Aló, Presidente!!! Aló
ANXO TARRÍO VARELA
Galicia Hoxe, 22.07.2009
ANXO TARRÍO VARELA
Galicia Hoxe, 22.07.2009
"Non sei como tratar un asunto desta entidade. Un asunto que percibo como de extraordinaria importancia política e que porén chega á cidadanía a través dos medios como unha especie de minucia protocolaria e festiva á que non hai que prestar maior atención. E malia todo, este discurso de Feijóo podería estudarse en calquera escola de retórica como paradigmático en varios planos: discursivos, performativos e ideolóxicos". Estas palabras emitidas por Arturo Casas no seu blog (landoas.blogaliza.org) o día 19 de xullo referidas ás que Núñez Feijóo pronunciara o día nove, parécenme dunha seriedade hermenéutica que ben merece algunha glosa nesta modesta columna a fin de que a súa improbábel lectura oriente a quen lea a consulta en liña da minuciosa disección que o profesor Casas fai das palabras do Presidente dende os presupostos teóricos, entre outros, da Análise do Discurso.
Xa no seu día me chamara a atención o titular con que Galicia Hoxe saía en portada o día dez deste mes sobre a citada intervención que a véspera fixera o Presidente da Xunta de Galicia nun acto tan sinalado como o da conmemoración do 25º aniversario da creación do Consello da Cultura Galega (CCG). Alí pode lerse: "Feijóo espeta diante do CCG que Galicia non está no monte Medulio". Hai neste magnífico titular dúas palabras nas que non sei se o lector do xornal reparou pero que resumen á perfección a estrutura discursiva de fondo sobre a que está elaborado o texto que prepararon os colaboradores do señor Presidente. Por unha banda, está a forma verbal en presente histórico (nunca tan negativamente oportuno): espeta, do verbo espetar, que en todas as súas acepcións ten os mesmos significados tanto en galego coma en castelán, pero que neste contexto vale por "Dicir ou facer algo dun xeito brusco ou violento; chantar" (Gran Diccionario Xerais da Lingua). A cortesía impediu que os redactores do titular non fixesen do CCG complemento indirecto da oración, cousa doada de perpetrar variándolle levemente algunhas cousas, como introducir nela o pronome enclítico "lle" (non proclítico, Presidente), despois do verbo principal, e pouco máis. E foi oportuna esta redacción porque Núñez Feijóo fíxo de todos os galegos os destinatarios do aviso que, efectivamente, nos espetou en primeira instancia diante CCG, que é unha das sinécdoques representativas do ser total do noso País. E ese aviso, que constitúe de seu, á parte dun insulto á intelixencia, unha obviedade xa ben superada hai moito tempo, non é outro que o que reza o complemento directo: "Galicia non está no monte Medulio". E velaí a outra palabra (mítica) que eu quería salientar: Medulio. Unha palabra que, na intención de quen lle elaborou o discurso ao Presidente e, xa que logo, do Presidente mesmo, vale tanto como dicir "durmida", "aló no pasado remoto", "resistencia aos cambios", "anacronismo", "fóra de actualidade", "pechazón autista", en definitiva, todo aquilo que o PP dá por sentado que nos define, incluído moi especialmente o empeño en non querermos desaparecer como Nación diluídos nun concepto trangalleiro, aqueloutrado e doente do Estado Español nin renunciar á nosa lingua a favor do castelán. Pero mellor conecten con landoas.blogaliza.org, que non está no aló, senón no acó dos tempos.