22 abr. 2006


De sombreiros, vodas e xentes algo pailáns
Un amigo mandoume esta foto da popular voda gai do PP: quero dicir, do concelleiro de cultura ourensán, Pepe Araújo. Entre os convidados esta señora con sombreiro das carreiras de cabalos do Reino Unido. Se non son de Ourense, ao mellor non a coñecen: é bastante próximo ao noso alcalde. País!

6 comentarios:

PEPE dijo...

A que vai con ese sombreiro e ese "modelito" tan fóra de lugar é a esposa do alcalde Cabezas, a única e inigualable Ada.

ünica e inuagualable, porque se houbese algunha máis coma ela, a cidade das Burgas quedaría despoboada.

Ela é a que encirra o alcalde a... (ben, xa se sabe), e a encargada de dirixir, manu militari, as obras da mastodóntica mansión familiar nas aforas de Ourense.

Etxeokeai Fernandez dijo...

Seica foi para que ela pisase alfombra vermella que se fixo o Festival de Cine, e andando o tempo, que este absorbera a Concellería de Cultura...
Algo de bo ten que ter esta muller que tanta unanimidade de rechazo provoca.
Ata me vai caer simpática, cos seus labios salchicha e a súa ausencia de ridículo.

Anónimo dijo...

Se queredes ver máis esperpento entrai neste enderezo :
http://www.laregion.net/gallery/view_album.php?set_albumName=album08&page=1

E ollo ó can,se o contador de visitas non está trucado, "flipai pola patiña abaixo".

XulioDRabal

Boedense dijo...

Vexo que a cónxuxe do alcalde ourensán non suscita admiración entre os veciños. Irei indagando pouco a pouco sobre esa persoa que describides. Un saudiño

Peke dijo...

Non lle aplaudo o gusto, pero respéctoo.

Anónimo dijo...

Respectar, o que se di respectar, todos lle respectamos o mal gusto.