21 jun. 2006


A Igrexa contra a Educación para a Cidadanía
(Pan por Pan, mércores 21 xuño)
A xerarquía eclesiástica non deixa de sorprendernos. Un día reúnese para afirmar a unidade de España (tema teolóxico clave, non?), outro proclama que a materia de Educación para a Cidadanía é un ataque á familia: palabras do arcebispo de Toledo. Esta materia debe promover unha reflexión ética en pro dunha educación sentimental do individuo (saber xestionar as súas propias emocións) e da súa participación na vida política. Todo ben necesario no mundo no que vivimos. Díxoo moi clariño José A. Marina: “A educación para a cidadanía pretende ensinar a convivir. Tamén a convivir en familia. Quere ensinar que a democracia é un proxecto ético, que todo dereito implica un deber, que debemos buscar a xustiza en todas as relacións –incluídas as familiares- e que debemos respectar as crenzas doutras persoas, sempre que se manteñan no marco ético”. Nin máis nin menos.
(Imaxe: Lucas Cranach, The Adoring Husband, 1530)

8 comentarios:

Anónimo político-cultural dijo...

Amén!

torredebabel dijo...

Historicamente a Igrexa ten atacado a calquera ensinanza ou ferramenta que axude a formar xentes máis libres. Porque canto máis libre, menos temerosos. E canto menos temerosos, menos influintes. E canto menos influintes, menos relixiosos...

fisterrán dijo...

"Con la iglesia hemos topao, amigo Sancho..."
Don Quijote de la Mancha

Yoli dijo...

"Coa Inquisición seguimos topando, amiga honestidade"

Peke dijo...

Xa sei que todo o mundo ten dereito a opinar de todo, pero moléstame que a Igrexa sempre ande dando voltas sobre a sociedade civil. Que coiden das almas dos seus fregueses e deixen ao resto en paz.

marcos valcarcel dijo...

Foi a institución máis perniciosa para a sociedade no mundo contemporáneo: algo así de contundente dixo esoutro día Alonso Montero en Auria, falando da Igrexa. E ás veces creo que imos cara atrás: aos tempos da persecución de Curros, do nacionalcatolicismo franquista, etc.

galeidoscopio dijo...

Por fortuna, tamén hai xente católica, e dentro do clero, que realiza trabalhos humanitários e sociais por todo o mundo. Ainda asi, seica as responsabilidades penais dalgúns membros da xerarquia en matéria que afecta a menores non invalidan a sua misión docente e evanxelizadora.

Roi Queimado dijo...

Pregovos que non sexades moi duros neste tema, mais que nada porque a nosa Nicole voltou ó seo da igrexa católica, apóstolica e romana ,e non vaia ser que se nos enfade...