31 jul. 2006


















Nada pode xustificar estas imaxes (como pode un pobo como o xudeu, que padeceu o Holocausto, asistir impasíbel a estas masacres?)

YASHMINA SHAWKI
En contra de los judíos, no; de sus actos, sí
(La Voz de Galicia, 31 xullo 2006)

LLEGARON a mi casa una soleada mañana del mes de diciembre de 1976. Quince libros, de tamaño bolsillo, pulcramente encuadernados en piel teñida de rojo, negro y oro. Mi madre los colocó en la estantería más alta de la biblioteca, no sin antes aleccionarme para que no me acercara a ellos. «Estos libros son muy valiosos y los he comprado para que cuando seas mayor conozcas la historia y sepas lo que realmente sucedió. De momento, eres muy pequeña para comprender». Y así, fue. El tiempo, que todo lo cura, me dio los centímetros suficientes para alcanzar aquella estantería y el raciocinio necesario para asimilar su contenido. Lo cierto es que casi hubiera preferido haber tardado más, ya que aquellos quince tomos marcaron un antes y un después en mi forma de entender el mundo. Las fotografías en blanco y negro que los ilustraban mostraban la crueldad suprema a la que puede llegar el ser humano, la monstruosidad nazi para con los judíos y miembros de otras minorías ajenas a la pureza de la raza aria. Seis millones de personas apartadas de sus ciudades, de sus familias, de su mundo, para ser encarceladas, masacradas, torturadas y vejadas. Resulta muy difícil no sentirse avergonzado por el Holocausto. Sin embargo, el conocimiento y el reconocimiento de esta parte tan negra de la historia contemporánea no justifica que sus víctimas puedan cometer otras atrocidades, que sesenta años después de finalizada la Segunda Guerra Mundial se les permita a los judíos hacer lo que les plazca bajo la excusa de la legítima defensa. Somos millones los que hemos crecido admirando el esfuerzo de recuperación de los judíos diezmados, su lucha por crear un país democrático en las arenas de un inhóspito desierto, sobre las ruinas de un pasado casi olvidado y rodeados de enemigos que, les guste o no reconocerlo, ellos mismos se han creado. Pero, igualmente, somos millones los que negándonos a que se nos acuse de antijudíos denunciamos que el último ataque al Líbano, además de no justificado, viola las normas más elementales establecidas en el derecho internacional, y no puede ser tolerado. Los que consideramos que un acto de guerra así responde a otros intereses diferentes a la erradicación del terrorismo, y que acabará por cobrarse un alto precio de inseguridad en el marco regional.

6 comentarios:

Tere dijo...

Un artigo moi bo. Obrigada pola reprodución, doutro xeito non o podería ler.

Working4Israel.ga dijo...

Difícil papeleta temos estes días os defensores do estado de Israel e do seu dereito a unhas fronteiras seguras coas imaxes que difunde a prensa internacional.

Difícil facerlle ver que Israel botou días dicindo que ía bombardear esa posición desde a que enviaban os katiuska sobre as aldeas do norte do seu país.

Difícil comprender como Hizbulá, os eficaces militares de Hizbulá que están parando invasión, en vez de levar á súa xente fóra dos ángulos de tiro, mestúrase con ela en busca de fotos como estas, na seguridade absoluta de que tiveron a sorte dos mártires e que xa están no seu ceo, igual que os homes bomba que rebentan pizzerías cheas de nenos en Tel Aviv.
Que solten a eses dous soldados dunha puta vez e que pare este masacre.Despois de anos de estabilidade nesa fronteira, baseados no respecto e antipatía mutua, Hizbulá rompeu o status quo co ataque ao blindado israelí, a morte de oito soldados xudeos e o secuestro de outros dous. Para que?
Para abrir un frente norte contra israel e "agudizar as contradiccions" a ver se salta todo.
Hizbulá é xente seria que fai escolas, sanidade etc. pero non ten dereito a construír un miniestado confesional dentro dunha vella democracia plural e diversa como era o Líbano ata que a chegada masiva de palestinos desterrados e os problemas derivados fixeron saltar aquela vella suíza de oriente medio.
Non pode haber un estado ao norte e unha faixa en mans de Hizbulá desde a que ataca con intención de destruír a Israel.
Nas guerras, morre xente.Xente inocente. Sobre todo cando son escudos humanos.
Hizbulá e os estrategas islamistas xa teñen a foto que querían.

Israel está unido nesta guerra como foi unido na desgraza da 2ª guerra cando ninguén mirou para eles, ou como cando vagaron no 47 polo mediterraneo no Exodus.
E eu con eles.
E lamento as mortes, todas.
Que solten a Gilad Shalit secuestrado en Gaza por Hamas, hai xa demasiado tempo.
Que Hizbulá solte xa aos soldados Ehud Goldwasser e Eldad Regev e que deixen de ocultarse covardemente detrás dos nenos e civís, para que pare a guerra.

Anónimo dijo...

a Working4Israel.ga, faltalle dicir que os israelis deixen vivir en paz aos palestinos, que liberen os territorios ocupados e que deixen de matar indiscrimandamente, porque...lamentar...xa non chega. No estado español, ilegalizouse a Batasuna, por non condenar os atentados terroristas, despois da indignidade da ONU, negándose a condenar o ataque israelita, debemos ilegalizar á ONU? (ver o seguinte post en myblog.es/mondoxibaro) no que defenden a idea de que España debería abandonar a ONU.

Working4Israel.ga dijo...

As fronteiras seguras son a clave.
¿Pódense pactar? Teño as miñas dúbidas e poderase facer cando "eles", os islamistas queiran. Hizbolá, de momento,non ten máis intención que intentar facer o que din os aiatolás nazis de Irán: borrar a Isarel do mapa. Hamas, parece que quere caer da burra e admitir a existencia do estado de Israel. Fronteiras? Calquera pero seguras. A ninguén se lle ocorre mover as fronteiras de Alemaña para devolverlle aos millons de alemáns expulsados das terras que hoxe son Polonia a súa casa. Hai sitio para todos traballando e non practicando a cultura da guerra, da morte e da subvención que as corruptas monarquias do golfo e as inxenuas democracias occidentais fixeron entender aos palestinos como única forma de vida. Véxase a corrupción de Arafat, etc.
Está claro que os dous pobos teñen que convivir sobre a mesma terra e así, con esas identidades duais e novas, e coas que teremos que construír o futuro.
Non hai solución militar definitiva, por suposto. Nin por un lado nin por outro.
Pero nesta guerra, defendo aos meus, aos pensadores e inventores xudeus, a unha pola desta cultura xudeocristiá que permitiu na reflexión facer nacer a revolución francesa e rusa e xurdir un laicismo garantía de independencia e da liberdade das persoas.

Dixo o músico xudeo-arxentino Daniel Barenboim, director dunha orquetra mixta (xudeo-palestina):
Eu subscribo e estou cos meus, coa xente miña, cos occidentais israelís.
“El destino del pueblo palestino y el de Israel son inseparables y, como consecuencia, no hay solución militar. La situación actual no puede seguir: o se encuentra un modo de salir de aquí aportando condiciones resolutivas al conflicto a largo plazo, o hay una pausa y se vuelve a la situación anterior. Hay que tener coraje para aceptar el relato del otro, o al menos para entenderlo, y es ésta la máxima responsabilidad de Israel. Esta es una tierra para dos pueblos, no hay un pueblo con más derechos que otro.”
Shalom a todos

Leituga 1 dijo...

A postura de working4Israel.ga paréceme dictada pola prudencia, o realismo e o desexo de paz e de xustiza. Este conflito, coas súa periódicas guerras, cos seus atentados terroristas, cos seus asasinatos selectivos, co medo e a humillación presidíndoo todo, non pode verse como unha película de bos e malos.

Anónimo dijo...

Best regards from NY! What&aposs bookkeeping Stock prospectus writing home based business compare pilates reformer and performer Protection one security systems Liposuction cost nc Gsi gourmet kitchen station football rules