skip to main |
skip to sidebar
Dicía Castelao...Dicía Castelao, no seu Diario 1921, que a arte nova que el viu en Francia estaba dirixida polo xenio do absurdo e arredada do sentido común. O tempo iguala a chegada das novidades artísticas, pensaba o rianxeiro, “pero as Terras son difrentes e a Terra é a nai de todalas Artes”. Esa Terra, como cerne do elemento identitario, era o que Castelao buscaba nas vangardas. E non o encontraba. Por iso si se entusiasma, en cambio, cos pintores rusos que ve en París. Ou cos primitivos flamencos, holandeses e alemáns: sobre todo ca obra do Bosco, de Brueghel o Vello e de Huys, ese universo de elementos fantásticos que copiou no seu “Diario 1921” e no que se inspirou máis dunha vez, mesmo nos seus deseños antifascistas. Sorprende, con todo, que Castelao non entendera a forte relación entre estes artistas (e tamén outros simbolistas dos que fala) co propio surrealismo da vangarda.