Anos interesantes...Ando a ler nestes días a autobiografía do historiador británico, nacido por accidente en Alexandría,
Eric Hobsbawm, un dos grandes pensadores do noso tempo, que foi para a miña xeración unha referencia clave tanto nos seus estudos sociais (
El mundo del trabajo, Trabajadores) como nos seus traballos máis políticos e ideolóxicos (
Política para una izquierda racional, por exemplo, todos estes títulos en Crítica). O relato da súa vida, narrado con elegancia en
Años interesantes. Una vida en el siglo XX (Crítica, 2003), é a crónica vivida dun século tan marabilloso como tráxico. España aparece en varias ocasións: nos anos 50 Hobsbawm visitou este país á procura de datos sobre os anarquistas da guerra. Chegou a Barcelona na Semana Santa de 1951, coa folga dos tranvías, e encontrouse cunha España infeliz. No plano intelectual, afirma o historiador británico, “
España, a maioría de cuxos talentos emigrara, era un país asfixiado”. Tamén era un país arcaico e provinciano, de seguro, pero tamén lle pareceu un lugar de xentes orgullosas e de principios: “
España non esquecera a guerra civil, e os vencidos, aínda que desprovistos de todo poder e sen esperanza, non cambiaran o seu xeito de pensar ó respecto”.