11 mar 2006


De botellóns e macrobotellóns
Os mozos teñen dereito a divertirse. Se antes cumpren coas súas obrigas: estudar ou traballar, segundo os casos. Cando xorde un fenómeno sociolóxico como o botellón, isto non é gratuíto. É froito dalgunhas pulsións propias do ser humano como o gregarismo ou un certo aceno de transgresión. Tamén un xeito de defensa contra os abusos dalgúns hostaleiros: prezos siderais, bebidas de garrafa, etc. Mesmo hai locais onde cortan a auga dos servizos para logo cobrarlles aos rapaces tres euros por unha botelliña de auga. Así nace o botellón. E nunha sociedade de masas, o paso seguinte é o macrobotellón. Pode haber riscos moi negros nestas formas de lecer: consumo de drogas, alcoholismo, o imparábel goteo de mozos mortos en accidentes de tráfico. Ademais das molestias aos veciños e o vandalismo dalgúns pailáns. Eu preferiría que se xuntasen seis mil mozos en Vigo para outras cousas, pero ...
(Imaxe: un cadro do artista arxentino Diego Manuel Rodríguez)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Un problema que pode ser ou non ser un problema, depende como se mire e de quen se fale. En calquera caso, ten difícil solución.
Parabéns polo blog.

Marcos Valcárcel López dijo...

Grazas polos parabéns, Ricardo. Do outro, o do botellón é só unha das tantas mostras da dobre moral da sociedade co mundo dos mozos. Velaí a televisión, a publicidade, o cine, a música... preséntanse como donos dun paraíso no que logo case non poden decidir nin opinar.