5 feb. 2008

A boina vai cambiando de partido (Sarille, ECG 5 febr.)

Hai dous cambios na política galega nos que paga a pena fixarse. Un atinxe ao Partido Popular, que cada día é menos rexionalista. O outro ao BNG, que vai collendo a remuda da boina e adáptase sen sobresaltos ao ideario dos populares do rural; instálase nun conservadorismo propio de quen leva lustros no poder, aínda que acaba de chegar.
Na dereita ten cada vez menos peso aquela tendencia que se facía chamar galeguista. O PP de Galicia é xa igual que en calquera outro territorio, perdeu as características diferenciais da época de Fraga, apagou os fogóns ideolóxicos e presenta exclusivamente os pratos que lle cociña a dirección española. Os boinas, aqueles populistas de extracción aldeá desaparecen dos centros de decisión, substituídos polos novos candidatos, figuras en ascenso que apostan abertamente polo españolismo e polos valores hexemónicos da clase media de provincias, consistentes en medrar imitando exactamente a metrópole madrileña, a estas horas extraordinariamente dinámica. O vello discurso galeguista foi empaquetado e o adaptábel Núñez Feijoo acomódase aos novos tempos, sen facer referencia ao amor á terra, a non ser que lle pregunten por ela.
Mentres iso sucede no PP, o discurso do BNG adelgaza moito, fáltanlle nutrientes e caracterízase pola pobreza de obxectivos e unha concepción de Galiza moi cativa, como nunca fora vista na historia recente do nacionalismo. Todo se reduce a traer o AVE, ser alguén na política española e ao orgullo de sermos galegos, como no anuncio, sen que saibamos cales son obxectivos, que Galiza imaxinan, nin cales son os pasos para dar a dous anos vista, sen ir máis lonxe. O nacionalismo, que sempre presumiu de ir por diante, de ter o groso da intelixencia, de ter trazado o debuxo do futuro, naufraga e transparenta un galeguismo rudimentario.
Soldar Galiza cunha modernidade identificada require dun grande esforzo, ao que o BNG renunciou. Relocen as festas gastronómicas e a idealización da aldea nos discursos do seu líder, mesturados con infraestruturas e poucas cousas máis. A boina emigra para o BNG. Falta saber se terán clientes para esas danzas.
EN POLEIRO ALLEO. Dimito porque non quero estar dominado pola extrema esquerda": Abel García López. O concelleiro nacionalista de Ferrolterra, "xudeu de corazón", abandona o seu partido ó crer que "o Bloque non lembra o Holocausto e ataca a Israel. "Están sempre a favor dos palestinos, pase o que pase", denuncia.

Lembranza do Aconcagua (Afonso Monxardín en Galicia Hoxe)

"El niño que huyó de Polonia" (Pilar Rahola en La Vanguardia)
"El BNG consiguió lo imposible: alinearse con la extrema derecha. Será que los extremos se tocan. Y será que, en nombre de una pretendida solidaridad con los palestinos, hay partidos de izquierdas que desprecian el horror nazi, que no sienten ninguna piedad por las víctimas judías y que son los culpables de la banalización actual del holocausto. Más allá de las simpatías de cada cual con los protagonistas de un sangrante conflicto que dura décadas, los millones de europeos asesinados son víctimas puras, y su desprecio es una vergüenza lacerante. En fin. Un motivo más para creer que determinada izquierda llega a tal nivel de dogmatismo que acaba siendo cómplice de los sectores más reaccionarios de la historia. Lo dijo un diputado del BNG: "Nuestros amigos son Irán, Libia y Venezuela". Todo queda dicho."

Momentos de verdade
Andoliña martes 5 febreiro

Seguín a gala dos Goya na noite do domingo por TVE. Aínda que non vin a maioría das películas que concursaban, as referencias que tiña de cada unha delas servíronme para facer a miña quiniela de premios, que ó cabo foi bastante atinada: non houbo grandes sorpresas. Como se agardaba, El orfanato saíu ben parada, pero non arrasou. Por parte galega, un novo éxito para Filmax: a miña noraboa. Non me convence moito o humor do señor Corbacho coas súas parodias nestas galas, pero quizais sexa problema meu: o discurso da falsa González Sinde, cos datos sacados do Google, si que estivo ben simpático.
Na gala houbo algúns momentos de verdade, por riba do artificio escenográfico. Por exemplo, o discurso de Alfredo Landa, inconexo e incoherente: oxalá fose só pola emoción. E a entrega do premio a Invisibles, o documental patrocinado por Javier Bardem e impulsado por Médicos Sen Fronteiras: as súas últimas vítimas en Somalia foron tamén relembradas e o escenario encheuse de verdade e dignidade. E a emoción chegou tamén ó remate da gala, co premio á mellor fotografía, cando o galardoado, José Luis Alcaine, recitou de memoria trece nomes de muller: vítimas inocentes, as Trece Rosas.