Salvado pola música de gaita: así naceu a gaitoterapia Camilo Martínez era un mozo da Peroxa, de 22 anos, soldado, que estivo internado no Hospital militar de San Ambrosio da Habana no ano 1885. Ferido, estivo en estado cataléptico durante 14 meses, con períodos de depresión intermitentes. Os doutores déronlle un diagnóstico de “catalepsia por nostalxia” e prescribiron unha curiosa curiosa estratexia de curación: mandaron poñer un gaiteiro tocando muiñeiras e fandangos con gaita galega na cabeceira da cama.
A cousa foi ben e logo lle puxeron tres gaiteiros, un de Ribadavia, outro de Valdeorras e outro de Penalba. O caso é que curou: a música da terriña lle espertou o espírito e fixo nel un efecto maior que todas as medicinas do mundo, como contaba
Lamas Carvajal en “O Tío Marcos d´ a Portela” (1885).
O amigo
David Simón escribiu sobre o suceso
www.alternativadecontenidos.com) : así naceu a gaitoterapia.
O caso de Camilo Martínez, o mozo da Peroxa salvado da nostalxia coa gaitoterapia, non foi o único. David Simón lembra outro caso recollido na prensa no 2004: unha muller de Noia, con sesenta e moitos anos, residente en Miami e en contacto coa súa familia galega por teléfono, sufriu un atraco con agresión que a levou a padecer un episodio amnésico-disociativo, esquecendo a súa identidade, perdida nunha residencia de enfermos vellos. A muller, no seu semimutismo, cantaba cancións de
Pucho Boedo e dos Tamara e grazas a iso remataron por localizala os seus familiares de Noia, pois algúns pertenceran a grupo musical. Un empregado desa residencia confírmalles por teléfono que hai alí unha muller, parecida no físico á que buscan, que pasa todo o seu tempo cantando “
Galicia, Terra Nosa” e “De Santiago vengo”: a música en auxilio da vida e da memoria.
(Na imaxe unha pintura de Hendrick Terbrfugghen, 1624)