Estratexias electorais do 2008
Andoliña xoves 3 xaneiro. Imaxe do pintor Jorge Cabezas.
Nos últimos meses moitos analistas políticos detectaron un xiro do PSOE cara a posicións máis moderadas e centristas en diversos aspectos, tamén nas súas relacións cos nacionalismos periféricos. De feito unha das mensaxes constantes de Zapatero nestes días é a defensa do entendemento con CiU e co PNV como xeito de garantir a estabilidade política no Estado (xogará o BNG tamén nese grupo?).
Pola súa banda, Jesús Caldera, coordinador do programa electoral socialista, insistía nestes días, nunha entrevista, en que o PSOE non quería xirar cara ó centro, senón avanzar. Engadía de forma moi explícita: “Nós non temos que movernos, porque estamos moi preto da maioría dos españois. É o PP o que está moi á dereita”.
A enquisa que onte publicaba La Vanguardia facía ver que ambas as posicións non son antitéticas. É no espazo moderado e centrista onde se xoga o resultado, pois representa o 57% dos votantes: centro esquerda (34%) e centro dereita (23%). Centro orientado á esquerda. Os votantes do PP, situados nese espazo de centro-dereita, ven en cambio ese partido instalado hoxe nun espazo de dereita moderada que só representa o 8% dos votantes. Si, é o PP o que ten que moverse.l