12 nov 2007

do que fala hoxe todo o mundo...

A opinión de Juan Cruz no seu blog

Creo que el Rey reaccionó como cualquiera que quiere escuchar el argumento de otro mientras un tercero perifonea, y pienso, también, que este incidente diplomático, que tiene un calado distinto a la nata que se ve, se disolverá pronto, bastante pronto. No es que yo me las dé de pitoniso, pero me parece que países tan grandes y tan condenados a entenderse no pueden distanciarse sólo porque alguien le pida a otro que escuche un rato, hombre. Acostumbrado a cantar, y cuando se canta no se escucha, Chavez quiso ser el único vocalista, y el Rey se cansó. ¿Que ha sido espectacular la salida? Alguna vez tendría que ser, ¿o por ser monarca no se tiene sangre en el cuerpo?
Por qué no te callas. Me quedo con la frase. Dará que hablar, pero será declara de utilidad pública.


PAN POR PAN martes 13 novembro
"Por qué no te callas?". Hoxe quería escribir doutra cousa, pero véxome obrigado a cambiar o tema: todo o mundo fala do mesmo, El-Rei e Chávez. E non quero fuxir de amosar a miña opinión neste caso. Esta: non fai falla ser monárquico para darlle a razón a El-Rei na súa reacción tan humana como visceral. Primeiro por educación: cando unha persoa está falando, na súa quenda, as demais deben escoitar, tamén un líder populista, aínda que estea convencido de posuír a verdade absoluta. En segundo lugar, non era de Aznar do que tocaba falar e o expresidente español non estaba alí para defenderse. Se El-Rei non dixese nada, tamén estaría ben: Chávez quedaría como gobernante maleducado e Zapatero aguantando a chaparrada. Pero o incidente non sairía nos telexornais. Que Aznar felicite a Zapatero pola defensa institucional que fixo este: esa si que foi unha gran noticia, insólita.

en poleiro alleo
"Luces da estatística", de Víctor Freixanes (LVG 12 nov.). Sobre os consumos culturais dos galegos e as prioridades dunha política cultural.
A conselleira Ánxela Bugallo ten razón cando di que hai moito camiño por andar. Mais tamén debemos ser xustos con nós mesmos e saber de onde viñamos, dende que lugar partimos para superar o atraso. Os índices medios de lectura en Galicia andan arredor do 52% da poboación, que se considera lectora, segundo a Federación do Gremio de Editores de España. En Portugal, con metodoloxía e parámetros semellantes, a porcentaxe non chega ao 50% (Ac Nielsen). A media europea anda próxima ao 59%, segundo se contemple poboación maior de 10 anos ou de 14 anos.
O que nos debe preocupar e cómo e onde establecer prioridades para avanzar na mellora destes parámetros: dotación de bibliotecas, profesionais e fondos bibliotecarios (Vigo segue estando deixada de todas as Administracións); profundizar nas iniciativas de base (clubes de lectura), formación específica de animadores e educadores, apoio a iniciativas de risco, compromiso dos medios públicos de comunicación? A recente Lei do Libro e o Plan da Lectura deberían abrir portelos para a esperanza, se se concretan os recursos e se manteñen no tempo as actuacións.
(Recoméndolles tamén o artigo de Ramón Loureiro hoxe na Voz, sobre o cadro de Goya, Can enterrado na area. Non o encontro en Internet para poñer a ligazón)






















unha xornada con R. Villares en Auria
Nas fotos: Ramón Villares, a súa dona Berta; Afonso Monxardín, a súa dona Belén Lorenzo; o historiador Xosé R. Quintana; Clotilde Iglesias, filla de "Tacholas", este que asina, e Blanco Amor en bronce da man de Xosé Cid, na praza do Bispo Cesáreo. A maioría das fotos fíxoas Afonso, agás na que sae el que está realizada pola súa muller (clicando poden amplialas, xa saben).

A MALA SORTE DE GALICIA
La Región 12 novembro (Na foto, Otero Pedrayo, Carlos Maside e Cunqueiro)

Mala sorte. “Galicia ten mala sorte medioambiental” dicía esoutro día nunha entrevista Joaquín Araújo. E non se refería as condicións biolóxicas do país, un auténtico paraíso, como nos contou na súa conferencia: as súas rías, serras, fragas e illas. Referíase ó desmantelamento dese paraíso, ó urbanismo sen planificación, ós desastres ecolóxicos e a inoperancia de moitos políticos. Ante o desleixo de boa parte da poboación galega. Galicia perdeu nos 70 últimos anos un total de oitocentas mil familias que vivían no agro e do agro: con eles foise unha cultura milenaria que algúns alcumaron como atraso e miseria. Esa é unha das razóns, sen dúbida, dese desleixo: vivimos nun país desconcertado, sen referentes, que ignora as súas raíces, subsumido nunha realidade de ignorantes novos ricos.
25 anos. Vintecinco anos cumpren as viñetas de O Carrabouxo e vintecinco anos cumpre o Outono Fotográfico de Ourense. Noraboa a Xosé Lois e a Benito, dous dos esteos máis valiosos da vida cultural ourensá. Dúas mostras tamén do que se pode facer con intelixencia e boa vontade, sen precisar sequera de grandes infraestruturas. Nunha ocasión veu a Auria o responsable dunha das entidades culturais máis potentes de España, cunha Caixa por tras: cando coñeceu o labor do Outono Fotográfico, díxolle a Benito Losada: “Dende logo, debedes ter un gran equipo e bos orzamentos para facer todo isto”. Benito respondeulle cun sorriso, deixando que aquel home de acento catalán crese que detrás do Outono había unha gran infraestrutura que, na realidade, repousa case ó cen por cen no protagonista da anécdota.
40 anos. E corenta anos cumpriu a Auriense, fundada o 11 de novembro de 1967. Celebrouse cun sinxelo acto na Praza do Correxedor e coa participación de tres responsables de diferentes épocas: Nemesio Barxa, Xosé Lois González e Montse Gómez. Un acto sinxelo pero efectivo. Mágoa que non estivesen presentes moitos dos directivos da primeira época que viven en Ourense como Xosé Lino Vázquez Monxardín ou Carlos Guitián. Conta a Auriense cunha longa historia, aínda por estudar con detalle, na que houbo voces plurais. Entre as primeiras voces estiveron Otero Pedrayo, Ferro Couselo, Xoaquín Lorenzo, Blanco Amor. O acto rematou cunha ofrenda floral a don Ramón, na escultura de Buciños que preside a praza: eu poñería ós seus pés a bandeira galega, a que sempre respectou Otero, que envolveu o seu cadaleito, e non unha bandeira dun partido, creado nos últimos meses da vida do mestre.
Por fin. Ó Partido Popular parécelle cedo. Non había presa por eliminar os últimos nomes franquistas do rueiro,din. Pero, señores, levamos 30 anos de democracia! Teñen algún problemas cos nomes de Santa Eufemia, a Concordia e Ribeira de Canedo? Pois logo! Noraboa á maioría municipal do PSdG e do BNG na súa proposta, aprobada no último pleno. Tardía, pero chegou ó fin. Por recuperar o sentidiño.