29 feb 2008


Ciumes (Brincadeira. Vía Lula Fortune)

Seica houbo ciumes no equipo contrario. O seu departamento de Promoción quere poñer as cousas en claro: velaí os teñen.
en poleiro alleo

O monstro, de Xosé Cermeño (GH 29 febr.) : dos ecos de don Álvaro Cunqueiro...

Memorias dun neno bretón, de X.L. Méndez Ferrín (FV. 29 febr.) : dos ecos do Nouveau Roman...

PEPEROS ESCOZÍOS (Brincadeira. Vía Apicultor)
“Mateina porque era miña”.
Pan por Pan venres 29 febreiro

Nesta coñecida frase está a causa final da violencia machista. Pódeselle dar moitas voltas, pero todas conducen ó mesmo lugar: os bestas capaces de matar unha muller ou de pegarlle unha malleira converten ese suposto ser querido nun obxecto máis da súa propiedade. Actúan así á marxe do seu nivel cultural ou económico. O mundo cambia, por sorte, e conceptos novos como a liberdade da muller ou a igualdade de sexos non son acollidos por todos con compracencia. E entón xorde a besta, que non quere que lle movan o seu mundo de ideas fixas. E reacciona coa violencia propia das bestas, a única linguaxe do dogmatismo e da brutalidade. E asistimos impotentes ó goteo de víctimas, unha, dúas, catro nun día... E só pensamos que isto rematará algún día. Como rematou a escravitude. Como rematará a tortura, a guerra ou a pena de morte. Oxalá sexa cedo.

28 feb 2008


en poleiro alleo
Machos asesinos, de Pedro de Silva (Faro de Vigo, 28 febr.)

El asesino patológico, que goza matando, es muy poco frecuente. En general se mata buscando algo, o sea, por razón de utilidad. En la violencia machista se mata, lisa y llanamente, para defender la propiedad sobre la mujer. Éste es el fondo del asunto. Mientras domine en la mayoría de los hombres la idea de que la mujer es de su propiedad, se darán las condiciones para la violencia machista, aunque las más de las veces el sujeto se reprima, y sólo aflore de modo cruento en individuos aislados. Más al fondo todavía, esa idea de propiedad sobre la mujer va unida a la idea más castiza y tradicional de familia. Dicho de forma algo brutal, tras un machista violento late casi siempre un defensor a ultranza del viejo modelo familiar, de raíz patriarcal y machista. La violencia surge, como resistencia, cuando sube la marea social para superar ese modelo y el agua le entra al macho en casa.

en poleiro alleo

Bieito Iglesias tamén escribe sobre o debate
(veredes como alguén tamén lle chamará colonizado)

Platón deixou dito que o amor é un pulo cara a excelencia e Lourenzo o Magnífico secundouno afirmando que se trata dun apetito de beleza. Pois ben, as cámaras de cinema ou de televisión experimentan ese impulso e ese apetito, son como raparigas namoradizas que un día se prendaron do xove Eastwood ou das meniñas dos ollos de Paul Newman e hoxe langrean polos ósos de George Clooney. Desde o momento en que a política se vedettizou (con John Fitzgerald Kennedy), resulta moi difícil triunfar cun líder que careza de boa percha. Ata os líderes revolucionarios han ser belidos como o Che Guevara se queren que a mocidade os coloque por riba da banceira da cama en lucido cartel.
Sospeito que se non houbo debates en eleccións anteriores
foi porque Aznar quedou escaldado despois dos cara a cara con González, debido ao seu bigote que evocaba sketchs de cine cómico. Raxoi aceptou a regueifa porque tiña pouco que perder e, de perdidos, ao río. Falou braceando enerxicamente e mesmo se permitiu algunha difamación (acusou ao candidato socialista de agredir ás vítimas do terrorismo), mantívose firme e altaneiro, como eses oradores que badúan empoleirados nunha caixa de fruta, pero a condenada cámara acariñaba o sorriso de Zapatero e transmitía reflexos dos seus iris celestes. Como os políticos falan para a feira -para as sectas respectivas-, uns dirán que gañou Xan e outros que venceu Perillán, no entanto ficou moi claro quen pode en telexenia. Por baixo da esgrima dialéctica e dos reproches cruzados polos candidatos, a pantalla cantaruxou todo o tempo un vello tema dos Sírex: ¡Qué se mueran los feos, qué no quede ninguno!. Non é milagre que os inquéritos das cadeas xeralistas desen como gañador ao Presidente en funcións. Tampouco foi casual que ZP se despedise cunha frase (Boas noites e boa sorte) dun filme do Clooney. Só lle faltou choscar o ollo.

en poleiro alleo
(Foto: Cris Tobío, de ECG)

Panfleto antipedagóxico (Anxo Tarrío, Galicia Hoxe 28 febr.)
Anxo Tarrío comenta o "panfleto" de Ricardo Moreno Castillo do que xa falamos nesta casa hai uns meses.

Amancio Prada canta temas do músico francés Leo Ferré (ECG 28 febr.)
La niña de Lerroux, de J.M. Ponte (Faro de Vigo 28 febr.)

27 feb 2008

O debate da galega (primeira impresión)

Núñez Feijóo para min estivo mellor que Rajoy. Pérez Touriño, máis académico, semellaba ás veces un profesor dando clases na Facultade de Económicas. Quintana foi o máis político no enfoque e nos contidos: levou as cousas ó seu rego e expuxo moi nidiamente a posición que lle interesaba ó BNG. Quintana só criticou, na práctica, ó PP: quizais algún dardo contra o PSdG-PSOE sería máis rendible no plano electoral.
Por varias veces houbo confusión no obxectivo do debate: semellaba máis ben un debate de balance do goberno autonómico bipartito, en bastantes casos. (Pero non houbo división á hora de defendelo por parte de socialistas e nacionalistas).
En cambio, sobre todo na primeira parte, houbo tempo para propostas concretas, programáticas: neste aspecto, mellor que a confrontación Rajoy-Zapatero.
No aspecto formal eu daríalles un empate técnico ós tres, arredor do seis. Núñez Feijóo, moi serio, case cabreado. Os outros, con sorriso un pouco forzado. Sería de agradecer un pouco máis de naturalidade.
No fondo e nos contidos Quintana levaría un 8, Touriño un 7 e Feijóo un 6 (só é a miña humilde opinión).

DEBATES ELECTORAIS
Andoliña xoves 28 febreiro

Co que se leva escrito sobre o debate do luns entre Rajoy e Zapatero hai para xuntar un volume ben gordo: no meu blog quedou a miña opinión con detalle e un amplo debate ó respecto. Como é lóxico, ós votantes de dereitas gustoulles máis Rajoy, polo xeral; e ós de esquerdas, Zapatero. Creo que Rajoy deu a imaxe que os socialistas agardaban: sobre todo no seu tratamento tan monocorde e reducionista da inmigración como sinónimo de delincuencia e conflito social.
O escritor Juanjo Millás dixo que o debate foi a representación da loita do século XIX contra o século XXI: non creo que sexa preciso dicir quen representaba cada tempo histórico. Un xornalista catalán, Jose Antich, seguindo este fío, preguntábase: “En España, hai máis xente como Rajoy ou como Zapatero? Que é España: máis século XIX ou máis século XXI?”. Saberémolo, sen dúbida, o nove de marzo. E que papel vai cumprir Galicia desta vez?, engado eu. Chegaron de verdade os tempos da modernidade política?
Joan Manuel Serrat, por certo, falaba antonte na radio moi cabreado polas alusións directas de Rajoy en televisión: “Eu nunca insultei ó señor Rajoy! Por que me insulta el a min?”.
Brincadeira.




ENTREVISTA: APERITIVO CON... GIOCONDA BELLI
(El País 25 febreiro)
"A froita prohibida era un figo e o paraíso, Irak"


Mágoa que a poetisa nicaraguana Gioconda Belli non afonde máis, nesta breve entrevista, na súa teoría sobre o Paraíso e a mazá que era un figo.
(Imaxe: Adán e Eva, de Hans Baldung Grien)

26 feb 2008

Axenda: Anxo Angueira, de novo.

Para os que non o viron no Liceo. E para os que queiran velo de novo noutro espazo.
Recital de Anxo Angueira, O Leo, Aser Álvarez Gzez., cos murais de Xoán Calros e Xosé Luís de Dios, Fóra do sagrado.
Mércores 27 febreiro. Ás 20 h. na entrada do Campus ourensán (cruce rúa Dr. Temes e Avda. Castelao). Organiza: Universidade de Vigo (A Intercultural).
en poleiro alleo
Pan e coitelo. O valor dos debates cara a cara, de X. M. Sarille (ECG 26.2.08)

Eu gustei do que disputaron Solbes e Pizarro. Aprendín e tirei conclusións. A primeira é que Pizarro non sabe economía política, esa disciplina, tan complexa, resúltalle allea e por iso non está preparado para gobernar, aínda que sexa unha persoa perfectamente capacitada para dirixir con brillo unha grande empresa ou o seu bolso particular. A segunda conclusión, moi pedagóxica e talvez decisiva para a maioría dos espectadores, é que Pizarro sería capaz de privatizar as pensións e desvinculalas totalmente da protección pública, tal como fixeron no seu día os gobernos de Augusto Pinochet en Chile. Ese foi un dos principais argumentos de Pedro Solbes, o núcleo duro onde dobrou ao contrincante definitivamente. Por certo, ao ministro non lle foi necesario o artificio: cun ollo pechado, a cara afectada por unha parálise pasaxeira, o outro ollo mirando permanentemente para o atril, mais con moita precisión e rigor, iso si, merendouse ao popular. Ou sexa que menos pólvora de verbena.

Ao raiar o sol. Centenario de Curros Enríquez, de Luís González Tosar (ECG, 24.02.2008)
A nosa selección en Pequín, de Afonso V.Monxardín (GH. 26.2.08)

ZAPATERO-RAJOY. Primeira impresión (ás 11,55 h.). Imaxe de Ben Lawson.

Rajoy. Dereita dura, catastrofismo: o inicio do seu discurso foi abraiante polo medo que metía. Obsesionado coa inmigración, asociada sempre á delincuencia (nin unha palabra positiva sobre a contribución dos inmigrantes) e co terrorismo. Defendeuse en economía e quedou moi atrás en todo o demais. Acorralado cando se lle preguntou polos trasvases (non podía definirse ou se lle rompe o partido). Excesivo e indignante acusando a Zapatero de "agredir ás víctimas do terrorismo".
Foi máis o Rajoy da loita dura dos anos da oposición que da imaxe moderada que agora queren vender en campaña os estrategas do PP.
Zapatero. Privilexiou as mensaxes en positivo. Defendeuse moi ben na exposición do labor do seu goberno en políticas sociais, política exterior e defensa das autonomías. Atacou a cotío a xestión dos anteriores gobernos do PP onde era ministro Rajoy: como forma de comparación e de impugnación do discurso do PP. Moi ben na explicación da integración dos inmigrantes e brillante no exemplo do bonobus coas regularizacións da etapa Rajoy. Ben tamén na denuncia do PP por utilizar partidistamente o terrorismo e o 11-M.
Algúns quizais desexarían un tono máis enérxico e contundente, pero non é o propio de Zapatero nun debate deste tipo.
De Galicia, nin pío. Só unha breve alusión de Zapatero ó papel do PP no Prestige (por certo, Rajoy en ningún momento se atreveu a defender a Aznar, nin nisto nin noutras cousas).
Isto é o que lle acabo de contar a un xornalista de La Región por tf. Pedíame tamén unha puntuación: eu daríalle arredor do 7 a Zapatero e un 5-6 a Rajoy, sumando todo, formas e fondo do debate.
ACTUALIZACIÓN: segundo a enquisa de La Región, onte a noite, entre os seus "opinantes habituais", gañou Rajoy para Moncho Conde Corbal e Rosendo Luis Fernández; gañou Zapatero para Afonso V. Monxardín, Santiago Lago, Gonzalo Iglesias, Herminio Iglesias e eu mesmo; empataron, segundo Xavier Limia Gardón. As notas máis altas deullas Rosendo L.Fdez. (militante PP) a Rajoy e Gonzalo Iglesias (idem. PSOE) a Zapatero; as máis baixas ós dous, as de M.Herminio Iglesias (militante BNG).

25 feb 2008














Felicitaciónssss
Polo que xa todos saben, as miñas felicitacións ben sinceras ó da segunda fila, aquí de pancarteiro de Nunca Máis (a foto está colgada en Arroutadas: non sei quen é o autor). Cal é a película en que máis lles gustou como actor? (contesten, se lles parece).
Javier Bardem. Pan por Pan 27 febreiro
Chamou a atención dende o principio pola súa versatilidade como actor: dende que o vimos facer esa especie de chulo hispano de “Jamón, jamón”, de Bigas Luna. Reencarnouse logo no poeta cubano Reinaldo Arenas; no Ramón Sampedro que loita por unha morte digna; nun parado vigués da reconversión (“Os luns ao sol”); nun perturbador inquisidor en “As fantasmas de Goya”, de Milos Forman, e nese tipo sórdido e criminal de “Non é un país para vellos”, papel co que gañou o Oscar. Un grandísimo actor: ninguén o discute xa. E tamén amigo, con moitos amigos aquí, de Galicia. Algo de acenos galegos hai en “Mar adentro” e tamén en “Os luns ao sol”. E anda por Internet (tamén no meu blog) unha súa foto de hai anos, ó carón de Luís Tosar e outros artistas, na marcha de Madrid de Nunca Máis: un dos pancarteiros que berraban a súa xenreira polas esquinas, lembran?



Capas dos libros
Do blog portugués Abrupto (está na columna da dereita), que me recomendou un amigo hai meses, escollo estas dúas capas ben fermosas de novelas de aventuras e de xénero (ímosllas dedicar a Medela e XDC, que teñen falado deste mundo cultural). Por certo, "Crime e castigo", que título tan bonitiño para unha colección!
Hai marabillas tamén nas letras galegas, por suposto. Pero, que eu saiba, non se fixo aínda un estudo sistemático e rigoroso da ilustración nos libros galegos. Que eu saiba, insisto: sei que nalgunha Facultade si se fixeron teses doutorais sobre artistas ilustradores, pero tampouco teño noticia de que estean publicadas (Se alguén sabe máis, que nos informe a todos/as).
en poleiro alleo: o erro Rajoy (A. Elorza, EP 25 febr.)

Moi contundente crítica ó candidato Mariano Rajoy. A ver quen responde a isto...

Un lema de Nóvoa Santos
La Región 25 febreiro
O artigo completo

Ousadía intelectual. Manuel Rivas rescatou nalgún dos seus libros, creo que en ’O lapis do carpinteiro’, unha cita do doutor e humanista republicano Nóvoa Santos que mesmo podería servir como lema ou consigna de vida: dicía Nóvoa Santos que hai que Ser un pouco bo e un pouco rebelde. O de ’un pouco bo’ está difícil, se non é pretencioso. O de ’un pouco rebelde’ pode intentarse como un bo antídoto contra a estupidización xeral que nos envolve. Entendamos ese ’pouco rebelde’ como convite á ousadía intelectual. A cultura galega necesita hoxe mentes ousadas, que vaian máis alá do que son quen de planificar os xestores culturais e os asesores de nómina.Vexamos un par de casos. Chegou a Ourense o concerto de ’Os mozos do coro’, eses rapaciños franceses que fan auténticos milagres coas súas voces. O Auditorio a rebordar, entusiasmo nos aplausos. E eu pensaba (seguro que outras cabeciñas na sala tamén): Por que ningunha cidade galega conta cun coro de nenos ou mozos? Supón iso un esforzo económico imposible de asumir? Ou é un simple problema de vontade (política) e imaxinación? Outro exemplo. Cando sae á venda a casa da rúa da Paz na que viviron Risco e Otero, símbolo espiritual do país, non tería que estar xa a Consellería de Cultura, de acordo co noso Concello e a Deputación, a mover todos os fíos necesarios para que nese lugar tan cargado de historia se poida erguer un centro cultural dedicado á Xeración Nós? Sería moito pedirlles a eses políticos que logo se enchen a boca a falar do exemplo de Nós? Sería só un exercicio de ousadía intelectual.
Kósovo e a diplomacia
Manuel Figueiras

24 feb 2008

en poleiro alleo
Suso de Toro: "Esconder lo que se tiene", EP 24 febr.

Escribe Suso de Toro sobre o paradoxo e sorpresa de que o BNG non se preste a utilizar para a súa presenza en Madrid ás súas figuras de maior relevancia, como Beiras ou Nogueira. Hai unha razón moi evidente para explicar isto e o escritor non a cita, pero como é tan obvia resístome a poñela aquí. O artigo remata así:

El BNG lleva perdiendo votos y diputados elección tras elección, quizá se sienta compensado con que, siendo necesario para formar una mayoría, toca poder. Pero la fuente del poder en democracia son los votos, y lo único que da legitimidad y fuerza. Quien pierde apoyo electoral, más tarde o más temprano, acaba perdiendo también las consellerías.
Al no ofrecerle a la ciudadanía lo mejor que tiene dentro y al tiempo pedirle el voto, es como si nos dijese que para tener una fuerza política propia, algo que buena parte de la ciudadanía cree necesario, hay que votar inexorablemente cualquier lista que nos presente, ya que no hay alternativa. Eso sería una corrupción de las relaciones entre una organización y la sociedad, una arrogancia que toma a los votantes por rehenes, y la sociedad acabaría por hacérselo pagar. ¿No viene ocurriendo eso ya? De volver a retroceder electoralmente ahora no bastaría con atribuirlo a la coyuntura o a enemigos exteriores, el BNG tendría que revisar el camino y los pasos dados.

en poleiro alleo (vacas, carnotauros, etc.)
O touro da imaxe é de Picasso.









Cen anos de historia cultural
1996: Casares, Rivas, D.X. Cabana

A narrativa foi o xénero con maior esplendor ó longo do ano 1996. Sobre todo coa edición dunha das grandes novelas de Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul, e dun dos mellores libros de relatos das últimas décadas, Que me queres, amor?, de Manuel Rivas (que logo chegaría tamén ó cine). Outra das grandes obras do ano foi Morte de rei, novela histórica sobre o último rei de Galicia, de Darío Xoán Cabana. Da mesma andaina son a recuperación de clásicos como O señorito da Reboraina, de Otero Pedrayo; os Contos de Labarta Pose ou unha reedición do Retorno a Tagen Ata, de Méndez Ferrín. Tamén aparecían novos contos inéditos de Camilo Gonsar co título Arredor do non. Alfredo Conde publicaba a novela A casa de Adara; Carlos Reigosa, A guerra do tabaco, e Alfonso Álvarez Cáccamo, O espírito de Broustenac.
Da mesma quinta son a novela Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo; Arqueofaxia, premio García Barros, de Manuel Lourenzo González; Tempos serodios, de Emilio Araúxo; A sinfonía inacabada, de Xavier Manteiga; A armada invencible, entre a ironía e o xénero de aventuras, de Manuel Forcadela; Calidoscopio, na liña da novela sociolóxica, de Paulino Pereiro; O abrente é un desatino, de Xerardo Mëndez, e Os moradores da nada, de Xavier Lama, un dos libros máis vendidos naquela hora. Outras novelas do ano foron Código morse, de Xavier Alcalá; Telúrico, de Tucho Calvo; O lobo guerrilleiro, do portugués Bento da Cruz; ou as primeiras entregas narrativas de Ricardo Beiras (O rectángulo de sol) e Xesús Manuel Marcos (En terra perigosa).
O Premio Xerais, resolto en Vigo, era para A velocidade do frío, de Manuel Seixas e falábase moito xa da Literatura Bravú. O mesmo autor daba a coñecer Viñeron do espacio interior, no rexistro da ciencia-ficción, e S. Jaureguizar publicaba Fridom Speak. No campo da narrativa breve, citemos libros de relatos como O demo á orella, de Xosé Miranda, dezaoito biografías de ficción sobre unha base histórica galega; o excepcional Erros e Tánatos, cun moi singular sentido do humor, de Gonzalo Navaza; ou o colectivo Berra Liberdade, coordenado por Suso de Toro e dedicado á ONG Amnistía Internacional. Marilar Aleixandre publicaba Lobos nas illas; Manuel Lourenzo González, As paisaxes compartidas; Antón Riveiro Coello, Parque Central, e Xosé María Pérez “Chesi”, a súa única entrega en galego, En perigo de extinción (Positivas). Varias escolmas enriquecían aínda o panorama da narrativa breve. Por exemplo, a Antoloxía do conto galego de medo (Galaxia), preparada por Silvia Gaspar; Narradores de cine, da man de Edicións Xerais e, sobre todo, o voluminoso Unha liña no ceo. 58 narradores galegos (1979-1996), co que Edicións Xerais conmemoraba o título número 1000 do seu catálogo. O público mozo podía achegarse a Bala perdida, de Manuel Rivas; Perigo vexetal, premio merlín en clave de ciencia-ficción tamén, de Ramón Caride; Leonel, de Antón Cortizas, libro con grande éxito nos institutos; Big-Bang, de X. Bernárdez Vilar; O trasno de Alqueidón, de Marilar Aleixandre; e Días de desterro, de Xavier López Rodríguez.

Cabe subliñar tamén a longa lista de traducións ó galego do ano, con edición de clásicos (na colección da Xunta de Galicia) e autores contemporáneos como Cicerón, Mercé Rodoreda (A praza do diamante); Richard Ford (Vida brava); Henry James (Os papeis de Aspern); Stendhal (A Cartuxa de Parma; Vermello e negro); Joseph Roth (A lenda do santo bebedor); Anatole France (A illa dos pingüíns); Luigi Pirandello (Henrique IV); Mark Twain; Arthur Conan Doyle; Manzoni (Os noivos) ou A. Tabucchi (Nocturno hindú), entre outros.
Ensaio e investigación.
Vexamos agora algúns títulos de ensaio e investigación. No campo da historia, traballos como ¡Viva El-rei! Ensaios medievais, de Carlos Baliñas; a historia das CCOO de Galicia (J. Gómez Alén), a recuperación dos artigos republicanos do xornalista coruñés César Alvajar, a memoria dos presos do 36 na illa de San Simón (A. Caeiro) ou a achega etnográfica Os vellos oficios, de Vázquez Pintor. Dese ano son tamén unha reedición de O atraso… de Xosé M. Beiras; O Estado da nación, do mesmo autor, e a Xeografía Histórica de Galicia, de Patrick O´Flanagan. Ramón Muñiz achegábase a realidade da pobreza en Galicia (O pobo oculto). A lingua e a literatura estaban presentes na edición das Actas do Simposio de Lexicografía Actual: elaboración de diccionarios, pola RAG e, na mesma casa, o terceiro volume do mapa sociolingüístico de Galicia. Manuel Ferreiro publicaba a súa Gramática Histórica Galega (Laiovento); X. R. Freixeiro Mato un estudo sobre os diminutivos en galego; Constantino García, Cousas da lingua, e Xesús Ferro Ruibal o seu fermoso e valioso discurso de ingreso na RAG: Cadaquén fala coma quen é: reflexións verbo da fraseoloxía enxebre. Tamén saía o discurso de ingreso da poeta Luz Pozo Garza (Diálogos con Rosalía); unha achega de Fernández del Riego á Xeración Galaxia e o valioso traballo de Xosé R. Mariño Ferro sobre O sexo na poesía popular (do mesmo autor, nesas datas, Contos marabillosos). No contexto das letras en castelán, o ourensán José Ángel Valente editaba El fin de la Edad de Plata (Tusquets). Da mesma andaina son Manuel Antonio e a vangarda, de X. R. Pena; A noite nas palabras, de Román Raña; Literatura dramática galega, de M. Vieites; achegas á historia do cine en Lugo e Pontevedra (F. Arribas e X.E.Acuña); unha breve biografía de “Ben-Cho-Shey”, por Alonso Montero; Contra a casa da Troia, de Antón Capelán; Millo e hórreo, de Elixio Rivas; Luís Seoane e o teatro, de Xavier Seoane; Estación marítima, de Luís González Tosar.

(...) O historiador e arquiveiro Xesús Ferro Couselo era o centro do Día das Letras Galegas, con traballos ó respecto de Olga Gallego, Felipe Senén, F. Fariña, Gonzalo Navaza, Xosé R. Pena e David Otero (tamén deste cronista de efemérides). O ensaísta Domingo García Sabell publicaba Os grolos do pensamento, e saía o IX Adral, o derradeiro, de Xosé Filgueira Valverde, que morría neste ano.

Eleccións e valores (5).
Pan por Pan domingo 24 febreiro. Imaxe de Ben Lawson.

Outro dos valores con presenza en todos os programas electorais é o respecto ó medio ambiente e a ecoloxía. Temas como o cambio climático, os recursos enerxéticos, as política hidraúlicas ou a ordenación do territorio son hoxe de debate común. É un fenómeno complexo e bastante novo: hai só tres décadas os primeiros núcleos ecoloxistas en Galicia eran minoritarios e poucas veces tomados en serio. Tampouco tivo éxito en España a estratexia de crear grupos políticos ecoloxistas que ó cabo remataron como apéndice dos partidos clásicos. E falar de ecoloxía non é só competir por quen planta máis árbores aquí ou alá, senón enfocar os problemas con outros criterios e enfoques: pódese sacrificar o noso territorio e a paisaxe ó urbanismo máis salvaxe, por exemplo? Miren ó seu carón: os concellos tamén teñen moito que dicir neste tema. E que é o que están facendo?

23 feb 2008


Estamos xa en campaña (1)
A xeito de pinceladas breves:

(1) O PP segue a utilizar o tema do idioma como arma de confrontación electoral. Curiosamente, o chamado sector galeguista do PPG (Baltar and boys) garda un escrupuloso silencio ó respecto.
(2) "Votando a Mariano Rajoy teremos un presidente galego na Moncloa": escoitado hoxe mesmo, na carpa do PP ourensán no Paseo. Un presidente que, chegado ó caso, tería aínda que demostrar que exerce de galego. Polo momento, nada. Só unha certa ironía galega, que serve para ser comentada polos xornalistas de Madrid.

(3) O PSOE cheo de optimismo trala "victoria" de Solbes no debate con Pizarro. Moi boa a foto de Zapatero abrazando o seu pai e o artigo de Juan Cruz ("El caso del candidato desleído").

(4) O Bloque aboia, cando pode, nalgúns xornais: hoxe entrevistan a Iago Tabarés en ECG. Nas televisións o BNG case non existe. Nas rúas aurienses, polo de agora, tampouco.

(e 5) No conxunto do Estado o mundo cultural está tomando partido dende hai días: velaí a plataforma dos artistas, os articulistas prosocialistas de EP (J.Cruz, Cuerda, etc.), a presenza doutras alternativas (Álvaro Pombo e Savater, tamén en EP, da UPD), etc. Cabe agardar o mesmo en Galicia? Haberá manifestos e posicións explícitas dos nosos escritores e artistas (non os houbo nas municipais, creo)?
Qué alegría, vivir
Para empezar ben a fin de semana, un fermoso poema de Pedro Salinas (La voz a ti debida, 1933). Imaxe de Balthus.

Qué alegría, vivir
sintiéndose vivido.
Rendirse a la gran certidumbre, oscuramente,
de que otro ser, fuera de mí, muy lejos,
me está viviendo.
Que cuando los espejos, los espías,
azogues, almas cortas, aseguran que estoy aquí, yo, inmóvil,
con los ojos cerrados y los labios,
negándome al amor
de la luz, de la flor y de los nombres,
la verdad trasvisible es que camino
sin mis pasos, con otros,
allá lejos, y allí
estoy besando flores, luces, hablo.
Que hay otro ser por el que miro el mundo
porque me está queriendo con sus ojos.
Que hay otra voz con la que digo cosas
no sospechadas por mi gran silencio;
y es que también me quiere con su voz.
La vida ¬¡qué transporte ya!-, ignorancia
de lo que son mis actos, que ella hace,
en que ella vive, doble, suya y mía.
Y cuando ella me hable de un cielo oscuro, de un paisaje blanco,
recordaré
estrellas que no vi, que ella miraba,
y nieve que nevaba allá en su cielo.
Con la extraña delicia de acordarse
de haber tocado lo que no toqué
sino con esas manos que no alcanzo
a coger con las mías, tan distantes.
Y todo enajenado podrá el cuerpo
descansar, quieto, muerto ya. Morirse
en la alta confianza
de que este vivir mío no era sólo
mi vivir: era el nuestro. Y que me vive
otro ser por detrás de la no muerte.
Pedro Salinas

Eleccións e valores (4).
Pan por Pan sábado 23 febreiro
(A caricatura de Fernando Savater é de Loredano)

Os partidos consolidados teñen un perfil nidio e os cidadáns poden identificarse ou non con eles sobre a base da proximidade entre os seus valores persoais e os de cada forza política. Nos partidos novos é difícil fixar ese perfil: por exemplo, no partido que promoven Rosa Díez e Savater. En parte compite no terreo da esquerda porque defende un Estado laico, o cese do financiamento pública da Igrexa e a Educación para a Cidadanía: a mentalidade da dereita clásica non acepta ningunha desas propostas. Pero achégase tamén ó mundo máis conservador cando arremete contra as autonomías e as outras linguas oficiais, que non son o castelán. Os seus líderes gababan antes a Constitución, pero agora queren devolver ó Estado central a lexislación básica en educación, urbanismo, medio ambiente e sanidade. O que na práctica significa anular a propia Constitución.

22 feb 2008

En Vieiros: entrevista a Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural
"Non hai variñas máxicas, daremos un salto cualitativo en dez anos"
"Non é concebíbel o futuro de Galiza sen un medio rural ben dimensionado", explica para Vieiros o conselleiro. (Ramón Vilar / Roberto Noguerol / Vídeo: Lucía Iglesias - VIEIROS. 21/02/2008

Falamos aquí varias veces do labor do conselleiro Suárez Canal e da Consellería de Medio Rural. Houbo intervencións diversas e moitas delas en positivo ó respecto dos seus plans. Collo prestada esta entrevista de VIEIROS por se alguén quere comentala con máis detalle.

Podemos ser optimistas? Eu creo que si. Pero sendo conscientes da realidade das cousas. Falamos de máis de dous millóns de hectáreas xestionadas deficitariamente até o de agora. Cando por exemplo alguén protesta porque a autoestrada non se limpou toda, pois pode ter razón, pero é que levaba trinta anos sen limparse. Diante do traballo por realizar non hai que ser inxenuos e pensar que hai variñas máxicas coas que cambiar as cousas da noite para a mañán.O que hai é que iniciar unha tendencia que nos poña na senda adecuada para conseguir un panorama paisaxístico e de ordenación do monte moi diferente nun prazo de dez ou doce anos.
(...) Hai un programa de goberno que se está a cumprir. No ámbito das políticas transversais creo que se deron saltos importantísimos en todo o que é os servizos complementarios. En canto ás tecnoloxías da comunicación está a haber un esforzo importantísimo da Consellaría de Industria e iso terá que ir notándose pouco a pouco. Un aspecto moi relevante no medio rural é dotar ese ámbito de servizos que poidan facilitar a vida, tanto dos pequenos como da terceira idade porque efectivamente é unha das dificultades á hora de xestionar unha pirámide de poboación complicada. Eu creo que aí se están a dar pasos moi importantes na atención, cun concepto novo na atención á terceira idade. Creo que tamén se deron pasos no ámbito do transporte, non só do transporte adaptado para os maiores, senón tamén incluso para que o mocidade poida ter determinadas coberturas de servizo durante as fins de semana. Penso que hai unha actuación transversal do Goberno que vai cubrindo necesidades que existen no medio rural. Probablemente, como en todas as cousas, os ritmos e os tempos teñen distintas percepcións por parte da xente. Pero é moi importante que se saiba cal é a situación de partida, en pirámides de poboación, en estado de xestión de territorio, en canto aos servizos existían no medio rural. Que ao final da lexislatura se compare de onde partiamos e a onde chegamos. Os recursos son moi limitados pero vai ser un cambio que modifica unha inercia e unha rutina que creo que é o máis importante.

Brincadeira (vía AVMF)
Para que logo non digan que non nos metemos con Zapatero (de cando en vez...).


Álvaro Mutis, Mía Couto, Joan Margarit e Jon Kortazar, premiados polo PEN Clube
No 171 aniversario da poeta Rosalía de Castro

(Na foto, o moçambicano Mia Couto, autor a quen sempre admirei e do que creo que xa escribín tamén nesta solaina)

Así informa do premio o xornal Galicia Hoxe


Eleccións e valores (3).
Pan por Pan venres 22 febreiro

Para facer política real, nos anos 30, o Partido Galeguista tivo que aliarse coa Fronte Popular e sacar adiante así o Estatuto de Autonomía. Hoxe o único partido nacionalista con presenza parlamentaria goberna nunha coalición de esquerda, pero as mensaxes da súa campaña non inciden nesa dirección: prefiren subliñar a súa fasquía de forza galega e unha posible capacidade de decisión en Madrid, se fosen necesarios. Discurso que non anda moi lonxe dos mellores tempos do “Fagámonos respectar” de Coalición Galega. O partido que se quere herdeiro de Castelao xoga a diluír os seus sinais ideolóxicos e algúns dos seus votantes non o entenden: velaí os berros da manifestación “Galiza non se vende”. A incógnita é saber se unha estratexia de apelación identitaria é abondo para manter un digno nivel de votación nun contexto de máxima confrontación e bipolarización.

21 feb 2008


O desencanto, de Bieito Iglesias (ECG 21 febreiro)
(Foto: Virxilio Viéitez)

Houbo manifestación populosa en Santiago convocada pola plataforma "Galiza non se vende". Os convocados protestaban contra Reganosa, Ence, o plano eólico, o plano acuícola, o plano mineiro, algunha autovía e tantiñas afrontas que non me caben na pancarta. Esta denuncia deseña un panorama de xeral destrución paisaxística, proxecta a imaxe dun país vendido por leiros ás multinacionais. Quen o vende? Pois Núñez Feijoo e os traidores do tándem Touriño-Quintana. Contra tal ofensa érguense as boas xentes que cren que outra Galiza é posible, unha coligación de verdes, independentistas da póla lusista e da isolacionista, damnificados por algunhas obras ou cheiros infectos, afiliados sindicais e encomodados do Bloque. Pepé, Psoé, Benegué, a mesma merda é! Se estiver nos zapatos de Paco Rodríguez ou do vicepresidente da Xunta, andaría preocupado porque a parroquia parece decepcionada ou inclusivamente traicionada. Espero que das reas protestantes xurda un partido cun programa claro, ecoloxista, socialista, independentista e altermundialista, capaz de conquistar, se non o poder, si o corazón da sociedade civil. Así contribuirían desde este corruncho do orbe a engrosar a Multitude que -segundo Toni Negri- desafía o Imperio.
Para min o bipartito peca de incompetente, non de dereitista. Non levei -polo lado ideolóxico- ningún desengano, porque supuña que as dúas formacións socialdemócratas do goberno autónomo non ían facer maiores lobadas que os laboristas británicos, os demócratas italianos ou os socialistas portugueses. Imaxinaba que asumirían, como así foi, a economía de mercado, o capitalismo máis ou menos reformado, a liberdade de costumes e un galeguismo temesiño, o único posible cando a parte nacionalista do gabinete representa en termos de apoio popular menos do vinte por cento. E tan bo día. Esperaba, si, que houbese mellores xestores, máis ideas e máis arxil. Son bo de conformar, pero Deus nos dea outras mellorías.
Outras visións...

Eleccións e valores (2).
Pan por Pan xoves 21 febreiro (Imaxe: Gil Robles)

Cando se constituíu a CEDA de Gil Robles en Ourense na Segunda República, os congregados resumiron o seu programa no lema “Dios, Justicia, Familia, Trabajo y Propiedad”. Nesas cinco palabras están as claves de todos os partidos da órbita conservadora europea e os expertos en teoría política engaden outras como Xerarquía, a confianza na Tradición e unha concepción pesimista sobre a natureza do home e as consecuencias do Progreso. Supoño que na cerna do seu persoal sistema ideolóxico as persoas que se consideren de dereitas non estarán moi arredadas dun esquema coma este: de feito o Partido Popular leva meses mobilizando a poboación invocando os intereses da Igrexa católica (da súa xerarquía) ou bocexando un discurso catastrofista da política actual que reflicte esa escasa confianza no que representa o avance das ideas e das sensibilidades sociais.

20 feb 2008


Outra opinión sobre Kósovo

Ramón Luís Acuña, Kosovo, alumbrado con forceps (La Región 20 febreiro)

(Imaxe: Espido baixo unha parra, de Anglada-Camarasa, 1909, Museo de Belas Artes de Bilbao.)
Jóvenes bárbaros catalanes, de Pilar Rahola (La Vanguardia 20 febreiro)

O artigo completo
A pesar de los muchos matices que permite el caleidoscópico ideológico, las fronteras están claras cuando se trata de defender la libertad, y en estos casos extremos, no hay caminos sinuosos, ni calculadas ambigüedades. Por supuesto, hablo de lo ocurrido en la Universitat Pompeu Fabra con la candidata del PP Dolors Nadal. Hablo de militantes independentistas que gritaban "fuera los fascistas", mientras actuaban como jóvenes bárbaros del fascismo patrio. Hablo de ese "templo de la inteligencia", donde la inteligencia cae derrotada, frecuentemente, en manos de la exclusión. Hablo de violencia radical o, quizás, del germen de un fascismo catalán genuino. Ayer Josep Cuní osó nombrar lo innombrable: "Se puede ser catalanista y fascista", dijo en TV3, y Antoni Puigverd puso sobre la mesa a los hermanos Dencàs y a sus famosos desfiles militares de las juventudes de ERC. Ciertamente, la secular historia del catalanismo político no es ajena a las tentaciones fascistas, y aunque estas han sido muy minoritarias, han coexistido, en tiempo y lucha, con el catalanismo democrático. Hablemos, pues, sin caretas, ni miedos atávicos, de un germen que también ha florecido en la "Catalunya triomfant", y cuya deriva actual nos conduce, sin atajos, a las esteladas que ondean mientras se impide violentamente la palabra libre de una candidata. ¿Entenderán, alguna vez, estos jóvenes bárbaros que la libertad significa, precisamente, que puedan hablar los que no nos gustan? Que por eso luchamos, cuando luchamos por la libertad.
Lembranza do ‘Pulgarcito’
Andoliña 20 febreiro


Todos coñecemos a mítica revista Pulgarcito, que acolleu personaxes como Tribulete, Dona Urraca, Zipi e Zape ou Mortadelo e Filemón: forma xa parte da nosa memoria emotiva e das nosas máis fondas paisaxes da infancia. Pero este Pulgarcito que coñecemos naceu en 1947. Antes, nunha etapa anterior e concretamente dende o ano 1921, existiu unha revista infantil ilustrada do mesmo nome, fundada e dirixida por Juan Bruguera en Barcelona. Custaba 5 céntimos e publicaba contos e lendas, textos folletinescos, biografías de grandes homes e historias gráficas de aventuras cheas de piratas, bandoleiros, cortadores de cabezas ou heroes como Gastón de Lis.
O primeiro ‘Pulgarcito’ contaba, naqueles tempos tan bélicos de Marrocos e o apoxeo do colonialismo hispano, cunha sección patriótica e coas notas de guerra Los héroes del Riff, así como con textos católicos piadosos e caritativos como Hermanita de los pobres. Ediciones B publicou no 2000 un tomo cos 40 primeiros números deste Pulgarcito orixinal, que alguén con intelixencia e gusto me agasallou.
Milagres da imprenta: ten a súa graza ler, dende tanta distancia, as historias infantís que alimentaron o tempo dos meus avós.

Eleccións e valores (1).
Pan por Pan mércores 20 febreiro. (Imaxe de Pablo Iglesias, busto de Emiliano Barral)

As campañas electorais teñen unha parafernalia ben definida: grandes mitins, cartelería excesiva, cadea de despropósitos nos ataques, abano infinito de promesas electorais, etc. Pero, por que vota a xente en realidade? Quizais porque, por riba de todo isto, as forzas políticas son quen de representar, nun momento dado, os valores máis próximos a cada votante. Por exemplo, velaí a persistencia, quizais sorprendente, da fonda identificación entre os seguidores de Pablo Iglesias e o mundo obreiro e popular: percibiuse no mitin de Zapatero e os seus líderes saben explotar ben este recurso. Xa o fixo Alfonso Guerra e faino agora Zapatero. O partido dos pobres e dos humildes contra ricos e señoritos. Para moitas persoas esa tese segue sendo certa. Por riba das medidas concretas adoptadas polo goberno Zapatero, esa idea-forza vale varios millóns de votos. Sen dúbida.

19 feb 2008


Imprescindible. Debería ser de visión obrigatoria nos institutos.
La solución final, de Frank Person, 2001.
Vina hai varios anos un par de veces e puiden mercala nestes días e volver vela. Imprescindible.

TITULO ORIXINAL. Conspiracy. 96 minutos.
Guión: Loring Mandel. FOTOGRAFÍA: Stephen Goldblatt
REPARTO: Stanley Tucci, Kenneth Branagh, Colin Firth, Barnaby Kay, Ben Daniels, David Threlfall, Jonathan Coy, Brendan Coyle, Ian McNeice
Coproducción USA-GB; HBO Films
O 20 de xaneiro de 1942, líderes do partido nazi e oficiais do goberno alemán mantiveron unha xuntanza segreda nas afóras de Berlín para planificar a chamada solución final ó problema dos xudeus. Esta película é unha recreación histórica da Conferencia de Wannsee, presidida por Reinhard Heydrich, xeneral das S.S. e máximo responsable da seguridade do Terceiro Reich. Alí planificouse o exterminio de seis millóns de persoas, o que se coñecería como Holocausto.

en poleiro alleo
Rajoy e os currantes, Miguel Anxo Murado en LVG 19 febr.
A xenial caricatura do mestre Forges é de cando Rajoy se entrevistou con Zapatero (marzo 2006)

Dixo Rajoy: «O meu programa é o dos currantes». ¿O dos currantes? O programa dos currantes é currar. ¿Vai currar Rajoy? No seu partido estarían encantados, porque a fama que ten (dentro do seu partido, repito) non é precisamente esa. Non le os informes que lle pasan, non se prepara ben os discursos parlamentarios, auséntase de moitas reunións? Falo de oídas, pero se por algo é famoso don Mariano é precisamente por erguerse máis ben tarde, prolongar os copiosos xantares en sobremesas que nunca duran menos do que dura un Cohibas e dedicar moitos esforzos ao seu ocio, se é que o termo esforzo e ocio son compatibles.
A Mariano Rajoy adornáranno outras virtudes, pero currante, o que se di currante, nin os seus simpatizantes máis fieis estarían dispostos a dicir tal cousa. E que non se pense que me meto eu con Rajoy (hoxe). Non, todo o contrario. A min de Rajoy precisamente o que me gusta é esa indolencia. Gústame iso e? ben, agora non se me ocorre ningunha outra cousa.
Deixémolo en que me gusta o da indolencia, porque recoñezo que a min tamén me pasa como a el: gústame durmir e, aínda que non fumo, tamén me prestan as sobremesas seguidas de sonecas, cando é posible. Claro que eu non pretendo gobernar España, coma don Mariano? Pero, que sei eu. Tony Blair é o enviado especial das Nacións Unidas para Oriente Medio e aínda ten tempo para sentar no consello de administración dun banco privado (o que hai que facer para chegar a fin de mes). Se Blair pode resolver unha cousa tan difícil como o conflito de Oriente Medio no seu tempo libre, dirixir España, que é principio debe ser máis doado, se cadra pódese facer sen renunciar á siesta.
Non, eu non lle pido a Rajoy que se volva un currante. Sería como cambiar de chaqueta, como traizoar aos seus principios (e non me refiro aos seus principios na política como candidato da falanxista Unión Nacional Española). En política a coherencia é fundamental, e Rajoy, que tivo que loitar tanto contra esa imaxe pouco favorable que ten o nome Mariano no subconsciente colectivo tras décadas de chistes de Forges, non pode desperdiciar ese capital de molicie. Claro que hai quen pensa que o que quixo dicir con iso de que o seu programa era o dos currantes era que ía defender os intereses dos traballadores. Pero iso será unha broma, supoño.
UNGULADOS GALEGOS (Afonso Monxardín, La Región, 19 febreiro)

Certamente teño dúbidas. Non sei se é bo falar destes temas ou non. Saben que máis me gusta falar de cousas cotiás, lixeiras e divertidas que poñerme serio e trascendente. Pero tamén ás veces é bo verbalizar cousas aínda que sexan triste e feas polo menos para botalas fóra. Imos logo a elo. A primeira sensación ao ver a aquela ducia de capitidisminuídos berrándolle a unha persoa como María San Gil nese templo do saber e da universalidade que debe ser a Universidade, foi, unha mestura de asco, rabia, vergoña e incredulidade. E por todo iso decidira non falar do asunto. Apagón informativo. Ningunha presenza mediática merecen eses fatiño de gamberros, como ningunha presenza merece o Solitario ou o violador de turno. A roupa sucia ben está no seu cubo á espera da lavadora, e non no salón por riba da camilla. Pero como o tema saltou, poderoso, e como o esoutro día vin eses rapazolos orgullosos, sorrindo no seu minuto de fama e ameazando de novo á María San Gil e ás autoridades da universidade xusto ao quedaren en liberdade, pensei que si, que me apetecía e cumpría falar do tema. E para que non haxa dúbidas sinalarei que admiro a María San Gil. E non direi que máis alá das súas ideas, porque se tal así fose, sería algo nimio, marxinal e sen importancia na cuestión esencial que aquí tratamos. Porque non falamos de ideas, falamos de valentía, coherencia e, sobre todo, da liberdade e da defensa colectiva da liberdade. Fagamos un pouco de historia. O día 23 de xaneiro de 1995, un tal “Txapote” rebentoulle a cabeza dun tiro ao comensal que acompañaba a María San Gil nun restaurante da zona vella de San Sebastián. Zarraspicada, literalmente, co sangue do seu xefe –era secretaria de Gregorio Ordóñez- decidiu seguir o seu traballo e entrou en política. Tampouco a tratou ben a vida noutras cousas; o ano pasado enfrontouse a un cancro de mama que seica logrou vencer. E esta política de raza, esforzo e traballo, vén falar á Universidade de Santiago e un fato de matriculados –non quero chamarlles estudantes- tratan de impedirlle a palabra. Argüen agora o famoso dereito á discrepancia, tratando de confundir o que é cousa de civilización, coloquio e argumentación con pitos e abouxos totalitarios, ou sexa, fascistas. ¿Que o PP se aproveita do caso? ¡Claro! ¿E que? ¿Quen lles deu as bazas? O máis parecido a un tonto de dereitas é un tonto de esquerdas, dicía Alonso del Real. Os tontos, tontos son. Os boicoteadores do acto non cobraron do PP –por suposto vai contra a lóxica- pero ben o poderían ter feito a razón dos beneficios reportados. O mundo móvese así. Mellor é o silencio informativo ao redor destes infames, pero se non pode ser, pois todos xuntos, -“cal falanxe de ferro ben tecida” dicía provocadoramente Eduardo Blanco Amor- ao redor do partido común da palabra e da democracia. Eses gamberros non se poden asimilar a ningunha sigla razoable pero prexudican a todas... e tamén a todos os cidadáns desta Terra que non temos máis siglas cás iniciais dos nosos nomes e apelidos, e que non por iso somos mellores ou peores cós outros. Eses tipiños, quede claro, non representan nada, nin a ninguén. Que non ergan a súa voz no nome de nigunha patria, matria, nin farrapo de gaita, búlgara ou galega. Teñen en común con vostede e comigo que naceron no noroeste ibérico e que son vertebrados. Pero non sapiens sapiens. Posiblemente ungulados.
en poleiro alleo
Imaxe de Ben Lawson

18 feb 2008

Violencia e democracia, de Salvador García-Bodaño (ECG 17 febreiro)

Para Arume, que lembrou este suceso hai unhas semanas no blog

No seu artigo de onte, García-Bodaño lembraba a vergonza que pasou cando o Honoris Causa a Cunqueiro, Camilo José Cela e J.M. Piel.

(...) Ocorrera, concretamente, no paraninfo da universidade compostelá, a media mañá do día 20 de xaneiro de 1980. Celebrábanse os nomeamentos pola USC, a proposta da Facultade Filoloxía, de tres Doutores Honoris Causa concedidos aos escritores señores Álvaro Cunqueiro Mora e Camilo José Cela Trulock, xunto co filólogo Joseph M. Piel. O protocolo e a gala estaban coidados ao máximo. O gran salón estaba a rebordar de xente. Había un pouco que xa agardabamos á comitiva cos doutorandos e os padriños. De súpeto, fóra, nos corredores de acceso, sentíronse grandes voces e berros, un grande barullo provocado por un grupo. Non se sabía de que ía a cousa. Ao cabo entraron, a xente apertouse contra a porta. Os berros seguían de cando en cando. Dentro, os asistentes mantíñanse entre desacougados e tensos polo escándalo. Joseph Piel estaba sorprendido. Cela, amosábase impasíbel. Cunqueiro, moi triste, xa non se atopaba nada ben da enfermidade, faltáballe un ano para que a morte o levara para o estraño país imposíbel de nunca máis volver, onde sen dúbida o recibirían con xeneroso entusiasmo os personaxes do seu mundo literario e todos os seus que o precederan. Eu tiven que facer un enorme esforzo para non me deixar conmover. No medio do acto, cando era a quenda de Cela, alguén abriu a porta lateral traseira do salón e tiraron contra o teito dúas galiñas vivas que tardaron en retirar. Despois, xa cando lle tocaba ao filólogo Joseph Piel, fixérase a calma. Moitos dos que loitaramos pola liberdade, por esta terra e a súa cultura, alí presentes, sentimos vergoña, unha fonda vergoña. Non había ser a única vez.

DIÁBOLOS, CILINDROS, CAMPÁS…
La Región 18 febreiro. Imaxe: As Tres Gracias, 1530, de Lucas Cranach O Vello.

Tallas. Como vostedes xa saben, hai uns días o ministerio de Sanidade presentou o primeiro estudo antropométrico da poboación feminina feito en Europa. Disque as tallas habituais da roupa das mulleres non se corresponden en moitos casos coas súas formas naturais e afírmase que o 41 por cento das españolas tiñan problemas ata agora coas tallas da roupa. Os consumidores aplauden a medida e o estudo será enviado agora á industria téxtil para que adapte os deseños á realidade. Oxalá sexa efectivo: iso favorecería a todos, fabricantes e consumidores. O estudo tamén esculcou na relación das mulleres co seu corpo e concluíu que a maioría están bastante satisfeitas, agás un tramo da adolescencia (16 a 19 anos). Preocupante pode ser constatar, á vista doutros problemas ben coñecidos, que o 70 por cento das mozas cunha delgadeza severa están en cambio moi satisfeitas co seu corpo.
Morfotipos.
O citado estudo, realizado con datos de máis de dez mil mulleres de todo o Estado e presentado polo ministro Bernat Soria, tamén establece tres morfotipos dominantes na poboación feminina do noso país: os chamados cilindro (medidas de peito, cinturas e cadeira similares); diábolo (perímetro de peito e cadeiras simétrico e cintura máis estreita) e campá (dimensións de peito e cintura semellantes e as cadeiras máis anchas). Os nomes dos tres modelos molestaron nalgúns sectores: eu, ignorante destas cousas, non sei de onde os sacaron, pero supoño que será unha terminoloxía habitual ó respecto. Tamén dixeron que o modelo cilindro abrangue ó 36 por cento das esculcadas, sendo dominante nas mulleres máis novas; un 39 por cento veríanse retratadas no modelo diábolo, con máis presenza entre os 30 e os 60 anos, e un 25 por cento, no modelo campá, que é o maioritario entre as mulleres de máis de 60 anos.
A beleza na Historia. Eu non sei nada disto, repito, pero creo que ninguén debera sentirse molesto coa nova taxonomía. Porque nada hai máis variable na historia que o propio concepto de beleza e diso falamos hai unhas semanas neste recuncho. As mulleres de Rubens seguro que caían no morfotipo cilindro, incluída a encantadora Helena Fourment, a súa segunda esposa, que tiña 16 anos cando casou co gran pintor barroco e que tantas veces lle serviu como modelo nos seus cadros. O mesmo pasaría con moitas mulleres retratadas por Durero ou por Tiziano. En cambio, serían consideradas anoréxicos algúns corpos esqueléticos que representaban o ideal da beleza para Jan Van Eyck no século XVI. Cando retratan mulleres que representan grandes virtudes (Eva, a prudencia, a xustiza, etc.) autores como Lucas Cranach ou Hans Baldung Grien escollían corpos máis ben redondos, con barriguiñas prominentes e amplas cadeiras, na liña do morfotipo campá. Estes artistas europeos, en cambio, pintaban a Morte (no topos das Tres Idades, por exemplo) cun corpo esplendoroso digno dunha modelo de hoxe na Pasarela Cibeles. En fin, que non se contenta o que non quere.

17 feb 2008

A lección de xeografía de Lilly.





Despois din que nos Estados Unidos non saben xeografía...
(Enviado por Marga Alfonso)

en poleiro alleo

Marica Campo: "Nunca a realidade foi tan irreal. Agora interesa só facer consumidores"


Il n'y a pas d'amour heureux, Louis Aragon (1897-1982). Imaxe: Aragon, por Matisse.

Un dos poemas máis coñecidos de Louis Aragon. Cantouno Georges Brassens (1965) e Michèle Arnaud e Françoise Hardy. Velaí unha versión de Elodie Frégé. Tamén o canta Danielle Darrieux na película 8 femmes, de François Ozon.

Rien n'est jamais acquis à l'homme. Ni sa force

Ni sa faiblesse ni son cœur. Et quand il croit

Ouvrir ses bras son ombre est celle d'une croix

Et quand il croit serrer son bonheur il le broie

Sa vie est un étrange et douloureux divorce

Il n'y a pas d'amour heureux

Sa vie elle ressemble à ces soldats sans armes

Qu'on avait habillés pour un autre destin

A quoi peut leur servir de ce lever matin

Eux qu'on retrouve au soir désarmés incertains

Dites ces mots ma vie et retenez vos larmes

Il n'y a pas d'amour heureux

Mon bel amour mon cher amour ma déchirure

Je te porte dans moi comme un oiseau blessé

Et ceux-là sans savoir nous regardent passer

Répétant après moi les mots que j'ai tressés

Et qui pour tes grands yeux tout aussitôt moururent

Il n'y a pas d'amour heureux

Le temps d'apprendre à vivre il est déjà trop tard

Que pleurent dans la nuit nos cœurs à l'unisson

Ce qu'il faut de malheur pour la moindre chanson

Ce qu'il faut de regrets pour payer un frisson

Ce qu'il faut de sanglots pour un air de guitare

Il n'y a pas d'amour heureux

Il n'y a pas d'amour qui ne soit à douleur

Il n'y a pas d'amour dont on ne soit meurtri

Il n'y a pas d'amour dont on ne soit flétri

Et pas plus que de toi l'amour de la patrie

Il n'y a pas d'amour qui ne vive de pleurs

Il n'y a pas d'amour heureux

Mais c'est notre amour à tous deux












Kosovo declara a súa independencia unilateral de Serbia
Os 109 deputados presentes no Parlamento aproban a declaración entre aplausos e berros de xúbilo. Serbia reitera que nunca recoñecerá o recién proclamado país e Rusia xa pediu unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU.


(As fotos son da axencia EFE: Georgi Licovski e George Hochmutch.)
Un novo estado europeo
Andoliña martes 19 febreiro

O domingo nacía un novo estado europeo: Kósovo, a antiga provincia serbia, que declarou a súa independencia de forma unilateral. Un estado de case dous millóns de persoas e escaso territorio (como Asturias), din que inviable no plano económico porque dependerá durante moito tempo das axudas europeas e norteamericanas. Kósovo nace contra a vontade de Serbia e Rusia (a Rusia que masacra o pobo checheno) e co apoio dos EEUU e da Unión Europea, agás España, por motivos obvios. En certa esquerda europea debeu ser chocante a imaxe dos nacionalistas kosovares con bandeiras albanesas e norteamericanas.
O nacemento do novo estado kosovar é fillo da historia e da reacción á política panserbia de Slobodan Milosevjc. O seu futuro é unha incógnita e dependerá da relación de forzas da diplomacia mundial. E boa parte desta diplomacia concluíu que a convivencia pacífica de serbios e kosovares non era posible co status anterior.
A comezos dos 80 organizamos en Ourense un seminario nacionalista no que un profesor da Universidade de Compostela puña como exemplo máis perfecto de convivencia entre nacións e culturas a Iugoslavia de Tito: non se pode dicir que acertase precisamente
.



Cen anos de historia cultural
1995: Rafael Dieste. A Domus
17.02.2008. MARCOS VALCÁRCEL. Imaxes: Rafael Dieste. Nun busto do escultor Ferreiro Badía; Chus Pato; novela de X. Miranda.
Foi o do 1995 un ano espléndido nas letras. Empezarei o meu percorrido polo ensaio e a investigación. Por exemplo, nos estudos literarios e lingüísticos, velaí os traballos sobre crítica literaria de Ramiro Fonte (As bandeiras do corsario); o estudo de Claudio Rodríguez Fer sobre A literatura galega durante a Guerra Civil; o volume Literatura e sociedade en Galicia, 1975-1990, de Xosé González Millán; Galicia desde Londres, sobre as crónicas na BBC dos galeguistas, de A. Raúl del Toro Santos; a esculca no teatro de preguerra en Ferrol (Laura Tato); a edición dos Manifestos das vangardas europeas, por Xesús González Gómez, ou o estudo sobre A poesía lírico galego-castelá (1350-1450), de R. Gómez Polín.
Da mesma andaina son os Estudos de sociolingüística galega de Henrique Monteagudo; A lingua galega en Cuba, de X. Neira Vilas, e a publicación dos dous primeiros volumes de Usos Lingüísticos. Mapa Sociolingüístico de Galicia pola RAG: con tal motivo a revista Luzes facía un debate sobre o noso idioma con Xesús Ferro e A. Santamarina. A RAG tamén publicaba, en edición de Xosé Luís Pensado, o volume Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de la agricultura, al castellano.
Os historiadores achegaban títulos como La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, de Pegerto Saavedra (Crítica); Os traballos e os días na Galicia medieval, de M. Castiñeiras; un estudo sobre o pintor Manuel Colmeiro, de X. A. Castro; A cidade da Xeración Nós (M.V.); e un estudo sobre o arquitecto Manuel Gómez Román, da autoría de Xaime Garrido e Ramón Iglesias.En clave feminista aparecían volumes como O contradiscurso das mulleres, de Carme Blanco, e Escrita da certeza. Por un feminismo optimista, de María Xosé Queizán. Títulos dese ano son tamén Lendas galegas de tradición oral, de X. M. González Reboredo; Eduardo Blanco Amor dende Buenos Aires, o epistolario do ourensán recollido por Neira Vilas; Documentalismo fotográfico contemporáneo, de Margarita Ledo; Crónica de cine. O Carballiño 1990-1994, de Miguel Anxo Fernández; a tradución ó galego de Arredor da cuestión nacional, de Alain Badiou; e o volume coordenado por Ana María Platas Literatura, cine, sociedade.
Pero, sobre todo, 1995 foi o ano de Rafael Dieste no seu Día das Letras Galegas. Velaí obras como a biografía feita por Luís Rei Núñez, A travesía dun século (Do Castro); RD. Vida e obra en lingua galega, de Salvador García-Bodaño (RAG); o volume colectivo Rafael Dieste. Un creador total (Galaxia); Tentativas sobre RD (Sotelo B.); RD. Heterodoxia e paixón creadora (Xerais), etc.

16 feb 2008

Obeso memorioso, de Javier Cuervo (Faro de Vigo, 16 febr.)

Un canadiense obeso mórbido se ha vuelto memorioso vívido. Estaba a tratamiento con electrodos para reducirle el apetito y en algún chisporroteo por el hipotálamo empezaron a "agolpársele los recuerdos". Acaban de engordarle la memoria, que tiene una dieta de entradas y salidas, recuerdos y olvidos, útil para vivir. Los científicos están ilusionados con el descubrimiento (hasta ahora no tenían especialmente relacionada la memoria con el hipotálamo) y por otro efecto secundario del bombardeo destinado a minar el apetito del paciente obeso: el canadiense aumentó su capacidad de aprendizaje. De demostrarse en más casos repitiendo las condiciones, el descubrimiento puede tener aplicaciones generales pero el relato periodístico ha despreciado al paciente. ¿Está contento con sus recuerdos minuciosos recuperados? ¿Quiere utilizar sus nuevas capacidades de aprendizaje conseguidas por un sistema que recuerda al de los superhéroes? Solemos considerar que es mejor tener buena memoria y capacidad de aprender que ser gordo pero acaso ahora este hombre se acuerde más de la comida y comprenda mejor por qué no debe proseguir su ingesta excesiva, lo que agudizaría su dilema.Solemos quejarnos de la mala memoria o de su arbitrariedad, que hace recordar tonterías y no fijar conocimientos útiles. No podemos saber cuánto lamentaríamos ser un memorioso incapaz de limpiar las vivencias inútiles. Ese "agolparse los recuerdos", ese alud de pasado, parece más angustioso que ventajoso. Ni vivencias ni recuerdos se pueden escoger pero acaso tengamos que estar más agradecidos a los olvidos involuntarios que a la memoria exhaustiva.
en poleiro alleo

De novo sobre o Cola-Cao: "O oculto sindicato dos complicavidas", de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 16 febr.)

A xenómica.
Pan por Pan 16 febreiro
Clariño, didáctico, afable, Ángel Carracedo na súa charla do Foro La Región. Gustoulles a todos os que lles preguntei. Pero o territorio abordado é case infinito: a xenómica a nivel científico, o mundo dos xenes nas patoloxías e especialidades clínicas, a xenómica forense, os conflitos éticos dos novos avances, etc. Tantas cousas e de tanto interese que a min case me soubo a pouco: Carracedo podería dar cinco ou seis charlas magníficas desenvolvendo cada un deses puntos. E, como todas as persoas en realidade intelixentes, Ángel Carracedo, autoridade mundial nestes temas, é tamén humilde: por iso reduciu o extenso currículo citado polo presentador ó labor dun gran equipo. E tivo palabras eloxiosas para os ourensáns María Martinón e Antonio Salas: este último aplica as descubertas xenómicas á Historia e descifra así, por exemplo, datos clave do comercio de escravos cara América.

15 feb 2008


en poleiro alleo: Rivas e Ferrín
Dende diferentes perspectivas, hoxe escriben, mirando cara o país, Ferrín e Rivas, os dous en clave ecolóxica. Manuel Rivas confronta o pintor Lugrís coa barbarie de hoxe e o futurismo de Marinetti e remata cunha fermosa semblanza dun Otero defensor da Terra. Ferrín critica inicialmente o ecoloxismo dos primeiros 70 para rematar convocando á manifestación Galiza non se vende, do domingo 17.


* Galiza non se vende, de Méndez Ferrín (Faro de Vigo, 15 febreiro)