PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
8 comentarios:
Canta razón. Pobres daqueles que non teñen o mar preto.
Os de Ourense, por exemplo.
Os de Ourense, por exemplo.
Desde Ourense vese o mar.
Desde os curutos da serra do Suído no concello de Avión e Beariz, na cima da Serra que xunta nas alturas as terras de Ourense e Pontevedra, vese o mar.
Eu vin unha fermosa reportaxe fotografica do mar desde Ourense que fixo un dos mellores fotógrafos de Galicia, Fernando del Río. A ponte de Rande, a illa de Tambo como un queixo de tetilla, as Illas Cíes e Ons...
Calquera que teña navegado por fóra da ría de Pontevedra sabe que, ao lonxe contra o leste, temos os muíños de ventos da Terra de Montes... Por alí andas as terras de Ourense.
Tamén teño oído que desde a cima dos montes do Xures se vé o mar de Viana do Castelo (o río Limia é recto neste curso baixo...) e se cadra é certo. Díxomo o Lino Perdiz, que ben coñece a terra. Isto non o sei seguro. O do Suído, si.
O certo é que fóra romantismos, é máis fácil coller o coche e pórse en Baiona e tomar un café na terraza do parador, antes que agavear polo monte para albiscar, ao lonxe, unha liña de mar... se o día é claro.
O mar e precioso e formidable. A verdade e que o boto de menos. O cadro e mui bo anque semella mais unha ruina ca un mar de xeo.
Pero se temos maxín, temos mar. Elogo ese manto entre grisáceo e branco, que sobe e baixa dende Montealegre ó pé da Lonia, se esparexe ata abraza-lo Atlántico, o mar de brétemas que deita no leito o Miño ainda que non sexa inverno.
E, esoutro que cobre Arnoia, Arnoia, dende a Chaira por Castromao, ó Castro da Rodela, e dende aí a Coto Novelle que apuntou Ferrín ¿qué é, qué son, senón mar?
XulioDRabal
Your are Nice. And so is your site! Maybe you need some more pictures. Will return in the near future.
»
I love your website. It has a lot of great pictures and is very informative.
»
Publicar un comentario