Galería de personaxes de hoxe
(Andoliña venres 24 marzo)
Velaí unha galería de personaxes de hoxe. O primeiro deles é un home brután, machista, que cuspe un taco tras doutro mentres corta anacos de xamón entre berros. O segundo, un mozo que é consumidor de sexo impulsivo, incapaz de controlarse, curtiño de entendedeiras e ao que lle sae mal todo aquilo no que se mete. O terceiro dos nosos convidados vai de chulangueiro que presume do seu dominio coas mulleres, que, por outra parte, se burlan del canto queren. O cuarto, un home indeciso, incapaz de seguir a velocidade mental da súa compañeira, que pasa os días no psicólogo consultando os seus múltiples problemas emocionais. O quinto, un froiteiro de longos mostachos, que só pensa en explotar aos traballadores e estafar os clientes, ademais de ser racista contumaz e odiar aos inmigrantes...
A lista podería seguir con outros 30 personaxes máis: vostedes recoñecerían varios arquetipos masculinos en populares series de televisión actuais. Xa sei que a televisión non é a realidade, pero... Para moita xente a TV si é un espello da sociedade. Polo que resulta inevitábel preguntar: Todos os guionistas deste país son mulleres a exercer algunha demorada vinganza polos agravios doutrora?
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 2 semanas
3 comentarios:
Fala de cinco pero na foto soio vexo a tres, ¿estarei mal da vista?
Boa parte do humor segue consistindo en rirse do outro. Cando menos, no que se cre que é "o outro".
As pingas de humor próprio son pouco convincentes. E non falo da Galiza nen da TVG e da Rádio Galega, onde o nível era bastante superior ao espanhol.
para anónimo: na foto faltan personaxes citados como o Raúl, que é o mozo compulsivo; e o estafador, cuñado do Santiago creo, que vai de ligón e todo iso. E o dos mostachos é o froiteiro de "Siete vidas". Pero hai moitísimos máis do mesmo estilo... Humor castizo, en calquera caso, abondo fácil, tópico e estereotipado.
Publicar un comentario