Da nosa lingua e das estratexias do BNG: un artigo de X.M. SarilleQuero chamar a atención sobre o artigo "Política rexionalista para a linga", publicado o martes 4 de abril en
"El Correo Gallego" por Xosé Manuel Sarille, un dos históricos da Mesa de Normalización, na súa sección "Política rexionalista para a lingua". O artigo parte do recente estudo do Consello da Cultura Galega e con tino recoñece que facer estudos cuantitativos sobre a lingua non é facer política lingüística
("tampouco a política económica consiste en facer estudos sobre a economía senon en activar medidas políticas concretas para dirixila e lograr resultados").
No remate da súa columna Sarille fai unha interpretación moi crítica da ausencia de políticas lingüísticas no goberno actual e do que el considera unha mudanza das estratexias existentes ata agora no BNG. Paga a pena reproducir este parágrafo que, creo eu, tamén di en voz alta o que en voz baixa están a dicir moitos militantes nacionalistas país adiante
:"Resulta positiva a publicación destes datos? Nin si nin non, porque non inflúen na conduta dos falantes e porque a política que se aplica desde os gobernos é xorda, vai por libre e non ten en conta estas estatísticas. E porque o gran problema non é saber polo miúdo como está o campo de xogo. O problema é que non se vai xogar ningún partido. No último medio ano produciuse un cambio fundamental. A nova cúpula do BNG adoptou outra visión do idioma. Xa non son aquelas executivas que pretendían facer unha política lingüística semellante á de Jordi Pujol, de recuperación decidida e serena. Agora fan unha política semellante á do centrismo rexionalista, tipo PNG e CG. Este é o gran dato sociolóxico, porque pode ser a puntilla pra o idioma galego. Demasiada viaxe para chegar a isto".
1 comentario:
Sarille é un carallán de moito tronío, foino sempre, e sempre o será.
Pero neste artigo ten toda a razón do mundo.
Publicar un comentario