Na rede, a Base de Datos Dicionario de Termos Literarios, do Centro Ramón Piñeiro
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (http://www.crpih.es/) informa de que puxo recentemente na rede a Base de Datos Dicionario de Termos Literarios ( DiTerLi) dirixida polo Equipo Glifo (Anxo Abuín, Fernando Cabo, Arturo Casas, Blanca-Ana Roig, Anxo Tarrío e Darío Villanueva).
BD DiTerLi é unha obra en proceso de elaboración que tén redactadas unhas dúas mil voces (das letras A ao L, fundamentalmente) referidas ao ámbito do literario, nun senso amplo: dende as correspondentes á Poética e Retórica clásicas até aqueloutras que están aínda consolidándose nos campos plurais dos programas de investigación emerxentes.
BD DiTerLi permite a navegación por hipervínculos e ofrece unha ampla bibliografía, así mesmo hipervinculada coa redacción das voces. O acceso é libre e o procedemento de solicitude de licencia sinxelo e rápido.
ESTOURO NO VERÁN DE 1966
-
Club Pop. Interior. Noite.
O fotógrafo deambula entre a multitude, buscando á rapariga. Ninguén fai
caso del. Todos escoitan a música inmóbiles, sen nin...
Hace 4 días








