Presentación L. González Tosar
Onte, no Simeón: Estúrdiga Materia. O poeta axuntou un grupiño importante de amigos, contra as calores do xullo auriense. Había por alí algúns contertulios. Tamén estaban Víctor Campio, Eduardo Ananín, Mariluz Villar, Monxardín, Luís Menéndez, Xoán Fonseca, o Celso de Maceda, etc. etc.
Dos presentadores, moi emotivo o seu amigo o pintor Lamazares. Rigoroso, exacto, como sempre, Gonzalo Navaza. E Bieito Iglesias, ademais da análise literaria do poemario, todo un crack: Accatone de Pasolini, Amarcord, Buenos Aires, A Chabasqueira, a linguaxe e o non ruralismo (si visión dende dentro dunha comunidade campesiña) dos textos, John Berger, Faulkner, Cunqueiro e Blanco Amor, foron algúns dos esteos da súa intervención. Moi ben tamén o violinista armenio.
A HISTORIA MÁIS ANTIGA
-
Non molestes ao espírito da terra
Non molestes ao espírito da terra que vive aquí. Traballa nunha historia. É
a historia máis antiga do mundo e é deli...
Hace 5 días







