en poleiro alleoXosé Luís, naturalmente (Méndez Ferrín, en
Faro de Vigo, 26 outubro)
Ferrín dedica hoxe
a súa columna do Faro ó tema Carod Rovira, os nomes e as linguas e o paralelismo nas evolucións das letras catalanas e galegas.
Algunha afirmación moi dura e moi crítica ("Eu penso que nin Touriño nin Quintana cren na literatura galega"), peza cobizosa para a polémica, e o orgullo dos lectores cataláns polos seus propios autores (S.L.C. dirían segundo a terminoloxía aquí aludida algunha vez).
P.S.: Na imaxe, Joan Salvat-Papasseit, que cita Ferrín no artigo e é un dos meus poetas cataláns preferidos. Xa teño escolmado aquí poemas del. Velaí outro máis ("Poemas de amor", Visor, 1984):
Viatjar terres
no quedar-se en cap,
amar en totes una noia verge;
creure en la guerra perquè és bo el combat,
cada ferida la sang d'un poema.
Quan Déu ens cridi poder contestar:
–tant estimava que es vessava el veire.