6 jun. 2006


Unha historia que non foi ficción
(Andoliña martes 6 xuño)
Lin aquela reportaxe, de Ignacio Cembrero en El País, como se se tratase dun anaco de ficción. A historia dun xeneral de orixe marroquí, "o exterminador" dicían en titulares, que presumía das súas matanzas con Franco na guerra civil. Os rifeños que el dirixía mataron con granadas os douscentos feridos republicanos que se acochaban indefensos nun hospital toledano. Falan outras testemuñas da súa extrema crueldade e das torturas que dirixía contra mozas con carné sindical. O xeneral prometeulles aos seus homes "mulleres brancas" cando entrasen coas súas tropas en Madrid e xa llelas proporcionara antes, montando un gran bordel en Navalcarnero con prostitutas traídas de Marrocos e outras "cazadas" na represión contra os republicanos, segundo conta o historiador Herbert Southworth.
Podería ser unha curiosa historia de ficción. Pero foi verdade: o xeneral chamábase Mohamed Mizzian e o xornal madrileño publica unha foto súa, na que parece un secundario malo das películas hollywodenses da segunda guerra mundial. Na súa honra acaba de inaugurarse un museo privado preto de Melilla. Coa presenza, país de esperpentos o noso, de autoridades militares e civís españolas!!

6 comentarios:

Anónimo político-cultural dijo...

Eu tamén lin esa reportaxe e quedei abraiado. Ese xeneral, cabrón e fascista, é unha perfecta mostra de quen eran os que se sublevaron en armas contra a República. E vaia esperpento o das autoridades españolas!

Anónimo político-cultural dijo...

Contra finais deste ano, sairá publicado nunha prestixiosa editorial madrileña (Marcial Pons) un excelente e rigoroso estudo dun común amigo, o profesor X.M. Núñez Seixas.

Tómome a liberdade -sei que a el non lle ha parecer mal- de poñer aquí, en primicia, un pequeno fragmento, que versa sobre o tema do seu post.

..................

Pero el buen moro alcanzaba la cima de su conversión en español cuando había matado “rusos”, había sido herido en combate hermanando heroicamente su sangre con la de los españoles, y con mayor fundamento cuando caía luchando en defensa de la España católica e imperial contra el enemigo compartido, “el Comunismo y la irreligiosidad”. Se convertía entonces en motivo de glorificación y memoria, en el buen “Mohamed” —es decir, en un moro con nombre— de cuyo brazo aspiraban a salir de la cárcel las presas de las milicianas en Madrid, que veneraba como santas y hermanas a las enfermeras españolas de los hospitales de campaña, y que liberaba castillos de antiguas damas cristianas de los nuevos impíos. Y es que entre “moros y cristianos” no había mejor solidaridad que la experiencia compartida del combate: “¡no hay nada como la sangre derramada/ para unir generosos corazones!”, sentenciaba el militar retirado Leocadio López. Como resumía en su final el Romance de Abd-el-Azis, de la autoría del poeta falangista Agustín de Foxá, que recordaba la figura de un combatiente marroquí muerto en España: “¡También tienes tu lucero, / español de piel tostada” . Y en un libro de texto de 1941 se narraba esa conversión como un resultado de la admiración que, al experimentar el benigno contacto con los colonizadores españoles tras 1907, habían desarrollado por España los marroquíes del Protectorado: “los moros influidos por España son hoy verdaderos enamorados de la hidalga nación española, por la que derraman generosamente su sangre en los campos de batalla contra los horrores de la barbarie roja”.

marcos valcarcel dijo...

Graciñas pola túa aportación, anónimo p-c. O texto quen reproduces de Núñez Seixas é ben transparente do que foi a utilización dos soldados "moros" na guerra española e algúns, como o tal Mizzia, tiveron grandes recompensas polo seu labor.

Anónimo dijo...

Pareceume ler nalgures, eu que sei onde, que a ese militar nombrárono ao final da guerra xefe militar da Rexión Galicia. ¿Saben algo vostedes?

Saúdos a todos e noraboa ao señor Valcárcel: desfruto moito do seu bló.

marcos valcarcel dijo...

Pois si, contábao Cembrero en "El País", foi nomedo Capitán General de Galicia en 1953. Por aí andaran militares que traballaron ás súas ordes aínda. A saber qué faría na nosa terra naqueles anos...

Etxeokeia dijo...

Seica acabou co maquís polas terras de Valdeorras...