18 may. 2006


LUGRÍS NO PARAÍSO DOS PATRIOTAS
(Andoliña xoves 18 maio)
Foi don Xesús Ferro Ruibal quen obrou o milagre, na xuntanza da Real Academia Galega en O Castro, de achegarnos a voz de Lugrís Freire nun seu texto apócrifo. Por el soubemos que aló nos outros mundos saben avaliar ben o que significa o pulo e a vontade de construír un país, o esforzo por abrir todas as fiestras e tender todas as pontes, o alento por facer da cultura de noso a cerna das nosas vidas. O espírito de Lugrís estivo, vaia que si, no emocionado discurso do Suso Ferro e ninguén dubidaba naquel anfiteatro cheo de magna ilustración e corazón galeguistas que o labor dos grandes precursores como Lugrís non foi inútil. Xosé Luís Axeitos presentounos ao sadense como un pioneiro tamén na creación dos espazos da memoria, dende os Mártires de Carral ata a película “Maruxa” na nosa lingua, e Xosé Neira Vilas lembrou a descuberta da galeguidade do noso autor nas terras cubanas, onde consolidou aquela emoción pola Terra que sentira dende mozo.
Pechou o presidente da Academia e reclamou todos os dereitos que a nosa lingua ten, con toda a solemnidade necesaria. Mesmo deixou un consello agarimoso, feliz, para as nais galegas: eduquen, por favor, aos seus fillos no noso idioma. Así sexa.

15 comentarios:

Anónimo político-cultural dijo...

Se me permite unha pequena corrección, direille que a expresión correcta para designar o Monumento aos Mártires de Carral e á película "Maruxa", non sería a de "espazos de memoria", senón a de "lugares de memoria".

Este termo, de orixe latina, foi o utilizado polo historiador francés Pierre Nora na monumental obra que dirixiu baixo o título “Les Lieux de Mémoire”. A partir de aí pasou a ser un termo usado recurrentemente na investigación historiográfica mundial, non sen caerse nun certo abuso e mesmo na deturpación do concepto-termo orixinario, pero esa é xa outra historia.

Cesare dijo...

O peor de todo o acto, con moita diferenza, foi precisamente esa alocución ás nais... Alguén debería explicarlle a barreiro fernández iso da paridade, o reparto do tempo de coida dos fillos, etc.

O vixía dijo...

Estimad@ compañeir@ blogueir@:

Permíteme que che noticie que, desde onte e coincidindo co día grande da nosa escrita, tes un novo compañeiro de viaxe no seguinte enderezo:

www.ovixia.blogspot.com

Se queres pasar por alí, xa sabes onde tes a túa casa para ler e opinar sobre literatura galega.

Aproveito, tamén, para felicitarte polo teu blog, que consulto con asiduidade e interese, polo que existe un enlace na miña bitácora para el.

Un saúdo cordial.

O vixía

marcos valcarcel dijo...

Efectivamente,anón.p-c., "lugares da memoria" sería o máis correcto, eu só reproducín a expresión que usou Axeitos, polo demais nun discurso moi ben organizado e cun forte pouso de reflexión Histórica.
Para Cesare, certo tamén o que dis de Barreiro: saltouse a corrección política e a paridade, pero creo que o fixo de boa fe, sen decatarse, na liña de Pondal cando lle pedía ás "meniñas da Coruña" que falasen galego e llelo transmitisen aos seus fillos.
Para o vixia: benvido, agora mesmo entro na túa bitácora.

Pincho dijo...

O de Barreiro explícase polo furor do neoconverso, pois neoconverso é o que pide agora que todos falemos galegos cando el nunca predicou co exemplo: apenas publicou ningún libro en galego, case todos en castelán.
Agora debe aprender tamén o da paridade. Pero non é mala persoa, só está un pouco demodé.

Etxeokeai Fernández dijo...

Ai que cona!
Deixade ao Barreiro en paz. Se fala das nais que transmitan o galego, que lle fagan caso...
¿E logo non falamos da lingua nai dunha persoa? Ou é que agora temos que decir a lingua nai e pai? ou a lingua nai-nai ou pai-pai para os de proxenitores difentes aos maoritiarios?
Deixemos de foder con tonterías.
A lingua transmítena sobre todo, as nais, que son as que dan de mamar e as que establecen unha relación coa prole distinta á do pai en todas as especies.

"O can e cadela son os mellores amigos e amigas da muller e do home", lin eu con espanto que era o políticamente correcto. Cago na nai de quen inventou tanta corrección.

Dicirlle ás nais que lles falen galego aos fillos é moi bonito, creo que mesmo revaloriza o seu papel como transmisoras.E certamente, como vostede saberá, a castelanizacíón é máis aguda nas nenas, porque as nais pensaban que para traballar -que era o dos homes- valía calquera burro e calquera lingua... pero ai para casar!!! En castellano e a ser posible co médico.
Cando falemos de lingua, falemos de lingua e non tratemos de arranxar o mundo todo, que é cousa difícil.
PD/ Dicindo "Ai que cona" parezo máis maleducado que si digo "Ay que coño", claro.
A tradución de "Ay que coño", da súa expresividade é "Ai que carallo". -máis frecuente e brando en ambas linguas".
A Expresión do castelán "Huy que carajo" corresponderíase co galego "Ai que cona", máis dura e directa, que era o que eu quería. O outro é un falso amigo.

Pincho dijo...

A nae dando de mamar e o pae bebendo na taberna. Como ten que ser!

Etxeokeai Fernández dijo...

Máis biberóns teño dado eu ca ti, máis cueiros teño cambiado, máis cus limpado, etc. etc. e non pasa nada. Asegúrocho. É mellor exercer que bla bla.
¿Onde dixen eu que o pai fose á taberna, mentres a nai dálle qeu dálle, meu?

Non imos ser máis papistas có Papa.
¿Que tanto por cento de mozas se sentes discrimidas porque o presidente da RAG faga un chamamento ás nais para que transmitan o galego?
E se se sentes discriminadas, equivocaríanse. O mundo vai por outro lado.

Pincho dijo...

Aclárese, meu, primeiro dixo que dar de mamar e agora di que biberóns. Ou arre ou xo. Non será vostede un bolseiro agradecido?

Exteokai, etc. dijo...

Non lle din de mamar porque non cadrou e por algunha que outro impedimento física que excuso de explicarlle dada a miña condición de home.
¿Bolseiro agradecido?
Sen faltar.
Non será vostede liberado sindical, narcotraficante ou algo así?
Botemos unhas risas que a vida é fodida.

Pincho dijo...

Como se enterou que son liberado sindical?

Etxeok dijo...

Ha, ha, ha.
Moi boa, esa.
Intuición feminina.

marcos valcarcel dijo...

Que non falte o sentido do humor (sempre sen faltar, claro). Así tamén nos rimos un pouco en medio do barullo laboral (os que traballamos!).

Liberado Sindical dijo...

Polo noso denodado esforzo e sacrificio, todos os profes coma vostede, Etxeok, teñen unha gran suba salarial que os converte nuns privilexiados. E grazas a quen, eh, grazas a quen?

Etxeok dijo...

Pero en serio que es liberado sindical? En serio? En serio? En serio?

Ai mi madriña!!! Que acertei!!!

Vou facer unha primitiva.

PD/ Creo que o da suba salarial algo terá uqe ver con vinte e tantos anos de traballo...

Por certo, hase aplicar tamén a suba ao seu salario, ou é o señor non se decatara?

Coñezo a un tan besta que dicía que a vostedes había que pólos a todos na rúa e repartir entre os que traballan os seus salarios e así aínda tocabamos a maior suba...
Mire que xente tan pouco agradecida ao seu impagable e meritorio esforzo en pro da clase traballadora...