13 jun. 2006


Da memoria e dos seus misterios
Disque está comprobado que a partires dos 60 anos lémbranse máis cousas da nenez que cando un ten 40: xa lles contarei, se aló chego. Din tamén que na vellez se recuperan moitos recordos dos nosos primeiros anos que quedaron gravados con detalle: a causa disto estaría en que nesa época facemos moitas cousas por primeira vez, como ir ao colexio, recibir un castigo ou ver o mar, e por iso manteñen unha maior permanencia. Sen dúbida, como di o psicólogo holandés Douwe Draaisma nun recente traballo, a nosa forma de percibir o paso do tempo ten moito que ver coa cantidade de experiencias novas que nós mesmos vivimos. Por iso, se facemos cousas novidosas (viaxar e coñecer lugares novos, por exemplo), sentimos que o tempo se estira; en cambio, cando facemos as mesmas cousas cada día, as horas vanse voando sen decatarnos. Sempre foi así, tamén antes de que o estudaran os psicólogos. (Imaxe de W.Bouguereau)

2 comentarios:

Yoli dijo...

O que máis me atrapou deste texto foi a última frase, porque hoxe en día, parece que todo ten que pasar pola aprobación dos tan "sobrevalorados psicólogos". Os demais tamén temos cerebro e corazón para pensar, sentir e intuír, ou que? Moitos deles teñen título e non teñen nin un chisco de empatía cos pacientes. Tampouco quero que me malinterprete ninguén. Supoño que os hai bos e os hai malos, como en toda profesión. É certo tamén que a medida que pasan os anos, sentimos as cousas con moita máis intensidade e emoción, paixón, sensibilidade, aínda que, irónicamente, a vida vólvese máis dura. Imaxino que ser ancián ten vantaxes, porque vivir lembranzas e experiencias que marcaron as nosas vidas ten que ser marabilloso, como renacer, como ser neno e florecer por segunda vez. Gústame o cuadro, supoño que o escolliches pola intensidade que reflexa o rostro da muller, os seus brazos arredor do corpo, toda a vida nunha imaxe, nun instante de beleza. Quen mellor que a muller e a nudez para amosar a inocencia e a infancia, unidos pola melancolía da vellez.

acedre dijo...

A verdade e que a vida ten diferentes ritmos segundo a epoca.
A min agora voanme os dias que todo semella onte mesmo.
A escolla do cadro e fabulosa.