14 may. 2006


Dous artigos sobre as Letras Galegas
Na prensa de hoxe, dous artigos de interese sobre o Día das Letras Galegas. Manuel Bragado reflexiona sobre a relación da lingua coas novas tecnoloxías e Internet e reclama Máis internet e máis galego. Pola súa banda, Víctor Freixanes lembra tempos máis difíciles para a causa do galego, pero que tiñan a súa épica para rememorar, e pon en cuestión, unha vez máis, o carácter festivo que Manuel Fraga lle outorgou a esta data dende a Xunta, quizais con boas intencións, pero con pésimos resultados. (Ilustración: un xenial debuxo de Castelao no Diario 1921)

7 comentarios:

acedre dijo...

Non conhecia o debuxo e mais que xenial a min semellame orixinal e impresionante.

torredebabel dijo...

Teño unha sorte moi grande e -pola xenerosidade da escritora galega-arxentina María Rosa Lojo- vou falar un pouquiño o mércores sobre o Día das Letras galegas no Centro Galicia. Este post regaloume o comenzo do que vou decir. E será en galego, ainda que o meu é terriblemente malo. Pero se imos repensar a data, que sexa falando dela en galego.
Gracias!!

marcos valcarcel dijo...

Alégrome moito desa túa conferencia no Centro Galicia, Torre de Babel. Encantaríame poder escoitarte: algunha vez será. E sen medo polo galego: escribes de marabilla e a forza da vontade derruba todos os muros.
Para acedre: todos os debuxos do Diario 1921 de Castelao son magníficos e moitos deles serían despois reelaborados e darían lugar a novas imaxes presentes nos álbums da guerra e noutros traballos. Das opinións de arte de Castelao nese libro, tan discutíbeis, falaremos outro día.

gustavo peaguda dijo...

Que o dis porque Castelao non entendía as vangardas do momento ou porque albiscaba o caracter mercantilista de Picasso?. Nese diario a critica a Francis Picabia é montruosa.
Facendo ficcion non sabria que pensaria Castelao se vese unha fermosisima exposicion no Thysen titulada " as vangardas rusas". Saldría alporizado me imaxino.

galeidoscopio dijo...

Na Rede estamos en melhor situación que noutros ámbitos.
Campanhas no ensino a prol da criación de blogues en galego e a agrupación nun blogomilho ben xestionado poden ser positivos para potenciar a língua.

marcos valcarcel dijo...

Para Gustavo Peaguda: Castelao non entendeu as vangardas nin a Picasso nin ao surrealismo nin ao expresionismo ruso nin outras moitas tendencias daquela: o Diario 1921 é explícito ao respecto. O seu modelo de arte popular comunicaba cos xeitos dos canteiros galegos ou co xeito de ver a realidade dos primitivos flamencos (Brueghel, etc.). Certo que aprendeu técnicas e formas dalgún expresionista alemán, sobre todo no gravado. Certo que tampouco quixo facer carreira artística e que na súa teoría da arte o vencellamento co pobo era prioritario a todo o demáis. Mentres Risco se abría as vangardas e comunicaba con Manuel Antonio ou con Euxenio Montes, Castelao defendía modelos formais máis tradicionais e convencionais.

gustavo peaguda dijo...

Agora que citas a Euxenio Montes e aproveitando que nun dos teus comentarios acompañabalo dun autoretrato de Pier Paolo Pasolini, o día seguinte da sua morte Euxenio Montes escribía no Abc "" yo, por contrate, recuerdo que en esa misma playa de Ostia, hoy lugar de esa escena impura, subio al cielo uno de los seres mas puros del mundo: la madre de San Agustin".

Moitas grazas pola tua explicación. Por iso penso que dende un punto de vista artistisco Castelao sexa o artista mais tradicional frente os Seoane, Arturo Souto ou incluso o propio Carlos Maside