaliza. A partir de agora atoparedes a Ningures aquí:
www.ningures.blogaliza.org
(Olliño, ".org" e non ".com", neste último caso aparece ...
clock
-
clock-clock. Non.
clock. Pecho, pero só lle dou unha volta á chave.
Si, imos tomar un respiro, pero deixamos a porta aberta a un 'coming soon'.
Problemas co...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
PUNTO FINAL
-
TODO TEN UN FINAL... A MIÑA AVENTURA EN BLOGGER REMATA AQUÍ, NA HISTORIA
NÚMERO CEN, NO POST CENTENARIO DA MIÑA EXISTENCIA AQUÍ E, XUSTAMENTE, CANDO
FAGO ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado unha e outra v...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...