19 may 2006


Do ensino nos Estados Unidos (Frank McCourt)
(Pan por Pan venres 19 maio)
“Fai falla moito valor e moitas gañas para poñerse diante de 175 adolescentes cada mañá”, afirma o escritor Frank McCourt, premio Pulitzer por “As cinzas de Ánxela”. A súa última novela titúlase “O Profesor” e di que resume os seus 30 anos de experiencia nas aulas. Do ensino di que é “a profesión máis difícil de todas”, critica os baixos soldos dos docentes e a masificación de alumnos e engade que é “a única profesión que non está dirixida polos que a practican”. Arremete contra os burócratas do ensino e afirma que para ser un bo profesor é preciso “ter paixón polo que se está a facer, amar o traballo”. Tamén engade que un profesor debe procurar que os alumnos teñan dúbidas, non certezas. E, ademais, dicir a verdade “porque aos mozos engánaos todo o mundo, a Igrexa, os pais, os políticos...”. McCourt daba clases nos Estados Unidos. Isto non ten nada que ver co noso mundo, ou si?
(Imaxe: a Palas Atenea de Parmigianino)

17 comentarios:

galeidoscopio dijo...

En determinados centros, os profesores son vítimas de agresións psicolóxicas (e até físicas) intoleráveis. As actitudes de moitos pais e nais tampouco contribúen, precisamente, à melhora deses comportamentos.
En xeral, a vosa profesión está infravalorada por certos mitos (vacacións, baixas) e o desleixo social.
Se non é a mais difícil ou a mais antiga do mundo, para min trátase duma das profesións mais respeitáveis.

Anónimo dijo...

É unha vergoña cos pais pra súa comodidade e descanso descarreguen as suas obrigas nos mestres. A educación é unha obriga da familia, ó que pasa é que vivimos nunha época de irresponsabilidade total. Eche máis doado botarlle a culpa ós outros (os mestres, o estado, o veciño,...) que asumir que tes responsabilidades na vida. O tempo pasaralle factura a este tipo de sociedade.

Anónimo dijo...

A culpa é da Administración!

Anónimo dijo...

Por certo, parece ser que Nicole Kidman vai casar de novo...

Anónimo dijo...

Pero antes terá que protagonizar a campaña, digo eu, que os compromisos son os compromisos.

Anónimo dijo...

Si,con un interesante profesor de secundaria.
Gumer

acedre dijo...

Os profesores nos EEUU ainda estan mais infravalorados que na terra.
Aqui non para un profesor. Todos marchan para non aturar as feras dos nenos (mais que malos son pasotas) e a indiferencia dos pais.
Eu seino polo que me conta a minha muller.

Anónimo dijo...

Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor deste blog e para os blogueiros en xeral:

Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega. Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).

Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!

mais info: resaka06@gmail.com

Marcos Valcárcel López dijo...

Iría encantado Maeloc, pero a esas horas do martes estou coa avaliación final dos alumnos de 2º de Bacharelato, á que, como é obvio, non podo faltar. Aínda manteño certa responsabilidade co meu oficio...

Anónimo dijo...

O de Nicole Kidman está pechado. Virá, sen dúbida. Anunciaremos data.
A valoración social dos profes, está un pouco peor que a visita da Kidman. Cada vez a xente vive máis o espellismo do "saber democrático da TV" e considera que o que máis sabe, o máis importante, é o que mais horas pasa na TV... E a xente perde a cabeciña. Todos. ¿Lembrades uqe cando foi a pallasada aquela de Peregil, o 80 % dos internautas de "El País" se declaraban a favor dunha intervención militar...
E os fillos uqe vén na casa como calquera analfabeto cuestiona o facer do profesor, cando chega aos insitutos, e por pura lóxica de crecemento biolóxico, e por ir asumindo os roles materno-paternos, pois alá, a faltarlle xa en vivo e directo ao Profe.
Ten mal arregro.
Se cadra subindo 1000 Euros ao mes xa nos miraban con outra cara...

Que queres ser de maior? Famoso!! ¿Queres un móbil? Non estudes tanto que te estresas. Se é que vostedes non saben motivalo... Que o rapaz listo é, díxomo a sicóloga que lle fixo un test (e lle cobrou 100 euros) e tamén mo di a que lle fai os deberes...
O carallo. Hai que facer primitivas.

Anónimo dijo...

Sabedes que me dixo a min unha nai cando a chamei por teléfono para que lle turrara das orellas a un fillo que non daba palotada en clase, -nin xiquera quentaba a silla- non só conmigo senón con outros compañeiros.
"Es Vd. el primer profesor que se queja de mi hijo en dieciocho años".

Ou aquela firma do pai : "Mi hija Elisabeth no pudo asistir a clases porque fué a Supermartes"...
Hai máis ainda...pra outro día...
XulioDRabal

Anónimo dijo...

Se abrisemos un blog para desafogo de anécdotas e disparates, tiña éxito seguro.
Hoxe lembraba o certificado máis estraño que me presentou un rapaz moi cándido.
Era do enterrador dicindo que en tal data enterrara á avoa do rapaz en tal cemiterio de tal parroquia rural, e que por iso non puidera asistir a clases o neno.
Xúroo polos meus mortos.

Anónimo dijo...

Pois eu xa non recordo anécdotas de cando daba clases. Hai diso tantos anos...

Anónimo dijo...

Sr. Etxo, pois veña, que coalle a idea, ese blog racharía coa pana.
¿Para cando o seu?.
Zafe fóra como tangaraño a súa enerxía, e a súa finísima retranca dunha vez...
Debezo por ver o en que acaba o da Kidman, podiamos pedirlle a alfombra roxa ós do festival do cine, veña, tanguendo as vacas, campaña e carro adiante!
XulioDRabal

Anónimo dijo...

Pois veña.
O da Kidman, descúbrolle un segredo, empezou sendo broma, pero agora xa se convertiu nun desafío. A ver ata onde chegan as nosas redes paralelas.
Xa verá como a damos metido no choio.
Non o dubide.Empecemos.
Quen ten confianza con Amenabar, para o poder usar de intermediario?
Luís Tosar? Quen ten confianza con Luís Tosar para explicarllo, e poder usalo de intermediario?
Xa verá.
Cos cornos por diante e topeneando sempre.
De derrota en derrota ata a vitorio final.

Marcos Valcárcel López dijo...

O do enterrador, exeoke, non é tan raro. De feito, creo que a Delegación de Educación pedía para os profesores un certificado da funeraria para xustificar a falta conforme a lei. No enterro da miña avoa, pedíno despois do enterro, claro, e aínda tiven que discutir co da funeraria, porque dicía que o tiña que pedir antes: ata que me cabreei e lle dixen, pero se estaba ao teu lado cando metías o morto no nicho. E logo deuse conta. Disparates deste mundiño.

Anónimo dijo...

Alucino Marcos.
Cando me dedicaba ao mester de sherefía, nunca se me ocorrería pedir tal papel.
Chega mirarlle aos ollos a unha persoa para adiviñar se é certo ou non.
E se te engana que te engane. Máis se perdeu en Cuba. E o que é capaz de xogar con esas cousas ben merece gañalas.