Sobre ETA e as "organizacións armadas"
Interesante, provocador e polémico o artigo do amigo Monxardín hoxe en GALICIA HOXE.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 2 semanas
16 comentarios:
Si, señor. Interesante, polémico e pode que provocador, pero tamén xusto artigo. Xusto con Sixto -¡probe Sixto, que nos foi chamando un por un, a todos, antes de morrer, pra nos facer encomendas encol de todo canto amaba! encomendas, algunhas delas, de moi difícil comprimento, séino ben e il morreu ignorándoo- pero tamén con Rodríguez pois a evolución do BNG, daquel BNG que tan ben retrata Afonso, ata este de hoxe non é atribuible únicamente ó señor da Reboraina, senón a un colectivo, a un cumio, comandado en parte por el, que foi quen o propiciou-dirixeu; e máis que o terá que seguir facendo, se non queremos quedar nás únicas mans de dous partidos de obediencia algo máis que galega. MOita man esquerda, moita man dereita, van facer fall; e oxalá teñamos no centro unha cabeza pensante que as coordene. Ó que íamos, magnífico artigo, oportunamente rescatado e posto ó par das uvas a madurar na solaina. E xusto, igoalmente, pra coa xente que berrou aquelas consignas e agora sabe ollar pra atras, estar no presente e ollar ó tempo pra adiante arredados daqueles maximalismos que tanto fixeron sofrir a xente como sixto, pero tamén como Casares ou Piñeiro...ós que sempre regresaremos.

Verdades como templos son as que di Monxardín neste seu artigo. Neste mundo no que (case) todo son complacencias e complicidades oportunistas, opinións coma estas son xustas e necesarias... e valentes. Parabéns ao autor.
Ah, polo que eu entendo, o artigo non vai só "Sobre ETA e organizacións armadas". Tamén vai, sobre todo, doutra cousa. E conviña reflectilo no título do post para mellor información dos lectores. Sen dúbida, un pequeno descoido polas presas.
Súmome ás fecilitacións ó autor do artigo.
Partindo de que melhor seria que ETA non houvera existido, o PSOE nunca condenou as accións dos GAL; ainda mais, o Estado mantivo co erário aos membros presos.
De falarmos de terrorismo, penso que o de estado é o mais grave.
Saúde.
Escollín como título "Sobre ETA e "organizacións armadas" porque me pareceu de maior actualidade nestes días, pero efectivamente o artigo fala de moitas máis cousas: da historia do BNG, do papel do deputado F.Rodríguez nesa historia, do que se chamaba en tempos "papanatismo vasco" (non só no BNG), de tolerancia e xenerosidade, de eufemismos e verdades, etc.
Que criterios de distinción (máis grave/menos grave) usará Galeidoscopio para dictaminar que un terrorismo é peor que o outro?
Gustariame coñecelos.
Político-cultural, se non che parece que calquera acto delictivo (e xa non digamos o terrorismo) ten moita mais gravidade cando se comete desde as institucións do Estado, pois nada: viva a anarkia.
Un saúdo cordial.
Segue sen decirme cales son os seus criterios (políticos? éticos?). Só enuncia que un é máis grave que outro, pero non dá argumentos ningúns. Gustariame lelos, se tal é posible.
Pola miña parte, direille que, na orde moral, os dous teñen a mesma entidade.
Galei' e Poli-Cul, creo que hai que montar un "terroristómetro automático" alimentado por enerxía solar que analisase varias varibles autónomas: número e idade das vítimas, nivel de respecto liberdades persoais do país onde se desenvolve, nivel socioeconómico do conxunto... Ou, se cadra, mellor facer funcionar aquilo, ¿como se chamaba? Sentido común. O vello "sentidiño", e xa está.
Europa occidental e o berce das liberdades do mundo e o exemplo máximo de tolerancia e convivencia. Aquí non hai nin pode haber, terrorismo.
¿Sociedade perfecta? Obviamente non, pero todas as demais menos. Ademais -agás que mo desminta Kim Jong II ou Fidel- o espellismo comunista, baseado na idea máis pura e fermosa da humanidade, sermos todos iguais,foi un fracaso.
¿E que pasaría se houbese un grupo terrorista de centro que atacase por vías extralegais, aos que queren desfacer o sistema, por ambas partes?
Hoxe, obviamente, non é preciso, nin útil, nin viable, nin entendible... pero se cadra noutros momentos da nosa historia tería sido unha idea atractiva.
Os GAL, un tremendo erro de político e de xestión,non foron, en absoluto, un grupo fascista. Eran un grupo que usaba o terrorismo -polo que era un grupo terrorista- contra outro grupo terrorista. Ningún mellor co outro, por suposto.
Que non nos pase co "terrorismo" como coa "felicidade" e os filósofos. Todos sabemos cando somos felices aínda que non saibamos definir a felicidade.
O terrorismo tamén o coñecemos todos. Ese costume de matar nenos que comen nunha pizzería de Tel Haviv ou mozos que queren ser policías en Bagdad ou concelleiros doutras ideas políticas por aquí, non é máis que terrorismo.
Hai outros de máis baixa identidade, facer vacios,encirrar a un pobo contra alguén, facelo sentirse estraño, etc.
Todo isto do terrorismo xa me está fartando. Creo que os encarapuchados só lle estaban facendo propaganda a Casper. Hai que falar menos de política nos xornais (somos o país de Europa que máis lle dedica) e falar de cómo se prepara un bo churrasco, do lugar onde mellor cantan os paxaros, dos solpores máis bonitos, das empanada máis grande de zamburiñas do planeta, etc. da recuperación da billarda como deporte folk, etc.
Máis samba e menos política.
Saúde, meus.
Imos ver, P-C. Se es da xente que cando lhe perguntan se ten hora, resposta que si ou que non, ti verás.
Cando o autodenominado Estado de Direito viola os seus fundamentos básicos, prodúcese uma contradición que invalida calquera princípio de convivéncia (e non se trata de fundamentos xurídicos de papel).
Ainda que se quera plantexar interesadamente asi, non estamos "humanamente", nen éticamente, perante un conflito entre iguais. A menos que reconhezas o direito à autodeterminación de Euskal Herria e o seu direito a constituirse en estado, conforme a lexislación internacional, a posuír un exército "legal".
É vostede moi confuso, segue sen explicarse, Galeidoscopio. Se pode, sexa máis sistemático na súa exposición argumental.
Se queres, fala na minha ou na tua bitácora. Non fagas perder mais espazo e tempo.
Saúde.
Vale, pois mirarei as súas explicacións na súa bitácora.
Político-cultural, se realmente falas de boa fe, podias comezar por xustificar a tua posición.
Un saúdo.
Publicar un comentario