ARGUMENTARIO
Marcos Valcárcel
Eu falo con moita xente, non só co señor Apicultor. E moitos cidadáns, a maioría progresistas, fan un balance crítico da xestión municipal do BNG en Ourense.
Este balance podería resumirse así:
1º- Problemas de liderado e falta de integración do grupo municipal.
2º- Política de imaxe sen resultados visibles: termalismo, por exemplo.
3º- Abuso da presenza mediática ata extremos impúdicos ( inauguración dunha rotonda ).
4º- Esquecemento de reivindicacións históricas do nacionalismo: bibliotecas nos barrios, centros de mocidade, museo da cidade, etc.
5º-Grandes meteduras de zoco: caso dos paneis publicitarios.
Os futuros candidatos deberían preparar un argumentario para responder a estas e outras cuestións.Por suposto houbo concelleiros e concelleiras que fixeron un bo traballo na Casa do Concello, pero quizais non son os que máis saian nos medios.
INTENSAS CORES DAS NUBES
-
A memoria de Janey
Mesmo no seco verán, auga. Esa parte do país era unha cunca tallada para os
ríos que corrían por el, choiva. O meu pai podía predicir...
Hace 1 día