2 ene 2008


en poleiro alleo
(na imaxe, pescadores de baixura nos comezos s.XX)

Non hai quen poida coa xente mariñeira.


Xaime Quessada Porto
Andoliña mércores 2 xaneiro 2008 (Imaxe: "Muller sentada", de X.Q., 1960)

Rematou o 2007 de xeito luctuoso, cos xornalistas cubrindo a información nos cemiterios: o político Xosé Cuiña, o pintor Xaime Quessada, tamén a profesora e amiga Helena Arnáiz, militante de vello da Esquerda Unida auriense. A morte de Xaime Quessada dalgún xeito pecha unha etapa da historia cultural ourensá e galega: aquela que chanta as súas raíces no de-saparecido "Volter" (para vergoña dos ourensáns), arredor de Vicente Risco, agarimados os poetas e artistiñas cos murais logo destruídos de Xosé Luís de Dios e do propio Xaime.
Quessada foi un artista dun novo Renacemento: capaz por igual de dialogar co seu tempo (Picasso, Bacon) e cos clásicos doutrora (de Velázquez a Goya). Foi un artista ben valorado e a súa obra está en múltiples museos e centros oficiais de toda Europa: el queixábase acotío, sobre todo dende os anos 80, dunha certa postergación por parte da crítica, pero o certo é que sempre tivo valedores. Seguirá a telos.
Deixa unha obra abundante, poderosa, multiforme, que se expresa nun cento de linguaxes artísticas. Deixa tamén a lembranza do seu compromiso democrático contra esa ditadura que Fraga non cesa de reivindicar. Quedará tamén, para todos, a presenza da súa peculiar iconografía nos carteis e nos grandes murais. E non será esquecido.