Do ensino nos Estados Unidos (Frank McCourt)(
Pan por Pan venres 19 maio)
“Fai falla moito valor e moitas gañas para poñerse diante de 175 adolescentes cada mañá”, afirma o escritor Frank McCourt, premio Pulitzer por “
As cinzas de Ánxela”. A súa última novela titúlase “
O Profesor” e di que resume os seus 30 anos de experiencia nas aulas. Do ensino di que é “a profesión máis difícil de todas”, critica os baixos soldos dos docentes e a masificación de alumnos e engade que é “a única profesión que non está dirixida polos que a practican”. Arremete contra os burócratas do ensino e afirma que para ser un bo profesor é preciso “ter paixón polo que se está a facer, amar o traballo”. Tamén engade que un profesor debe procurar que os alumnos teñan dúbidas, non certezas. E, ademais, dicir a verdade “porque aos mozos engánaos todo o mundo, a Igrexa, os pais, os políticos...”. McCourt daba clases nos Estados Unidos. Isto non ten nada que ver co noso mundo, ou si?
(Imaxe: a Palas Atenea de Parmigianino)