Primeiro ano de As Uvas na Solaina: graciñas.
Pois si, así como quen non quere a cousa, xa levamos un ano no mundo virtual: empezou a súa andaina esta bitácora o 6 de marzo do 2006: por certo, cun comentario entre irónico e tétrico (“Os columbarios nas igrexas e nos estadios”). Adianto a celebración tres días para aproveitar a fin de semana e, de paso, facela coincidir co meu aniversario real (xa ven, un aniño máis vello).
É tamén un bo momento para dar as grazas: sobre todo os que estades do outro lado, participando, uns como lectores, outros como opinadores e contertulios moi activos. No debuxo que adxunto (se pulsan enriba del, poderán ler os nomes) quero simbolizar ese agradecemento mesmo facendo referencia a algunhas das voces máis asiduas nos debates (perdón polos posibles esquecementos, que ten que habelos: ninguén é perfecto). Sen todos eles/as, sen a súa presenza constante e xenerosa, este blog non tería sentido.
Precisamente estou moi satisfeito, sobre todo, por conseguir dende a rede facer un dos blogs máis dinámicos e participativos na nosa contorna (a Galicia real: a do interior e a dos galegos que compartillan con nós as súas ilusións, dende Buenos Aires a Australia). Froito desa participación foron moitos dos ricos debates que aquí se desenvolveron: a marca débea levar o aínda recente debate dos intelectuais, que superou as 73 intervencións, moitas delas de gran calado. E moitas outras superaron as cincuenta entradas, como a campaña do Galego en Positivo ou “Que esperan do goberno os cidadáns?” (59); en xeral, moitas entradas sobre o galego, os nosos escritores (Cunqueiro) ou a nosa historia contemporánea, tiveron ampla acollida entre os lectores.

Son case 700 post nun ano que, quitado o mes de agosto por vacacións, sae a máis de dous comentarios meus diarios. Tamén hai que dicir que esta bitácora foi casa de acollida para outros artigos de autores diferentes, aquí reproducidos e debatidos. Na maioría dos casos, pedinlle permiso ós seus autores; en calquera caso, ninguén protestou por esa utilización, quizais porque son todas boa xente ou bos amigos (ou as dúas cousas xuntas). Entre outros, e citando de memoria, aquí deixaron os seus textos, autores como: Afonso Vázquez Monxardín, Bieito Iglesias, Miguel Anxo Fernán Vello, Salvador García Bodaño, Antón Baamonde, Alfredo Conde, Suso de Toro, Manuel Rivas, Luis González Tosar, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Sarille, Ramón Chao, Xavier Castro, Xosé Miranda, Damián Villalaín, etc. Graciñas tamén a todos eles.
Ben, non quero aburrilos agora. Aquí seguiremos. Se vostedes consideran pertinente e interesante este debate, sempre dende a cortesía e a confianza mutua, seguiremos ofrecéndolles as nosas Uvas na Solaina, cabeceira que é, por se alguén aínda non o sabe, unha sincera homenaxe a Vicente Risco:
Por que "As uvas na solaina"? (10 marzo 2006)
Pois, así de sinxelo: como homenaxe a un dos grandes mestres do xornalismo literario na Galiza:"Una casa en que hay uvas colgadas da idea de una felicidad tranquila y un poco rústica, sin nada que sobre ni que falte, en que no falta ni siquiera la pachorra, ni la parola.En toda casa donde hay uvas colgadas da gana de quedarse. Cuando uno no puede quedarse, se va mirando para atrás, lleno de saudade"."Las uvas de cuelga", nesa marabilla que se chama LIBRO DE LAS HORAS, Ourense, 1961.