De verdade todos temos un prezo?
(Andoliña xoves 30 marzo)
"
Moza, ti vales moito", "tanto tes, tanto vales", "todos temos un prezo", "hai lugares onde a vida non vale nada" e outras semellantes son expresións que se usan a cotío como se todo se puidese avaliar a prezos de mercado, incluídos no paquete os seres humanos. Pois ben, na tolería deste mundo ultracapitalista en que vivimos xa se pode saber "
canto valemos": hai unha páxina web que che facilita un cuestionario de 40 preguntas no que tes que responder desde o teu estado físico e profesional ata os vicios que padeces ou datos tan relevantes como se tes estrabismo, moita peluxe no corpo ou se perdes pelo. Adiviñen qué se pregunta respecto ao tema xenital e outras perspectivas relacionadas co sexo: www.humanforsale.com.
En fin, segundo leo no suplemento cultural de La Vanguardia (por certo, para min un dos mellores da prensa do Estado), seica tamén conta para ben o ter sentido do humor, certa sensibilidade artística ou facer actividades benéficas e solidarias. Cubertas as citadas 40 cuestións, o programa da web dáche en segundos a posibilidade de saber o teu prezo exacto en dólares. Si, a min tamén me pica a curiosidade, pero eu non o vou cubrir: temo pola miña autoestima.
(Tomo prestada esta imaxe dun blog portugués:
www.100-stress.blogspot.com)