Os anos 80 foron decisivos na narrativa galega. Abríronse campos ata entón case inéditos: a novela policial, a novela de aventuras, a de ciencia-ficción, a novela histórica da guerra civil etc. E publicáronse cando menos dúas ou tres novelas por ano de relevancia destacada, consolidándose unha xeración con nomes como Alfredo Conde, Víctor Freixanes, Carlos Casares, Méndez Ferrín, Xavier Alcalá e un longo etcétera de nomes máis novos que viñan detrás.
O tema da guerra civil estivo presente en 1988 (tamén o ano anterior, como vimos, con Casares): nesta ocasión con Vísperas de claudia, de
Manuel Guede Oliva, o relato do fascismo auriense, e O bosque das antas, de
Francisco Xosé Fernández Naval, cun espazo xeográfico semellante (Ou
rense, Velle, o protagonismo do río Miño), a novela que gañou o Xerais daquel ano, resolto en Baiona. Da mesma andaina son a novela intimista de
Marina Mayoral, Unha árbore, un adeus; unha procura na ciencia-ficción de
Xesús González Gómez, Ucronía; a novela de viaxes e aventuras de
Martínez Oca, As florestas do Mañuema; e os relatos de e os relatos de
Camilo Franco, na súa estrea literaria, A lúa no cénit e outros textos. E unha das ambiciosas novelas do ciclo de
Víctor Freixanes, O enxoval da noiva, trasladada ata a Italia do Renacemento, á Roma de Alexandre VI e o papa Borgia, cando as vodas da súa filla Lucrecia. , trasladada ata a Italia do Renacemento, á Roma de Alexandre VI e o papa Borgia, cando as vodas da
súa filla Lucrecia. A narrativa do 88 achegounos Catro novelas sentimentais, de
Ramiro Fonte; Meta-relatos, de
Claudio Rodríguez Fer; O camiño de Middelharnis, de
Xosé Cid Cabido; O misterio do barco perdido, novela policial de
Carlos Reigosa; As cereixas, de
Riveiro Loureiro, e Turbo, de
Miguel Suárez Abel. Na narrativa xuvenil tiñan especial éxito, Anagnórise (Galaxia), de
María Victoria Moreno, que arrasou nos institutos; Investigación 091, sobre o mundo do contrabando, de
Pepe Carballude; Moncho e Driar, en clave de ciencia-ficción, de
María García Yáñez; De cando o Suso foi carteiro, de
Neira Vilas; Lembranza nova de vellos mesteres, de
Paco Martín; Chuchamel, de
Concha Blanco, e O gato metido nun saco, de
Alberto Avendaño.