30 abr. 2006


O dereito "necesario" de criticar as relixións (El País, 30 abril 2006)
"As sociedades que non defenden aos individuos que critican ou cuestionan relixións ou calquera tipo de idea estanse equivocando e están destinadas a acabar tiranizadas e a perder a súa liberdade." Esta frase, pronunciada no debate "Ídolos e insultos: literatura, relixión e liberdade de expresión" por Ayaan Hirsi Ali, recibiu o pechado aplauso dos asistentes a un dos máis esperados debates da segunda edición do PEN Voces do Mundo, ao que tamén estaban convidados, xunto a Cebrián e Göle, o escritor indio Upamanyu Chatterjee, o intelectual alemán Hans Magnus Enzensberger e o suízo de orixe exipcia Tariq Ramadan.
Hirsi Ali, que foi presentada polo moderador do encontro Ian Buruma, escritor holandés, como "o Voltaire do mundo musulmán", coñeceu nas súas carnes a persecución relixiosa polos seus sarcásticos escritos contra a interpretación máis ortodoxa do islam e en concreto contra o tratamento que reciben as mulleres no ámbito desa relixión. Ela foi a guionista da polémica película Submissions, pola que o director holandés Theo van Gogh foi asasinado en 2004 a mans dun extremista islámico en Amsterdam e pola que aínda hoxe está ameazada de morte. No filme nárranse, en clave poética e á vez brutal, catro historias de mulleres maltratadas polos seus maridos e reprodúcense as frases máis degradantes do Corán contra a muller.
Quizias por iso a voz de Hirsi Ali foi unha das máis duras fronte ao que denunciou como "pasividade de Occidente" ante os ataques do extremismo islámico contra a liberdade de expresión. "A relixión ten que poder ser criticada. É necesario, é urxente. Todas as relixións o foron e esa posibilidade de crítica levou ao mundo occidental á prosperidade e á paz. Sen embargo, hoxe hai unha crecente autocensura de xornalistas e políticos occidentais, que tratan de minimizar as súas críticas contra o extremismo musulmán por medo ás súas reaccións", clamou. (Na imaxe, a deputada e escritora holandesaz Ayaan Hirsi Ali).

4 comentarios:

Anónimo político-cultural dijo...

Esta muller ten toda a razón do mundo no que di. Todo debe e pode ser criticado, relixións incluídas.
Pero, por desgraza, hai hoxe en día unha moda progre (o politicamente correcto trufado de multiculturalismo), que avoga pola inhibición, por deixar espazos inmunes á crítica, por avalar implicitamente actitudes e crenzas que non son, en absoluto, de recibo nunha sociedade aberta e tolerante.

Anónimo dijo...

Hoxe é primeiro de maio, pero voume quedar na cama igual, que a música sindical, nunca me soubo levantar.
En cambio, se houbese unha manifa para defender a liberdade de expresión sen ningún tipo de (auto)represión, alí estaría.

Peke dijo...

Si, eu tamén concordo con esa muller.

Eu dijo...

A deputada esta Ayaan Hirsi parécese a Etó.