28 feb. 2010

Pegerto Saavedra:

“O despoboamento do interior é o noso principal problema’’
EN 1750 Galicia tiña o 13 por cento da poboación de España e hoxe anda no 6%; tiña máis habitantes que Cataluña, e hoxe Cataluña ten case o triplo que Galicia
LUIS POUSA, Galicia Hoxe, 27.02.2010

Pegerto Saavedra Fernández (A Fonsagrada, parroquia do Freixo, 1951; casado: unha filla; catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago; premio extraordinario de licenciatura en Historia e premio extraordinario de doutoramento) foi Premio da Crítica, na categoría de Ensaio, en 1993 polo libro A vida cotiá en Galicia, e en 1998, compartido cos outros autores, polo tomo I da Historia da Universidade de Santiago.
Por que se produce o cambio demográfico en Galicia?
En 1750 Galicia tiña o 13 por cento da poboación de España e hoxe anda no 6%; tiña máis habitantes que Cataluña, e hoxe Cataluña ten case o triplo que Galicia. Mentres a densidade de poboación dependeu fundamentalmente do sistema agrario, o peso demográfico de Galicia foi moi importante. Cando se acelerou a industrialización e a urbanización en España, Galicia quedou desfasada, empezou a emigración e, con iso, a perda de peso demográfico. Hoxe, se miramos a pirámide de poboación, a situación do que pode pasar no futuro case é dramática.
Por que?
O problema non é só a perda de peso demográfico, é a falta de dinamismo da poboación moi envellecida. No XVIII a poboación menor de 16 anos superaba a maior de 50 anos.

A taxa de fecundidade era moi alta?
Iso é un tópico. Na literatura do Século de Ouro e do XVIII, hai moitas opinións que din que as galegas eran dunha prodixiosa fecundidade. Porén, a fecundidade das parellas non era moi elevada, e había bastantes fillos fóra do matrimonio. O que ocorría é que as taxas de supervivencia eran superiores. Daquela, a mortalidade infantil ata os 7 anos era escandalosa en toda Europa e había sitios que era do 50 por cento, mentres que en Galicia era dun terzo.
Nesa época a que idade casaban as mulleres galegas?
A maioría, despois dos 25 anos. Eran matrimonios tardíos. Despois, entre un fillo e o seguinte transcorrían case dous anos, porque as mulleres traballaban moito. Todo iso facía que as parellas non fosen moi fecundas.
Por que Galicia tiña mellores tasas de supervivencia infantil?
Probablemente por razóns medioambientais e climáticas, e porque se ben era un país de campesiños pobres, esa pobreza, que non miseria, estaba bastante repartida. Era desigual, pero non tan desigual como noutros sitios, e iso permitíalle ter unha esperanza de vida ao nacer superior ás doutras zonas.
Que explica que no país houbera tantos fillos de solteira?
Se un mira os bautizos nos libros parroquiais, ve que hai unha proporción elevada de fillos de solteira. Un pouco antes do 1800 esa proporción aumenta. No 1850 o 15 % dos nacidos en Galicia eran fillos de solteira. Iso xa non é un fenómeno sociolóxico, é un fenómeno demográfico, pois en Galicia a evolución da poboación no se pode facer sen contar cos fillos de solteira. Na maioría dos casos, a solteira que tiña un fillo non casaba.
Cales son as razóns diso?
Nunha sociedade na que o matrimonio é tardío, a posibilidade de que haxa fillos de solteira é maior. Despois hai un elevado celibato masculino e feminino, pero sobre todo feminino. Cada vez hai máis mulleres que non casan, e unha das razóns que alegan para ter fillos de solteiras é garantir o amparo para a vellez. É dicir, hai casos nos que os fillos de solteira non son froito do desexo sexual e do desenvolvemento dunha mentalidade laica. Daquela non había Seguridade Social e nesas circunstancias a vellez sen fillos era especialmente grave para as mulleres. O Padre Sarmiento conta o chiste de que unha muller galega "que estaba en congreso cun home", é dicir, que estaba de palique, para que lle fixese un fillo, lle suplicaba que llo fixese coas pernas ben longas porque o quería para tecedor. Iso dá unha idea de que a sociedade admitía a muller con fillo de solteira, non a consideraba deshonesta, salvo que tivese moitos fillos con moitos homes.
No asentamento da poboación sobre o territorio está presente o concepto de comarca?
Na época moderna, a palabra que emprega a xente para referirse ao que hoxe sería comarca é a de país. País é aquel territorio que ten unhas características, unhas producións, un cultivos, unhas prácticas agrarias, un clima, etc., parecidos. Dentro de Galicia hai unha valoración distinta dun país a outro, que se fai tamén en termos de civilidade, así se di, os daquel país son máis brutos que nós. Pero non hai unha definición comarcal estrita. A comarca é contemporánea e prodúcese nunhas circunstancias mui cambiantes. No antigo réxime, o elemento que articulaba a poboación era a parroquia, a aldea. Galicia tiña 30.000 aldeas, e ese número modificouse pouco, o que modificou moito foi a poboación. A parroquia é naquel tempo o ámbito que mellor articula a poboación non só no aspecto relixioso, tamén no aspecto social, incluso o Estado tende a servirse da parroquia para efectos de información. Hoxe no interior de Galicia xa só quedan parroquias de mortos.
O interior vai esmorecendo?
O principal problema de Galicia é o despoboamento do interior. A costa está a medrar, e o interior despobóase e desertízase. Iso provoca desequilibrios intraterritoriais moi graves que afectan á conservación do territorio e á calidade de vidas das persoas.
Na idade moderna parte da produción agraria vai destinada ao mercado?
A idea de que había unha economía de autoconsumo e o campesiño non vendía nin compraba nada é bastante falsa. Producir o suficiente para non depender do mercado só está ao alcance dunha minoría. Nesa época, especialmente no XVIII, as familias cada vez teñen un maior contacto co mercado, porque necesitan comprar e vender. Ese contacto prodúcese non necesariamente cos produtos agrarios; prodúcese vendendo lenzos; prodúcese coa emigración estacional, na medida en que os milleiros de persoas que van a Castela e a Portugal a segar participan do mercado da man de obra; prodúcese cada vez máis coa venda de gando. A evidencia de que na Galicia do XVIII hai moito contacto co mercado a dá o feito de que se triplica o número de feiras. Estas feiras son rurais e se fan incluso en descampados. As fortunas dalgunhas cabezas de concellos actuais veñen desas feiras: Fonsagrada, Monterroso, Valadouro, A Estrada, O Carballiño. Por outra parte, as explotacións campesiñas estaban cargadas de rendas para pagar –foros, décimos e outras–, en teoría en especie, pero na práctica moito pagábase en diñeiro, o que mercantilizaba a economía campesiña.
E que pasa co viño galego?
O mercado máis especializado era o do viño, sobre todo nos vales do Miño, Sil e Arnoia. No XVIII vendíase moito viño para o Cantábrico, Inglaterra e Francia. Logo ese mercado é copado polo viño de Rioxa, e o mercado do viño galego queda reducido a Galicia. Hai unha gran polémica, e o cóengo compostelán Pedro Antonio Sánchez escribe unha memoria sobre a necesidade de facer navegable o viño co fin de abaratar o seu prezo.
Por que se produce a crise da industria téxtil galega?
En 1800, Galicia tiña catro sectores de transformación moi importantes. O téxtil, coa fabricación de lenzos para vender fóra, máis ben en Castela pero tamén en América; a pesca; os coiros, Santiago case era a capital de España dos coiros no XIX, estaba rodeada de fábricas , pero tamén está Noia, Ferrol, Allariz; e o ferro, cuxas fundicións están situadas na parte oriental de Galicia –O Courel, Quiroga, e algo en dirección a Suarna–. Deses catro sectores só superviviu a pesca, que se modernizou a finais do XIX coa salgadura, a conserva e a construción naval. Pero o téxtil, que daba moito emprego porque se traballaba nas casas campesiñas, desaparece cara a 1830-1840 como sector dedicado á exportación, ao non poder competir co algodón inglés nin co catalán. Iso analizouno moi ben Xan Carmona. É un sector moi espallado, non está coordinado nin protexido por ninguén que favorecese a súa homoxeneidade na produción e a súa competividade. E queda unha produción para o consumo doméstico.
Que interpretación cómpre darlle ó que sucedeu con Sargadelos e Raimundo Antonio Ibáñez?
Os problemas que tivo Sargadelos evidencian os conflitos que creaba unha fábrica tan grande nun contexto agrario. Esta industria, que se instalou con moita oposición do clero e de sectores rentistas, así como dos campesiños, provoca unha oposición interclasista. Os sectores privilexiados ven con malos ollos un tipo de actividade que quita a xente da labranza, paga salarios e supón unha forma de vida alternativa á do produtor de rendas. Tamén está o feito de que Ibáñez é un home poderoso, e o clero e a fidalguía non están afeitos a que lles fagan a competencia. A fábrica de Sargadelos funcionaba cunha serie de privilexios, algúns case de tipo militar, pois empezou fabricando municións. Eses privilexios incluían acoutar os montes, obrigar os labregos a facer carrexos de mineral, e prendelos se non os acataban. Iso provocou grandes tensións que acabaron explosionando no asalto ás fábricas o 30 de abril de 1798.
É tamén un conflito de intereses económicos?
Os ataques ás fábricas veñen tamén provocados polos trastornos que sofren miles de campesiños na súa vida cotiá. Para a economía dun campesiño, que lle rompa un carro ou que un boi rompa unha pata neses carrexos é algo dramático. Hai unha reacción por egoísmo dos grupos privilexiados, e unha reacción de supervivencia no caso dos campesiños. Probablemente, a morte de Ibáñez o 2 de febreiro de 1809 sexa o último episodio daquel motín. Pero eses ataques non provocaron alarma na Audiencia, pois estaba con quen movía os amotinados.
Que papel debe cumprir a Cidade da Cultura de Santiago?
A Cidade da Cultura ten que ser a cabeceira da infraestrutura cultural de Galicia que sirva para coordinar, centralizar e informar, así como manter servizos que non existan, non para duplicar os que xa existen. A Cidade da Cultura pode ter unha rendibilidade inmaterial para o país. Hai outras infraestruturas máis custosas en marcha que non sabemos o que depararán.

27 feb. 2010



PAN E COITELO

Series

“El Correo Gallego”:26-2-2010

BIETO IGLESIAS ESCRITOR E PROFESOR

Afonso Monxardín escribiu hai pouco no blogue de Marcos Valcárcel (As uvas na solaina) un artigo pándigo no que relacionaba a polémica lingüística actual cunha serie de tv da nosa adolescencia. Acórdanos ben aquel submarino de Viaxe ao fondo do mar que safaba dos perigos cando o capitán outeaba o panorama co periscopio e berraba: "Inmersión!, inmersión!". Eu seguía estas aventuras no bar Capador do Ribeiriño, único provisto de televisor no meu arrabaldo, ignorando que esa palabra se convertería en maldita varias décadas despois, cando algúns esforzados galeguistas quixeron impedir o naufraxio do idioma vernáculo e excitaron as iras dos que xogan aos submarinos co galego e desexarían velo tocado e afundido. Monxardín inaugura destarte un novo método de análise que axiña se estudará nas aulas de ciencias políticas. Sería interesante, por exemplo, rabuñar a cara de Abel Caballero, por ver se leva unha carauta como os axentes de Misión imposible, superposta ao verdadeiro rostro de Paco Vázquez. Tamén non sobraría observar se o dedo maimiño de Jesús Vázquez, Feijóo e compañía ten xogo e dobra polos cotobelos ou ben se permanece teso como o paidetodos de Aznar facendo a "peineta" e como o d´Os invasores, aqueles alieníxenas que usurpaban a aparencia terrícola e que tanto medo nos puñan aos raparigos teleadictos de outrora. Cómpre tomar moi a serio ao amigo Afonso, que xa fixo achegas fundamentais en temas tan espiñentos como o da cachucha do porco, establecendo con argumentos incontestables a superioridade do dente, máis sabedeiro que a orella. Agradecémoslle que pechase para sempre esta querela que dividía aos galaicos desde tempo inmemorial e que nos crispaba aínda máis que as tirapuxas entre Coruña e Vigo, direita contra esquerda ou galeguismo versus españolismo. Escusado é engadir que son ardido partidario do dente (así do fuciño como das faces) e da inmersión lingüística na lingua de Rosalía.

Outra volta atrás
A actitude de López-Chaves e Pedro Arias usando o castelán no Parlamento desafía o pacto tácito mantido polos partidos desde os 80 e a Lei de Transparencia aprobada co bipartito
M. DOPICO
Galicia Hoxe, 27.02.2010

A actitude amosada esta semana polos deputados do PP Ignacio López-Chaves e Pedro Arias, intervindo en castelán no Parlamento, supón un desafío aberto ao pacto tácito mantido e adoptado na cámara en favor do galego xa desde o goberno tripartito, cando se estreaba a autonomía, co obxectivo de prestixiar a lingua propia do país nun contexto social marcado pola diglosia.
Precedentes do comportamento de López-Chaves e Pedro Arias poden lembrarse, porén, facilmente. Mentres o actual líder da oposición ao goberno do PSOE en Madrid, Mariano Rajoy, manifestaba a súa vontade de usar o castelán nas súas funcións como vicepresidente da Xunta, o daquela presidente, Xerardo Fernández Albor, defendía o deber de coñecer o galego e o dereito de usalo fronte á sentenza do Tribunal Constitucional que negaba ao galego un estatuto de deber.
Polos mesmos anos que o tamén deputado, e alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, se pronunciaba en contra dunha suposta "imposición" do galego, o PP, con Manuel Fraga, artellaba o seu programa "galeguista". O que foi presidente da Xunta durante 15 anos chegou mesmo a recomendarlle a Rajoy que aprendese galego...
O actual presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu a "liberdade de elección persoal" dos deputados para expresarse no idioma que consideren, en coherencia co discurso da "liberdade" que o PPdeG abrazou co seu liderato, en confluencia con UPyD, Galicia Bilingüe ou certos medios de comunicación. -O xornalista Federico Jiménez Losantos tense posicionado de xeito claro neste debate-. Núñez Feijóo sostivo que "a comunidade é bilingüe e o regulamento do Parlamento recolle esa liberdade". En efecto, o regulamento da cámara di que os deputados poderán facer uso, indistintamente, do castelán e do galego. A Lei de Normalización Lingüística establece que o galego, "como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma", sen prexuízo de que o sexa tamén o castelán.
O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos no ano 2005, salienta que "non deixa de ser sorprendente que todos os cargos públicos, sen diferenzas de partido e só con contadas excepcións, asumisen o uso oral da lingua galega no exercicio do seu cargo. Antes da autonomía este era un terreo infranqueable". Sinala como punto forte o "uso unánime no Parlamento de Galicia" e como punto feble a "utilización ritual do galego por parte dalgúns cargos públicos" e a "instrumentalización política".
Non existía, así, un mandato legal claro en favor dun uso preferente do galego no Parlamento, -o Tribunal Constitucional avala que se estableza unha utilización normal, habitual, da lingua propia, sempre que non se exclúa o castelán-. Pero co goberno bipartito aprobouse, -a iniciativa da consellaría de Presidencia, que dirixía o socialista Xosé Luis Méndez Romeu-, a Lei de Transparencia e Boas Prácticas, que no seu artigo 15 recolle como un dos principios de actuación dos membros do Goberno e altos cargos da administración que "usarán normalmente o galego, oralmente e por escrito".
Esta lei, xunto co PXNLG, constitúe o soporte da proposición non de lei que, por iniciativa do voceiro en materia lingüística do BNG, Bieito Lobeira, foi aprobada por unanimidade dos tres grupos parlamentarios hai só uns días para que "o Parlamento de Galiza inste a Xunta de Galiza para que en cumprimento da legalidade vixente poña en coñecemento dos seus cargos públicos a necesidade de facer uso público, tanto oral como escrito da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública".
Lobeira lembrou que "o presidente da Xunta, a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, o conselleiro de Industria, Xavier Guerra, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, utilizan o español nas súas intervencións". O propio Feijóo recomendara aos seus deputados que se non sabían galego a aprendesen. López-Chaves e Pedro Arias negáronse, esta semana, a usar en galego no Parlamento, malia as protestas do BNG, e malia que o PP apoiou o acordo proposto por Lobeira.

OPINIÓNS Unha cuestión de coherencia
Bieito Lobeira lembra, -ademais da negativa de Rajoy a falar en galego-, que a "primeira vez que se rompeu" o pacto tácito entre os partidos polo uso da lingua propia do país no Parlamento foi "co deputado Castelao Bragaña. Aínda que era un caso especial, pois acababa de chegar de Arxentina". Se non se avanzou máis na desgaleguización da cámara galega, opina este deputado, foi grazas "á firmeza do BNG". -Poderiase recordar, co gallo desta reflexión de Lobeira, a postura activa en prol do galego de Xosé Manuel Beiras cando era o único parlamentario nacionalista-.
A profesora de dereito administrativo na Universidade de Santiago e experta en dereito das linguas Alba Nogueira sinala que "non hai unha norma taxativa" que estableza a obrigatoriedade de que os cargos públicos usen o galego no Parlamento, alén dese principio que recolle a Lei de Transparencia. Pero apunta que se o PP apoiou unha proposición non de lei neste sentido, "iso debería ter algún tipo de efectos".
Ademais, indica, utilizar o galego no Parlamento é unha cuestión de "responsabilidade" coherente coas "funcións de autogoberno". O mesmo pensa o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, que sinala que "se son os representantes de Galicia, deben falar en galego, e non porque unha lei llelo teña que mandar".

24 feb. 2010



Máis vale paxaro en man

Afonso Vázquez-Monxardín

La Región:23-02-2010

Creo que a versión máis rara do refrán que escoitei dicía “Máis vale paxaro en man que un cento de bocadillos de calamares das Galerías Centrales nos pratos doutros”. Que en paz descansen, por certo. Iso que, se cadra, viña tamén moi ao conto esoutro proverbio machista e cinexético –con ambas intencións entrelazadas o escoitei dicir eu- que sinalaba que “De lagartixa para arriba, todo é caza maior”.
Pero fóra bromas, o máis acaído ao tema que nos ocupará é aquel de “Máis vale unha mala avenza –ou acordo- que un bo preito”. Pero tampouco estou moi de acordo, porque, creo eu, que o Estado ceda a planta nobre do Banco de España para usos culturais municipais sexa, nin por asomo, un mal acordo. É máis, se cadra é mellor que a cesión do espazo todo. Porque así, sen proxecto de conxunto moído e remoído por técnicos, sen cadros de persoal específico, sen deseño de estruturas de funcionamento e circuítos, e tamén en tempos de crise e endebedamento como os actuais, é máis fácil comezar cunha xestión máis reducida e logo xa veremos. Se cadra si.
O que creo que convén é arrimar o ombro ao goberno da cidade personalizado nas xestións feitas polo alcalde. É fácil, de balde e inútil, poñerse moi esquisitos e repunantes. Que sexa gratis. Que nolo dean xa restaurado. Que nos paguen polo tempo que o usaron. Que nos paguen o cadro de persoal para o manter. Que lle fagan un heliporto na cima… Estou seguro que sendo todos os nosos concelleiros mamíferos, polo tanto seres fondamente territoriais aínda que non mexen nas esquinas –que se saiba dos actuais- teñen todos un sentido do local suficientemente desenvolvido como para desexar que canto máis paguen os de “fóra” e canto menos nos custe a “nós”, mellor que mellor. Nesta simpleza creo que estarán de acordo os tres grupos e outros tres que houbera. Por iso hai que deixar de pór paus entre os radios da roda e contribuír a que avance agora que parece que algo se vai mover. Porque faga quen o faga agora, xestione quen o xestione, teñen todos xa ben gañada a súa ración de culpa por non o ter feito antes. Uns e outros. Os alcaldes do PP e do PSOE. Os conselleiros e concelleiros de cultura do BNG e do PP. Os ministros do PP e do PSOE. Ou sexa que con discreción, fagan algo eficaz canto antes. Ás veces, si, ensaríllanse as cousas e non hai que lle facer. Só que os cidadáns lles reclamemos unidade e traballo.
Porque xa chega ben que teñan o eixo atuado na lama da historia política os edificios do Cárcere vello -25 anos-, do Museo Arqueolóxico -10 anos-, de San Francisco –xa nin sei- e agora, tamén, seica, o edifico da Fundación Caixa Galicia na Alameda de arriba. Disque hai problemas de cartos na Caixa. En fin, unha felicidade que haxa algo de luz para o Banco de España que aínda queda moita leira ás escuras para traballar nela.

21 feb. 2010

Premios AELG 2010
Finalistas:

Blog Literario
A canción do náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org/), de Francisco Castro
As uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com/), de Marcos Valcárcel
Axenda Cultural da AELG (http://axendaaelg.blogaliza.org/), de Algueirada (Acción cultural na rede)
Brétemas (http://bretemas.blogaliza.org/), de Manuel Bragado
Cabaret Voltaire (http://cabaretvoltaire.canalblog.com/), de Santiago Jaureguízar
O levantador de minas (http://olevantadordeminas.blogaliza.org/), de Alfredo Ferreiro

Ensaio
A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela
As razóns do galego. Apelo á cidadanía, de Henrique Monteagudo
Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero
Soñadores e Familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro, de María Xesús Nogueira Pereira

Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros
Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz
O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade, de Xesús Manuel Marcos
Valados, de Agustín Fernández Paz

Mellor traxectoria xornalística (AELG-Colexio de Xornalistas)
Belén Regueira
Ana Romaní
Xosé Manuel Pereiro
Bieito Iglesias
Manuel Rivas
Fran P. Lorenzo
Lino Braxe
Anxo Tarrío

Narrativa
Monte Louro, de Luís Rei Núñez
O cabo do mundo,de Xabier Quiroga
Unha historia que non vou contar,de Cid Cabido

Poesía
Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza
O pouso do fume, de Dores Tembrás

Teatro
Delimvois, de Rubén Ruibal
Medea dos fuxidos e outras pezas, de Manuel Lourenzo
Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa

Tradución
Flanagan. Flash-Back, de Jaume Ribera e Andreu Martín, en tradución de Isabel Soto
O museo da inocencia, de Orhan Pamuk , en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos
Obra dramática completa, de Sarah Kane, en tradución de Manuel F. Vieites
Residente privilexiada, de María Casares, en tradución de Ana Belén Martínez Delgado

17 feb. 2010






¡¡¡INMERSIÓN, INMERSIÓN!!!

Afonso Vazquez-Monxardín

La Región

A mediados dos sesenta había tres series que nos cativaban naquela TVE en branco e negro e dun só canal: El túnel del tiempo, Perdidos en el espacio e, sobre todo, Viaje al fondo del mar. As tres foron realizadas por Irwin Allen quen anos despois tería especial sona pola película Aventura del Poseidón e outras semellantes.

Os sábados pola tarde, no primeiro Azkar de casa dos avós ou no noso Telefunken pasmábamos da capacidade do almirante Harriman Nelson, o capitán Lee Crane, o loiro comandante Chip Morton e o resto da tripulación –entre eles, claro, destacado sempre o mariñeiro Kowalsky, o que sempre recibía un golpe cunha chave inglesa que o deixaba fóra de combate ata que lle viña ben ao guionista que despertase. E o éxito do submariño “Seaview” baseábase na capacidade de responder en calquera circunstancia e de inmediato ás ordes tallantes berradas polo capitán ao tempo que baixaba o periscopio, dicindo aquilo de “Inmersión, inmersión” que logo repetiamos nos nosos xogos entre o ñiau, ñiau, ñiau das sereas submariñas.

Desde aquelas, relacionei “inmersión” con algo positivo (mergullarse con control para ter logo éxito) mentres que o se un ía para debaixo da auga de malas maneiras, afogaba, como lle pasaba sempre aos malos. Ou sexa, estar debaixo da superficie podía ser bo ou podía ser malo. Dependía. Pero no submarino dos bos, despois da inmersión sempre había unha emersión; saían de novo á superficie, máis expertos, máis sabios, con máis coñecementos do fondo do mar e da vida, todos rían con sorriso kenediano debruzados na torreta do submarino.

E agora anda todo un pouco avolto. O noso almirante, Núñez, di que de inmersión nada, e iso que o fogo amigo dos mass media pode acabar fundindo o Noso Submariño. Lee Crane, Chip Morton –Ferrín e Villares, talvez- e moita outra tropa mariñeira experta pensa que o sensato sería a inmersión, sen máis, para que pasen os tiros por riba e despois saír con máis folgos, a respirar no aire limpo do mar. O mariñeiro Kowalsky, -Callón, por exemplo- teme que o Almirante sexa un alieníxena vido das estrelas para facer cumprir a misión secreta da destrución do propio submariño.

Ao final, creo, o almirante debía facer caso das reflexións do capitán, comandante e tripulación, pois se pensa xa que a inmersión é boa nalgunhas augas alleas –un terzo das inglesas por exemplo- non debe temer que sexa problemática en familiares augas nosas aínda que haxa lixeiras marusías superficiais. As escotillas están pechadas, os motores en orde, a tripulación preparada, os torpedos desactivados e, desde logo, os monstros das fonduras abisais son imaxinacións. Así pois, abaixo o periscopio e inmersión. Porque se durante séculos o galego foi case invisible e por iso pasou desapercibido, hoxe precisa dunha inmersión na que poida repor forzas, arranxar máquinas e arrumar cuartos. Hai que salvar o Noso Submariño. É imprescindible ter éxito na misión aínda que sexa soltando estralos eléctricos que escorrenten o cefalópodo que o apreixa. Inmersión, pois, a toda máquina e avante!!!


14 feb. 2010

O custo do escano
No peto do deputado
Cobran un fixo mensual de 2.094 euros, aos que engaden un plus de 2.092€ por "aloxamento e manutención", que reciben mesmo os que viven en Santiago
Galicia Hoxe, 14.02.2010, M. CASTRO

O camiño para coñecer cal é o resultado final da nómina de cada deputado galego é nun labirinto de final imposible que o Parlamento protexe esgrimindo o amparo da Lei de pro­tección de datos. Tan só as recentes filtracións sobre os 26.000 euros de quilometraxe facturada por un dos deputados do PPdeG -que desmentiu a acusación do PSOE de que realizaba desprazamentos aproveitando o coche oficial do vicepresidente da Mesa, José Manuel Baltar- permitiu coñecer ese dato. Calquera intento de ampilación sobre cal é o presuposto anual que dedica a Cámara a pagar os 0,26 céntimos por quilómetro ós que lles dá dereito o réxime económico que pactaron populares, socialistas e nacionalistas, tópase co escurantismo e evita os compromios de transparencia.
Os gastos por desprazamento, que permitirían a un deputado da Mariña cobrar ao redor de 82 euros e máis de 60 ó que viva en Allariz cada vez que se despracen a Santiago para asistir a un pleno ou a unha comisión, é tan só un dos complementos ós que teñen dereito os representantes que saen elixidos das urnas. As autoestradas sáenlles gratis, e aínda que ningún deles resultou partidario do transporte alternativo, o Parlamento facilítalle un bono que lles permitiría chegar á estación de tren e cruzar a avenida que a separa do pazo do Hórreo para poder sentar no escano.
Compartir os coches e cobrar a indemnización parece ser unha práctica que existe pero só se recoñece entre bambalinas. Comprobar o rumor e frear a fraude ás portas da Cámara parece unha cuestión para a que aínda non se atopou a fór­mula que permita o control.
O soldo base dos 75 deputados galegos quedou este ano en 4.486 euros brutos ó mes, que obteñen dunha asignación fixa mensual de 2.094 euros á que suman un plus doutros 2.092 para "o aloxamento e manutención que orixine a súa actividade parlamentaria" que cobran igual os que viven en Santiago e os de fóra, e engaden 300 por "gastos de representación".
Os pluses continúan sumándose ó exercer o parlamentario como voceiro ou vicevoceiro do grupo, ­unha responsabilidade que deixará a final de mes na nómina 400 euros máis que se contabilizan baixo o título de "gastos de representación". As funcións de presidente de comisión que nesta lexislatura recaen nos deputados populares, excepto na de Economía -que está ocupada polo socialista Ismael Rego-, levan o pago de 300 euros pola actividade, o mesmo importe de compensación para vicepresidentes e secretarios das comisións.
Ocupar un dos cinco postos da Mesa do Parlamento implica, ademais de dispor de coche oficial, engadir un plus de 2.000 euros para cada membro. A presidencia conta ademais con 1.800 euros para gastos de representación e 1.025 de libre disposición que no caso de vin­cepresidente e secretario serán de 1.000 e 525 euros.
RETENCIÓNS
O BNG, o que máis "morde" o soldo dos seus parlamentarios
Non só suman a partir de que adquiren a condición de deputados. Ademais das retencións habituais, a nómina dos deputados galegos sofre automáticamente a mordida da cota que deben ingresar na conta dos partidos os que representan na Cámara.
As cantidades varían no caso de cada partido. Así, na práctica, aos diputados populares suponlles entre 150 e 300 euros cada mes que reparten entre a organización provincial e a rexional.
O PSdeG, pola súa parte, aplica un 5 por cento que se traduce nunha media de 300 euros do soldo dos seus deputados que pasa ás contas do partido. Finalmente, o maior desconto é o que aplica o BNG, que retén case o 12% da nómina dos seus deputados. Ao peche de mes cada un dos nacionalistas con escano contribúe cunha cota de máis de 500 euros ao financiamento do seu partido.

12 feb. 2010

Son as mulleres máis libres? "Non grazas ao novo ecoloxismo"
Unha recoñecida feminista francesa asegura que décadas de melloras en igualdade estanse a ver ameazadas pola "volta á natureza".
Vieiros, 12/02/2010

Cueiros reutilizábeis
Élisabeth Badinter ten novo libro: Conflit, la Femme et la Mere ("Conflito, a Muller e a Nai"). A filósofa francesa, recoñecida figura do movemento feminista no país galo, sae nesta ocasión en defensa das mulleres que deciden traballar fóra da casa e non ter fillos, informan os medios locais. Arremete contra a moda do discurso "naturalista" que relega a muller ao seu papel de nai. "Hai unha alianza do ecoloxismo, de La Leche League (fundada en 1956 nos EUA, estendida por todo o mundo e que promove o aleitamento materno), do feminismo naturalista e dos especialistas en comportamento humano, apoiándose uns nos outros" para xustificar o reparto desigual na parella. Badinter, de 65 anos e con tres fillos, cre que este "regreso á natureza" está a ameazar décadas de melloras en igualdade, forzando as mulleres a deixaren os seus traballos e a se converteren en nais da súa casa, escravas de 'modas verdes' como os cueiros reutilizábeis e a comida orgánica. Obrigáselles -afirma- a se sentiren culpábeis por non ficaren na casa e lles daren de mamar os fillos canto máis tempo, mellor. Mesmo durante a época de embarazo, fáiselles pensar que as epidurais son algo malo, asegura Badinter. "É como se fósemos femias de chimpancés", di.

11 feb. 2010




Sacando el seguro de la pistola
XOSÉ MANUEL PEREIRO
El País (Galicia), 11/02/2010
Cristo Obreiro.Seoane
Es curioso que entre lo que últimamente ha tenido más repercusión mediática, fuera del monotema de las cajas que va adquiriendo tintes estrafalarios, esté la visión de Adolfo Domínguez sobre la normativa laboral, mientras ha pasado desapercibido el fenómeno de la presentación simultánea del libro 55 mentiras sobre o galego promovida por Prolingua en 70 localidades de una docena de países en tres continentes. La paradoja podría inducir a elaborar teorías conspiratorias, o a reflexionar sobre la distancia entre lo que se publica y lo que ocurre (y sus posibles daños colaterales en credibilidad y audiencia), pero hay, además, otra explicación más sencilla: las declaraciones de Adolfo Domínguez refuerzan un tópico, mientras que la multipresentación de Prolingua lo desmiente, y ya se sabe que costa abaixo, todos os santos axudan.
La proclama de Adolfo Domínguez a favor de la desprotección laboral y social puede ser un tanto irritante en el contexto que se produce, en una crisis financiera provocada por las aventuras del capital desregulado, en un país que tiene estándares de amparo social más bajos que la media Europa civilizada y por el hecho de que la exprese un destacado receptor de ayudas públicas, de un sector sustancialmente mimado. Pero no dejan de ser unas opiniones -las parientes pobres de las ideas, como estableció mi pensador neocon de cabecera, P.J. O'Rourke- tan legítimas como cualquier otras y tan lógicas desde el punto de vista empresarial como las que podrían tener los leones sobre la conveniencia de que las gacelas careciesen de patas. Como tópico, el pensamiento de que los trabajadores no la rascan sigue teniendo una vida saludable.
Un hecho, la materia que teórica y tradicionalmente constituía las noticias, es que un grupo de personas relacionadas con la cultura, creadores, empresarios y consumidores, sin más ayuda que el correo electrónico y sus ganas, ha logrado producir un fenómeno similar, al menos en extensión, a la presentación del último Harry Potter, pero sin inversión promocional alguna. Que haya tenido un eco mínimo obedece, si desechamos las teorías conspirativas, a que va a contracorriente de otro tópico: la cultura gallega sólo existe en el caldo de cultivo de las subvenciones. Al igual que la frase de la obra teatral nazi Schlageter (creo que debería cambiar de lecturas, Wikipedia incluida) que se le atribuye a Hermann Göring, "cada vez que oigo la palabra cultura saco el seguro de la Browning", aquí la gente de orden cada vez que la oye siente el impulso de sacar la chequera. Una reacción que no deja de ser curiosa en un país en el que se ve con naturalidad que se subvencione desde el fútbol hasta la energía eléctrica y en el que te dan el equivalente a dos sueldos por comprar un coche.
Si esa gente tuviese el vicio de leer, y si el informe del Consello da Cultura y la Zona Franca de Vigo sobre nuestra industria cultural no hubiese sufrido otra operación de ninguneo, podría confrontar el tópico con la realidad y ver lo poco que queda después. La industria cultural en Galicia aporta el 1,9% del PIB, más que el sector pesquero, el textil, y casi tanto como el metalúrgico. 26.000 puestos de trabajo en 2008, tantos como en la banca o en el textil, pero en este caso, creciendo (un 11,6% en dos años). Según el Instituto Galego de Estatística, cada gallego invierte al año (en 2009) 619 euros en ocio y cultura, mientras la media en España es de 819 euros. Una cuarta parte menos, es cierto. Exactamente la misma proporción en la que nuestros sueldos son inferiores a la media.
Pero se gasta en los productos de fuera, dirán los tentados a sacar algo. No sólo, ni principalmente. La tirada media de un libro en España es de 2.960 ejemplares por título. Aquí, con menos de la centésima parte de hablantes y potenciales lectores, con unos grupos mediáticos con un más bien escaso interés (ni siquiera en el del negocio) en la edición, es de 1.398 ejemplares. Y, con la enseñanza del idioma propio y su prestigio social en discusión, acomplejados y ensimismados en suma, en gallego más de la mitad de los títulos. Según Agadic, entre los que asisten más de seis veces al año al teatro, el 56% prefiere obras en gallego, y los que van menos, algo más en castellano (en 2009, el porcentaje en castellano subió considerablemente, quizá por lo del complejo).
Es que los que están subvencionados son los creadores, argumentarán los que se están pensando pasar de la chequera a la pistola. La paloma de Sargadelos con la que tradicionalmente se recompensan las conferencias en institutos queda todavía más blanca en comparación con el contexto europeo. En el Reino Unido, el Arts and Humanities Research Council (estatal) ofrece fellowships de dos o tres años a creadores, con sueldos de 2.500 a 4.000 euros. También los ofrecen desde las universidades hasta centros culturales, ayuntamientos, cárceles y aeropuertos (¿no interesaría aquí a la Cidade da Cultura tener un performer residente?). También algunas ciudades alemanas acogen escritores como Stadtschreiber, con alojamiento y sueldo. Y lo de Francia le pone los dientes largos a cualquiera que haya redactado algo más que un aviso de la comunidad de vecinos. Instituciones estatales, departamentales y locales, empresas y fundaciones ofrecen ayudas a los creadores, a los traductores, a los editores, a los libreros, a los libreros en el extranjero. Incluso hay ayudas à la vie littéraire (que no promocionan el consumo de absenta y el uso de fulares, sino las actividades de los fans de la escritura). Pero no se puede luchar contra los tópicos. Salvo que Domínguez decida ahondar en su faceta de escritor.

10 feb. 2010


Palabras etéreas e galeguismos aurienses
Afonso Vázquez-Monxardín
La Región:09-02-2010

Téñolles moita lei á veracidade das palabras que definen obxectos ou cousas da vida cotiá: carballo, viño, can, neno, sorriso, ponte, río, Ourense, cunca, libro. Pero debo desconfiar das palabras abstractas que definen grandes ideas, grandes construcións intelectuais ou ideolóxicas de nova, ou non tan nova, creación. En cristianismo, por exemplo, caben desde a Inquisición medieval aos curas guerrilleiros de Hispanoamérica, ou desde os telepredicadores estadounidenses á San Vicente Ferrer ou Santa Teresa de Calcuta, e perdoen que me adiante no santoral ao Papa pero as cousas da Igrexa van sempre moi lentas e eu, arestora, téñolles algo de présa. En socialismo aparecerían desde o bo de Tierno Galván ao demo de Stalin, ou desde o vello emperador Miterrand ao diaño nacional-socialista alemán, Adolfo Hitler. No paraugas da palabra nacionalista collerían desde o famoso pequenote ferrolán co seu ‘movimiento nacional’, ata a ETA por outro lado, co seu ‘movimento de liberación nacional vasco’. Así pois, as grandes palabras convén sempre matizalas, esmiuzalas, para explicar ben a que nos estamos referindo porque senón poden significar cousas distintas segundo a intención de quen fala ou mesmo de quen oe. Unha desas é ‘galeguista’. Si, grosso modo simpatizante das cousas de Galicia. Si, pero ¿que cousas? ¿Empanada, autonomía, Illa da Toxa, lingua, percebes, cantigas, independencia, paisaxes, retranca, clima, entroido, soá, termas de Outariz, botafumeiro? ¿Por que? ¿Para que? ¿Cando? ¿Como? ¿Con quen? Como non hai un tribunal do amor ou da simpatía, ninguén vai expedir carnés nin bendicir actitudes. Todo o máis, pode un ensarillarse en discusións pseudofutboleiras de o meu equipo é mellor que o teu, tan incomprensibles para os non interesado en fútbol como inútiles para o xogo do equipo.

Don Xesús Alonso Montero sempre insiste en que o Rexurdimento do século XIX salvouse en Ourense. Despois do ano marabilloso de 1880 no que Rosalía publica Follas Novas e Curros Enriquez Aires da miña Terra todo ía esmorecendo a non ser a visión de futuro do cego Valentín Lamas Carbajal cos seus libros e co xornal popular O tío Marcos da Portela. E pouco despois da morte de Lamas, en 1909, fúndase a Coral de Ruada da man do seu seguidor confeso Xavier Prado Lameiro, e, ollo, unha década e pico antes que a revista Nós. Prado Lameiro coa poesía ruralista e o seu fácil teatro civil e popular, impulsor orixinario das Irmandades da Fala en Ourense, tiña unha grande prédica entre a xente, semellante á desconfianza que cara a el amosaban os homes de Nós, precisamente por esa vocación non intelectual nin cosmopolita. Só a acción de Losada Diéguez, señorito conservador de pazo e carreira, logrou que Risco, Otero e Cuevillas ‘desembarcasen’ nas Irmandades de Ourense en 1918 e dirixisen o futuro do galeguismo ourensán e en boa medida o de Galicia.

Se cadra por iso, cando a guerra civil arrasou o tecido cívico do país, das poucas cousas ‘galeguistas’ que resistiron foron as iniciadas antes da época Nós. Entre elas, claro, a Coral de Ruada en Ourense. E aquí xúrdeme unha dúbida: ¿Soubo rentabilizar politica e culturalmente a dirección do grupo Nós a confluencia que se podía producir entre eles, elevados intelectuais galeguistas cosmopolitas, cos outros, simples galeguistas culturais populares que estaban na cidade actuando antes ca eles? Non o sei. Pero creo que algo fallou.

8 feb. 2010




A débeda da memoria
Galicia Hoxe, 08.02.2010
"La persistencia de la memoria".Dalí.


Segundo unha enquisa do CIS, a metade dos españois móstrase a favor de erixir monumentos en memoria das vítimas da represión, retirar símbolos da ditadura e exhumar fosas comúns. Esta sondaxe pon de manifesto que máis da metade da poboación considera boa ou moi boa a Lei de Memoria Histórica fronte a un 15% da xente que discrepa. Ademais, só un de cada cinco enquisados pensa que a norma beneficia só os republicanos. Pola contra, un 45 por cento dos enquisados rexeita a posibilidade de crear unha ‘Comisión da Verdade’ que investigue as violacións de dereitos humanos que tiveron lugar durante a guerra civil.
EFE/E.P.
Unha maioría de españois, ao redor da metade, decántase por erixir monumentos en memoria de todas as vítimas da Guerra Civil, retirar símbolos da ditadura e exhumar as fosas comúns, segundo se extrae dunha enquisa elaborada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) por encargo da UNED. Por contra, o rexeitamento ás distintas medidas contempladas na Lei de Memoria rolda o 25 por cento.
Esta sondaxe, que se realizou en 2008, durante o primeiro ano de vixencia da coñecida como Lei de Memoria Histórica e que acaba de ser incluído no banco de datos do CIS, pon de manifesto que, entre os que din coñecer esa norma (o 62 por cento dos case 3.000 españois consultados), máis da metade considéraa boa ou moi boa fronte a un 15 por cento que discrepa.
Catro de cada dez enquisados coñecedores da lei opina que a norma era necesaria para saldar a débeda que a democracia tiña coas vítimas da Guerra Civil e o franquismo, aínda que para un 13 por cento quedou curta. Por contra, un 27 por cento sostén que non é unha medida oportuna porque pode "resucitar rancores do pasado".
Só un de cada cinco enquisados pensa que a lei beneficia os republicanos, mentres que o 29 por cento interpreta que os beneficiarios son tanto as vítimas do franquismo como da guerra, e o 23 por cento cre que busca compensar os dous bandos que loitaron na contenda.
A metade dos sondados aposta por exhumar os restos das vítimas da Guerra Civil que aínda permanecen en fosas comúns para trasladalos a un cemiterio, e deles a inmensa maioría (83,8 %) quere que sexa o Estado o que pague as identificacións. Con todo, para o 11 por cento a Administración debería limitarse a axudar economicamente nestas tarefas. No outro extremo, un 26 por cento prefire "deixar as cousas como están" e "non facer nada", e tamén hai un 14 por cento que defende a identificación pero prefire colocar placas de recordo en lugar de trasladar os restos. Cando se lles pregunta ós enquisados sobre a conveniencia de crear unha Comisión de Investigación, independente do Goberno, para esclarecer as violacións de Dereitos Humanos que tiveron lugar durante a guerra, case o 45 por cento pronúnciase en contra, fronte ó 39 por cento que o fai a favor.
Por outra parte, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) entregou onte os restos de tres represaliados durante a Guerra Civil española ás súas familias, no Concello de Puente Domingo Flórez (León), como un acto no que se pretende "pechar unha historia". Así o explicou o responsable da ARMH na provincia de León, Santiago Macías, quen explicou que foi un "acto moi breve pero cargado de emoción" porque se pecha unha ferida". Desta forma, conclúe a historia de José García López, Serafín Blanco Rodríguez e José León Fernández, asasinados o 30 de setembro de 1936, despois de que fosen trasladados nun camión desde o Bierzo "practicamente en silencio" para ser asasinados.


Enlaces de interese:



5 feb. 2010

Adolf(o) Domínguez, "Arbeit mach frei"
En Auschwitz podíase ler o lema 'Arbeit mach frei', dito en romance galego 'O traballo faravos libres'.
FRAN P. LORENZO
Galicia Hoxe, 04.02.2010


Na diatriba ultraliberal e meritocrátrica de Adolf(o) Domínguez –onte no Forum Europa Tribuna Galicia, celebrado en Santiago–, botei en falta algunha referencia a Lenni Riefenstahl, a realizadora alemá que filmou, en 1935, a moi impactante e sublime película Triumph des Willens (O triunfo da vontade). O triunfo da vontade é, ademais da crónica en imaxes do congreso do Partido Nacionalsocialista, celebrado en Nüremberg en 1934, a icona visual do nazismo, un filme propagandístico, encargado polo propio Adolf Hitler. O Führer fica alí retratado na súa paroxística grandeza, sempre nun contrapicado que enxalza o seu poder sobre a masa entregada, primeiros planos de nenos arios que sorrín no colo das súas nais e hordas uniformadas nas que se dilúe o individuo até desparecer. Para o mal da humanidade, para vergoña de todos os futuros, aquel esperpento ideolóxico cristalizou nunha constelación de pequenos infernos, os campos de concentración e de exterminio. Na boca dun deses pozos do horror, en Auschwitz, podíase ler o tétrico lema Arbeit mach frei, dito en romance galego O traballo faravos libres.
En decembro pasado alguén roubou o rótulo –duns cinco metros de lonxitude e cincuenta quilos de peso– e marchou con el, despois de arrastralo pola neve. O letreiro foi recuperado fisicamente pero estou certo de que onte, á vista das palabras de Adolf(o) Domínguez no Forum Europa, moitas e moitos deron en pensar que o modisto ourensán subtraera a alma desa consigna para gravala na porta das súas fábricas e talleres deslocalizados, como reclamo comercial das rebaixas ou para estampala nunha serie de camisetas de U: El trabajo os hará libres.
Como confío bastante na calidade do zume de laranxa que serven no Hostal dos Reis Católicos, conclúo que a alocución de Adolf(o) Domínguez –as peticións desaforadas de despedimento libre e sen trabas, a chamada ao anticipo electoral urxente, a súa cínica defensa do empresariado aniquilador e o denigrante retrato que fai das relacións laborais en tempos de crise– responde a algo máis intrínseco. Algo estraño, inapreixábel, definitivamente escuro, poida que xenial, que se cifra en opcións estéticas de difícil comprensión: o estilismo capilar das súas sobrecellas ou os exquisitos modelos de temporada para cans e mascotas burguesas.
Poida tamén que eu estea cheo de prexuízos. Iso seguro. Que me empeñe en defender conquistas sociais máis propias doutra era e que, de maneira inxenua, aínda me indigne pola explotación dos traballadores –unha das bases máis sólidas para o crecemento do sector téxtil, iso debería sabelo el–. Esa mala educación miña, tan tendente á paridade entre as persoas –vaia peste a igualdade, vaia delirio!–, é a que me impide deglutir con boa cara a defensa do mérito de Adolf(o) Domínguez, que converte o traballador en man de obra escrava e sen dereitos e que parcela a sociedade nun práctico e bipolar sistema de castes: capaces e incapaces, triunfadores e desposuídos, emprendedores e vagos/chupópteros, superdotados e parvos, empresarios/mesías e escoura obreira con baixa por depresión, que cada día debe gañar o seu dereito a permanecer. O triunfo da vontade, nin máis nin menos. O imperio dos mellores, a aristocracia da raza, versión polígono industrial ourensán. A valentía moral do subvencionado, o mesianismo dun mesías que ninguén agardaba e que un día decidiu resolver a crise económica con métodos que evocan a Solución Final do seu tocaio Adolf, pero en versión prêt-à-porter.
franpl@galicia-hoxe.com

3 feb. 2010



Ditame

O Goberno, aínda máis só
O Consello da Cultura Galega avoga pola volta ao principio de "como mínimo, o 50% das materias en galego" establecido no Plan xeral de normalización lingüística
Galicia Hoxe, 03.02.2010 M. DOPICO. SANTIAGO


O Goberno de Feijóo quedou aínda máis só na súa defensa das bases que presentou para a a elaboración do novo decreto que regulará o uso do galego no ensino. O Consello da Cultura Galega (CCG) expresou onte, de xeito oficial, o seu rexeitamento a este borrador, a través do seu ditame sobre o mesmo. E aínda foi máis aló do que se agardaba á luz do que transcendera á prensa sobre a filosofía deste informe.
"Non se pode tratar igual o que é desigual", lembrou o presidente do Consello, Ramón Villares, na presentación dun ditame que reivindica o Plan xeral de normalización lingüística (PXNL) como referencia básica para calquera actuación no ámbito da política lingüística.
O máximo órgano consultivo do país en materia de cultura demandou o mantemento do principio do "polo menos o 50 por cento" das materias en galego que establece o PXNLG, -aprobado por unanimidade no ano 2004-, que o decreto vixente, o 124/2007, incorpora, e o actual Goberno propón substituír por un máximo do 33 por cento en galego, -ou 50 por cento mentres non sexa posible impartir o terzo de inglés prometido nas bases-.
O CCG sumouse, así, aos sindicatos, partidos, asociacións e institucións -a Real Academia Galega entre elas- que manifestaron a súa oposición ás bases presentadas polo Goberno, -todas as preto de trinta consultadas pola propia Xunta, agás catro, entre elas o PP-."Temos dúas linguas oficiais cun status distinto, e os poderes públicos deben facer un esforzo por promocionar o galego", -afirmou Villares-.
O coordinador da comisión executiva que nomeou o grupo de expertos autores do informe, Henrique Monteagudo, asegurou que "algunhas previsións das bases" propostas polo Goberno do PP "probablemente serán fonte de conflitividade". E subliñou que, malia que o ditame do CCG se centra en "aspectos sociolingüísticos e pedagóxicos", existe un claro "mandato legal de promoción do galego", derivado da Constitución, do Estatuto e da Lei de normalización lingüística, que esixe ademais a aplicación dun "principio de progresividade que os catro presidentes autonómicos: Albor, Laxe, Fraga e Touriño" respectaron e que, "por primeira vez", se racha coas "bases" presentadas polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo.
O Consello indica no seu ditame que se o obxectivo é acadar o equilibrio entre o galego e o castelán, e dado que o castelán é o idioma hexemónico "desde o punto de vista da valoración social e da presenza no universo vital dos escolares", a previsión de pasar do mínimo do 50% fixado no decreto 124/2007 ao máximo do 33%, "non pode considerarse nin equitativa nin equilibradora, máis ben todo o contrario".
O informe rexeita a "descualificación" que as bases deixan caer respecto do modelo de inmersión na lingua minorizada, estratexia, -salienta o CCG-, "legalmente avalada", de "acreditada eficacia" nas situacións de "bilingüismo social asimétrico" para a "capacitación nas dúas linguas para os falantes tanto da unha como da outra". "Hai que pasar a un marco flexible", -apuntou Monteagudo-, que poida aplicarse "segundo as posibilidades do centro e contexto sociolingüístico".
A Consellería de Educación respondeu que "non pode estar de acordo" co modelo de inmersión que ao seu ver propón o CCG -Monteagudo aclarou que o ditame "non di que o Goberno teña que aplicar" esta estratexia-. "A Xunta considera inconveniente o sistema de inmersión en calquera lingua, considerando, ademais, que ese é o sentir maioritario do pobo galego", asegura a consellería dirixida por Jesús Vázquez a través dun comunicado.
Rexeita as liñas básicas das bases
O CCG rexeita liñas básicas das previsións das bases do novo decreto como a elección por parte dos pais, o 33% da docencia en inglés e a "libre elección" da lingua nas aulas por parte dos alumnos. Respecto ó idioma da admistración educativa, o CCG propón volver á expresión "utilizarán, con carácter xeral, a lingua galega" recollida no decreto vixente, -aprobado polo bipartito-, no canto de utilizar os termos "promoverase a utilización da lingua galega" das bases do PP. Para a educación infantil, o ditame do CCG recomenda cumprir o recollido no PXNL, é dicir, establecer "unha oferta educativa en galego" para nenos de 0 e 3 anos, "a utilización do galego como mínimo nun terzo do horario" nos contextos nos que a lingua predominante sexa o castelán, e "desenvolver programas experimentais en galego para castelanfalantes".
O Consello estima preferible que a lingua materna predominante sexa determinada polo claustro, segundo os datos científicos, e non só polos pais, como propoñen as bases do Goberno actual. Así, o ditame do CCG avoga por fixar un mínimo de galego en infantil nos contornos castelanfalantes, como fai o decreto 124/2007, ao contrario das bases do PP. Respecto do inglés, o Consello considera "desaconsellable desde o punto de vista pedagóxico e inviable na práctica" utilizar "unha lingua estranxeira como lingua vehicular nun terzo do horario lectivo", e ademais recomenda tratar a cuestión do inglés nunha norma distinta que a que vaia regular o uso das dúas linguas oficiais. En calquera caso, indica que a introdución do inglés "non deberá facerse á conta do horario de uso dunha soa das dúas linguas oficiais".
"A utilización da lingua estranxeira debe ser introducida de xeito gradual e voluntario", opina o CCG, en confluencia coa circular dirixida pola Consellaría de Educación ao profesorado e as declaracións recentes tanto de Jesús Vázquez como de Anxo Lorenzo.
DETALLES
Nin elección dos pais nin idioma de preferencia na aula
Para primaria, secundaria, bacharelato e FP o Consello avoga por que un repartimento do 50% de galego e o 50% de castelán sexa o "marco de referencia xeral flexible", que terá que adaptarse "aos distintos contextos", tendo en conta o principio de "como mínimo, o 50% da docencia en galego" que recolle o PXNLG. O CCG rexeita, por outra banda, a previsión das bases sobre a elección dos pais nalgunhas materias troncais, por considerala fonte de "tensións e conflitos" e "invasiva" das competencias da Administración. Neste sentido, a opinión do Consello achégase ao indicado por Anxo Lorenzo nas súas declaracións recentes sobre o posible carácter non vinculante das consultas aos pais. -O CCG propón que, de querer coñecer, para efectos orientativos, a opinión das familias, o Goberno encargue informes a través de centros como o Instituto de Educación-. O Consello tamén cre que "a previsión xenérica" das bases de que o alumnado "utilice nas aulas e nos exames o idioma da súa preferencia" carece "de lóxica educativa". Anxo Lorenzo declarou, neste aspecto, que se estudaría a posibilidade de volver á previsión do decreto do 1995, que di que "o alumnado debe procurar utilizar a lingua na que se imparta a materia" , fronte ao do 2007, que se decanta pola expresión o alumnado "utilizará, con carácter xeral" o galego nas áreas que se imparten en galego.

2 feb. 2010

¿Ti tamén, Ibense miña?
Afonso Vázquez-Monxardín
La Región, 02-02-2010

Da primeira comuñón gardo uns cantos recordos esfiañados. A igrexa de Santo Domingo, don Emilio, as preguntas do catecismo, Raquel Santamarina organizando todo... Pero se cadra, un dos máis nítidos é o dun cacharro grande de metal cheo de xelado de mantecado e un aparello deses para servir bólas grandísimas, das de cinco pesetas, que nos acompañou na festiña que seguiu e que foi, claro, un simple chocolate. ¡Viñan os cacharros da Ibense! ¡Prestárannolos para traer a casa! Era o sumum.
¿Memoria histórica? Ao carallo coa Guerra Civil. Respecto, claro, ese sufrimento inmenso, pero xa está ben de falar e furgar na historia dos tataravós dos nenos de hoxe. ¿Cultura inmaterial? A miña memoria, as miñas lembranzas inmateriais, coas que seguramente se identifica alguén, son as do Colexio Belén coas súas entrañables profesoras; a vella aquela que vendía pipas La Pilarica, chicles Bazoka e tiras de ‘estrallantes’, todo xunto nun cesto, na confluencia de Curros Enriquez con Saénz Díez, e que un día descubrimos que non sabía ler porque daba premio igual que puxera ‘que rica La Pilarica repita’ que ‘que rica La Pilarica, premio’; a celebración do mes de maio no Colexio Curros Enríquez -con dona Lola, don Magín, don Lino, don Claudio- cos seus cánticos á Virxe que apagaban eses días os ‘montañas nevadas’ e os ‘prietas las filas’; o carrito dos xelados na cima do Parque; a discoteca ‘Auria’ do Paseo que coñecía, claro, de orella porque ían as miñas tías; a presenza, misteriosa, maxestuosa do chalé Losada coas súas hedras; o chalé da Falanxe diante da Torre coa súa fonte dun ‘espinario’; as salas de xogos, Flipper e Delfin, herdeiras modernizadas do espírito do ‘Coime’ de Santo Domingo, o café Azul, cos seus escaparetes de mariscos; as empanadillas esponxosas do Hotel Parque; as centos, miles de horas e cañas trafegadas no Alaska cos seus amables e comprensibles camareiros; os cafés de despois do Cine Club ou de antes dos exames no Colexio Universitario, sentados nas sillas laranxas do hotel Miño cando íamos arranxar o mundo en dúas patadas, pois no Instituto Masculino pensaramos que só cumpría unha; os pasteliños que se compraban na Ramos, que senón non había festa; as madamitas de soldado e madama espetadas na parte baixa dun Parque de terra o día que se estreaban as sandalias brancas; as copas de licor café conspiratorio no Tucho; o Violeta das telas de colchón e a policía pedindo documentación; as tertulias que cheirei dos galeguistas despois da misa de nove na Catedral no Cortijo e aquela máquina do seu final para darlle unha capa de chocolate os xelados de máquina... Pero ollo, que ninguén se engane, en cousa de xelado sempre houbo consenso: La Ibense. O xelado de mantecado da Ibense, aseguro -eu con tantas dúbidas- é o mellor do mundo. ¿Que pasará agora? Sen dúbida, unha nova era. Co peche da Ibense remata definitivamente o século XX en Ourense. Xa non queda nada desas lembrazas que dicía. La Ibense era derradeiro eco epigonal. Antes, hai moitos anos, cando abría só no verán, era o reloxio biolóxico que marcaba as estacións... e logo chegou o chocolate con churros con nata... Esa intimidade de tropezóns ao entrar e saír por un par de portas complicadas, eses baños, enfindeixemolosasí, do patio ao que accediamos entre calendarios de Virxes e cousas de almacén... ¿É posible que non volvamos oír frases como ‘quedamos na Ibense? Déixoche un sobre na Ibense... Collemos unha tarrina de mantecado para o postre?’. E confésolles un problema persoal. A miña filla Estela, de todos os xelados do mundo, só come mantecado da Ibense. Por interese en cumprirlle o gusto, pola conservación da memoria histórica e da cultural inmaterial, estaría disposto a encadearme na porta ou facer un evento no facebook se así non pechase. Deica pouco, para ir ao meu Ourense, terei xa que viaxar no tempo. A nosa fidelidade, o noso cariño, seguro, prolongou a súa vida, pero as cousas son como son. Que a terra che sexa leve, Ibense, e que a nós nos dure o teu doce sabor.