11 abr 2006


PAN POR PAN martes 11 abril
“Gallego,ga. Del lat. Gallaecus. 1. adj. Natural de Galicia. 2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España. 3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste que viene de la parte de Galicia. 4. adj. Ant., Arg., Col. Y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. 5. adj. C.Rica. Tonto (falto de entendimiento o razón. 6. adj. El Salv. Tartamudo”. Velaí, literal, a definición de “Gallego” na última actualización do Dicionario da Real Academia Española, que provocou unha protesta dun deputado do BNG no Parlamento Galego. As acepcións quinta e sexta, din que vivas en Costa Rica e no Salvador, son sen dúbida denigrantes, Cando menos, deberían sinalarse como formas despectivas ou arcaicas. Ou ben ser suprimidas: como o foi a acepción “bruto” que figurou tamén nese Diccionario ata 1958, en que foi retirada por petición de Camilo José Cela.
(Imaxe: obra do artista expresionista Van Dongen, 1930).

2 comentarios:

galeidoscopio dijo...

Paréceme ben a iniciativa mas prefiro que retiren o trato despectivo cara a nosa cultura, a nosa língua, a nosa política ou o noso sotaque.
(Às veces tenho problemas técnicos para deitar os comentários).
Saúde.

torredebabel dijo...

tamén, xa que estamos, que retiren a costume de chamar "gallego" a calquera español que pise a Arxentina (que cadaquén pide dende onde está!). Odio ouvir como acá son galegos os andaluces, os catalán, os vascos e os madrileños. E, se non é moito pedir, que quiten tamén o costume de contar chistes nos que todo parvo é galego. E, se non fora moito, que quiten tamén o costume de falar en castelán nos actos galegos na Arxentina...