4 jun. 2006

Que a terra lle sexa leve...!
PAN POR PAN domingo 4 xuño
É unha das facianas máis coñecidos da nosa historia: o home que agarra chorando ao seu fillo, fotografado no ano 1957 por Manuel Ferrol, nunha imaxe que deu a volta ao mundo. Marchaban cara Buenos Aires os seus pais, unha irmá e varios curmáns: esa é a razón daquela dor auténtica, carnal. El mesmo foi mariñeiro e estivo emigrado en Suíza. Chamábase Manuel Ángel Calo Marcote e en Fisterra, onde morreu nestes días, era coñecido como O Jurjo. Ao seu fillo, o que está na foto, chámanlle Chanquete: de nome oficial Juan Calo, tiña outros catro irmáns. Hoxe home maduro, véxoo de novo nun xornal, no enterro do seu pai: non chora, pero transloce a mesma dor contida daquel retrato de hai 50 anos. De cando os galegos estaban condenados a percorrer o mundo en busca de traballo. Hoxe queda só esta foto para os “novos ricos” que somos hoxe: foto que merecería estar gravada en todas as mentes.

5 comentarios:

muralla dijo...

Realmente é unha foto imperecedera e inesquecible. Sempre me impresionou moito contemplala, porque encerra todo un mundo de dor.
Gustoume saber noticias destes personaxes...
Bicos

Mr Tichborne dijo...

Eu oira que non eran pai e fillo, que eran tío e sobriño e o pai do pícaro, precisamente, estaba no barco que partía. Vexo que é lenda, xa que a súa versión está documentada, pero a min sempre me fixo pensar na outra faciana da emigración: os que quedaron, fillos, nais, esposas, agardando.

Anónimo dijo...

I love your website. It has a lot of great pictures and is very informative.
»

Anónimo dijo...

Very best site. Keep working. Will return in the near future.
»

Anónimo dijo...

I find some information here.