29 mar 2006


Da necesidade do laicismo na escola (Pan por Pan mércores 29 marzo)
O sociólogo francés Alain Touraine é un dos ensaístas máis relevantes do noso tempo, autor de obras como “¿Qué es la democracia?” ou “¿Cómo salir del liberalismo?”. A revista “Cuadernos de Pedagogía” publicou unha entrevista con este pensador na que di algunhas das verdades do barqueiro: “A escola é a célula fundamental da nosa sociedade. O resto son apéndices”. Explica as causas da revolta das “banlieus” de París como “unha situación de desintegración dos integrados; son persoas integradas pero nunha sociedade tan desintegrada que viven do roubo, a droga, o traballo informal. É unha situación case de suicidio”. E pronúnciase no debate do veo con radicalidade: non ao veo, si ao laicismo. Sen negar a diversidade cultural na escola, este é o momento da laicidade, a cidadanía e a independencia de todos os poderes relixiosos
(Na imaxe, a Flora de Tiziano).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Creo que sendo realistas, é difícil na actualidade, excluír a relixión do mundo das escolas, pero había que reducila a actividades extraescolares fóra de horario. Deixámoslles as instalacións gratuitamente para facer proselitismo do seu e grazas.
Aínda que, sendo realistas, vai ser difícil, polo que se me ocorre que deixando de lado caralladas de materias como "historia das relixións" -tema a incluír, como a historia da arte, do pensamento ou do que sexa na propia meteria de historia, cumpria facer unha materia nova alternativa.
Duramente, sería "Laicismo". Onde se proxectase unha visión arelixiosa do devír historico. Isto é, onde se explicase que as inquisicións, as fatuas, as queimas de bruxas de Salem, a guerra de Irlanda do Norte, as masacres dos trens cando a independencia de Pakistan, etc. tiveron todas unha orixe semellante, e que o mundo evolúe a mellor a medida que se afasta do dominio do pensamento relixioso. Galileo fixo ben retractarse, porque foi abrindo un camiño.
Proselitismo do pensamento laico e laicista. Hai que ser bos,por sermos solidarios e boa xente coa xente, non porque haxa que ir ao ceo. O ceo, esa esperanza, fai posible os atentados islamistas, por exemplo.
Unha materia de laicismo como alternativa á relixión e non perdas de tempo como o Estudo Alternativo que é, como todos sabemos, unha carallada.