Da fascinación das loiras(PAN POR PAN xoves 1 xuño)
Ningunha parte do corpo feminino tivo na súa evolución tantas variantes culturais como a cabeleira. Así o afirma
Desmond Morris en
“A muller espida”. Ten razón e non é cousa de agora. Na Idade de Pedra, hai 20.000 anos, había xa adobíos para a cabeza e trenzas. Os pelos postizos teñen cinco mil anos de historia. En Exipto as mulleres de rango rapaban a cabeza para poñer enriba ricas perrucas. E o mesmo as donas romanas no mundo clásico. Logo veu a Igrexa e prohibiunas. Esculca tamén Morris nas causas da preferencia masculina polas loiras: seica os cabelos desa color dan unha imaxe máis xuvenil, máis alegre, máis cálida. Fenómeno que ben explotou o cine: velaí
Jean Harlow,
Marilyn Monroe, hoxe
Scarlett Johansson. Claro que os símbolos tamén cambian coas épocas: as prostitutas da Roma clásica, que eran legais e pagaban impostos, estaban obrigadas por lei a levar os cabelos loiros.
13 comentarios:
Por tódolos deuses!!! Canto esta a mellorar esta bitácora!!!
uns amigos alemáns (de loirolandia) pregúntanme estrañadps: por qué en España tódolos mozos son morenos e tódalas rapazas son loiras? Algo vencellado ós cromosomas XX? Ou cousas do tinte?
De todos xeitos, que guapa é Scarlett.
Moi ben feitiña a rapaza!!!
fermoso, impecable, sin unha palabra de máis nin unha de menos. E tendes razón: a moza é fermosa. "Moi ben feitiña", como dixo roi queimado.
Curiosa a anecdota das prostitutas romanas.
Dende logo as mulleres ganhan muito cun bo pelo e un bo peiteado. As loiras soen ser mais atractivas e sobre todo en zonas onde hai poucas pero as morenas acostuman ser mais guapas.
Bueno, que hai pouca muller fea.
Pois lamento darvos un disgusto.
Lin hai pouco on sei onde que por causa dos xens dominantes aos louros e loiras non lle quedan cincocentos anos.
Así como o cruzamento de branco e negra ou branca e negro dá mulato, o de loira e moreno ou morena e loiro dá moreno case sempre.
É fácil velo tamén na cor dos ollos, mesmo a nivel familiar. Os ollos claros retroceden a grade velocidade.
Así pois, no mundo de fusión, adeus ás loiras.
Conordo M x M con Roi Queimado, Torre, etc.
Agradecemos a Marcos Valcárcel este contrapunto para que ninguén o acuse de ser "galegotemático". Sabemos que a súa erudición é universal. Que non decaiga (sen caer na frivolidade).
Fermoso texto e fermosísima muller. Animo ao señor Valcárcel para que nos sega falando de arte (como nesta ocasión).
Amolaríame que me gustasen as loiras por un imperativo, digamos, antropolóxico. Iso si, a loira que utilizas para ilustrar o teu comentario resulta fascinante, abofé.
Caso de que a Kidman nos falle a última hora, ter en conta para saber onde acudir.
XulioDRabal
Etxeokeai, tamén eu tiña lido iso que contas pero a xenética -coma dí a miña obstetra- ten moito máis de maxia e de misterio que de ciencia, moito que non lles guste aos científicos. Apertas!
Tampouco eu o cría de todo, e si o dí a túa obstetra, xa é ciencia para min.
Igual que o das loiras, poderíase argumentar que os negros chegados a América desaparecerían por cruzamento...
E de toda América,que eu saiba, só desapareceron os criados negros de Buenos Aires... onde andan?
Para un tachero negro que me topei unha noite, acabou confesándome que vivía desde os dous anos na cidade, pero que o trouxeran de Montevideo.
Nin ese.
Super color scheme, I like it! Good job. Go on.
»
Publicar un comentario