15 dic 2008


Fío Musical de G. Peaguda

Escribo tres nomes nun papel. Barack Obama, Chet Baker e Georges Perec. Non sei porque escribo estes tres nomes. Nada teñen que ver. Terei que preguntar o meu psiquiatra que cada vez se parece máis o psiquiatra do relato de Andreyev.
Pasado un tempo atopo a resposta aquela pregunta. Para evitar futuros desenganos. Mais penso que a boa musica sempre será ben acollida na casa que esta na rúa de Ourense onde nunca sae o sol.

Sempre que penso nas ilusións incumpridas venme a memoria a faciana do anxo que caeu no inferno: velaí.
Georges Perec (na foto) escribiu un día “ Quen nos fala, da impresión, é sempre o acontecemento, o insólito, o extraordinario: en portada, grandes titulares”.
Monday, Monday (Tacho)

Nunha cantina do Norte de Mexico.Mentras os homes emborrachanse e piden música
Los Chirrines conxunto de música farafara (grupos que tocan de taberna en taberna)
Fan unha versión de Pink Floyd, facendo gala da sua diversidade musical.
Que disfrutedes e bo comenzo de semana.

OS XUÍCES, A ROMANA, O ÁRTICO
Marcos Valcárcel, La Región, 15-12-08

Os xuíces. Son protagonistas todos os días e non sempre para ben. Vexo na TV unha nai angustiada: a súa filla morreu atropelada por un automóbil que ía facendo trombos, dentro del dous mozos sen ningunha cabeza. Chegado o xuízo, o máis novo queda en liberdade porque era menor de idade: faltábanlle só seis horas para cumprir a idade que o levaría ó cárcere. A nai, profesora de instituto, fala do concepto de responsabilidade e dos erros da Lei do Menor. Conclúe contundente: estamos mandando á sociedade a mensaxe de que matar unha moza, neste caso a súa filla, é gratis. Outra historia: outra nai, de escasos recursos culturais e xordomuda, irá ó cárcere por pegarlle unha labazada a un fillo. Os seus veciños protestan manifestándose, non entenden. Basta escoitar ós pais para entender o que pasou. É absurdo que esta nai vaia ó cárcere e quede en nada a historia da moza atropelada. Xa sei que os xuíces só aplican as leis, pero tamén as interpretan. E deberían facelo de xeito que esa aplicación sexa un feito comprensible pola sociedade. Se non é así, a sociedade mal pode confiar nunha Xustiza tan arbitraria e desconcertante.
A romana. É demasiado doado facer leña sobre a última babecada de Fraga. Son os dirixentes do PP os que terían que mover os fíos para procurar que don Manuel non teñas tantas ocasións de meter a pata. Con 86 anos enriba, a verborrea de Fraga obriga logo ós altos dirixentes populares a esculcar nas máis surrealistas explicacións para cada un dos seus disparates, como lle tocou a dona Soraya coa peregrina historia da “romana”. Quizais Fraga quixo dicir “pendurar”, en galego, e non ponderar: mal parados quedaban, en calquera caso, os nacionalistas, os periféricos enténdase. Non fala Fraga do nacionalismo español, que é o seu, ese ten tanta forza que xa nin se recoñece. En fin, unha máis de don Manuel, que dixo non hai moitos anos que el tamén era da mesma “tribo” de Beiras. Precisamos políticos que non falen de tribos nin de colgar a ninguén, con romana ou sen ela: iso tamén é certo.
Unha imaxe. No programa “Informe semanal” emiten unha interesante reportaxe sobre o futuro do Polo Ártico, terra de ninguén que se disputan diversos países próximos polas súas grandes potencialidades enerxéticas (petróleo e gas). Por desgraza, as grandes industrias non se rexen pola súa sensibilidade medioambiental e non van chorar polos efectos do cambio climático e o desxeo dos polos. Iso significa, entre moitas outras cousas, desaparición de especies e da biodiversidade. Unha estudante de doutorado usa unha imaxe moi acaída como metáfora do presente: imos todos no mesmo avión e, pouco a pouco, vanlle caendo as parafusas que unen as súas pezas. Cada especie que se perde, aló vai outra parafusa. Canto durará o avión en marcha?
(Imaxe: un dos moitos xuíces que retratou H. Daumier)