27 sept 2007


Cine e medicina, un novo blog
Práceme comunicarlles que dende terras ourensás acaba de abrirse un novo blog cun tema ben interesante: a relación entre o cine e a medicina ("una particular interpretación cinematográfica sobre la salud y la enfermedad"), da man do médico Miguel Abad Vila. (Na imaxe, Frank Sinatra en O home do brazo de ouro, de Otto Preminger).
Aproveito para engadir que, tras uns meses de repouso, volve estar activo o tamén moi interesante blog do profesor Gabriel Laguna, Tradición Clásica.
EN POLEIRO ALLEO

Mal ensinados (Bieito Iglesias en ECG)

Non lle dean máis voltas, a solución ao fracaso educativo é moi parecida á panacea que acaba cos incendios forestais: que chova! Desde logo non se amañará coa supresión do ensino mixto, que recomendan algúns pedagogos avinagrados. Eu estudei nunha escola que acollía a ambos sexos, separados os pupitres femininos e masculinos por un corredor a modo de liña Maginot. Non sobreviviría ás mentiras sobre a Reconquista sen a presenza xentil da Olguita e da Rosa Mari, docísimas nínfulas.

A historia segundo o Kremlin (El País, 27 set. Pilar Bonet)

Polémica en Rusia por un manual para profesores que equipara a Stalin e Putin como modernizadores do Estado.
Vladímir Putin xa ten un lugar privilexiado na historia de Rusia. Un polémico manual para uso de profesores, editado baixo a tutela dos ideólogos do Kremlin, considera ó actual líder como un dirixente de éxito que, como Josef Stalin, soubo manter a integridade do Estado e modernizalo.