4 abr. 2006


PAN POR PAN martes 6 abril
Todos no mundo podemos equivocarnos. Ata unha empresa tan forte e poderosa como Coca Cola. Vostedes xa verían ese anuncio de Fanta entre surrealista e extravagante que fai un xogo sobre uns amigos na praia e unha Fanta que desaparece e regresa “como centollo de ocho patas”. Pois ben, o Concello de O Grove protestou ante Coca Cola porque o que sae no anuncio non é un centolo, senón un boi de mar. Metedura de zoco que de inmediato detectaron os CSI de O Grove onde o centolo é unha imaxe rexistrada polo concello como insignia da súa festa do marisco: a empresa xa prometeu rectificar. O boi de mar (de nome científico cancer pagurus) é máis liso na súa cuncha e ten forma ovalada, con unllas negras nas pinzas, mentres o centolo (maja squinado) é máis redondeado e rugoso na parte superior da cuncha. En calquera caso, o certo é que os dous bichiños, ben preparados, están moi ricos…

4 comentarios:

fisterrán dijo...

Que cho digan a ti, camarada, afeito como estás ás mariscadas estivais da Costa da Morte.É broma. O certo é que a anécdota éche ben graciosa. Calquera día confunden unha robalisa á brasa cunha caldeirada de raia (desas que tanto lle gustan á súa merecede).Saúde.

marcos valcarcel dijo...

Amigo fisterrán: a estas horas do mediodía é un auténtico atentado á moral lembrarme as caldeiradas de raia e os bois da túa terra. Quen me dera a estas horas facer unha viaxe astral ata o Sardiñeiro ou a Langosteira e invocar alí os fados poéticos ao carón dos froitos vizosos do mar. Unha aperta.

fisterrán dijo...

Pois xa sabes, vai sacando o bugha do gharaxe, bótalle jasofa, sobe ao faiado e sácalle as tearañas á tenda de campaña, pecha con sete candados a porta da túa casa barbadense ou barbadesiana (coma queira que se digha) e achéghate, nesta Semana Santa, ata este fin de mundo noso que tamén e teu-voso (da Eire e da María tamén, por suposto).Xa sabes que por aquí tedes "palaxas" de casas cos brasos ben abertos e a marea está baixa para acheghármonos ás "Pardas" a apañar pateiros, bois e sentolas ou o que fagha falta, compañeiro.
Oes, Albertito xa che puxo os camaróns a coser.Alghunha croquetiña, seica, tamén lle queda. Un abraso fisterrán

Anónimo dijo...

jkgdsakhdg penis enlargement pills, TChPCOG, [url=http://www.male-sexual.com/]Penis Enlargement[/url] falsfhlashlf