6 jul 2006


O cosmonauta perdido.
(Pan por Pan xoves 6 xullo)
Tiven un compañeiro na mili que cría en todo o relacionado co mundo esotérico: abducións, corpos astrais, posesións diabólicas, extraterrestres, etc. Eu non son quen de entender ese grao de credibilidade, pero sen dúbida existen milleiros e milleiros de persoas como aquel meu amigo: a proba é que a SER e a Cuatro teñen programas de gran audiencia deste estilo, comandados por Iker Jiménez. Segundo leo no cultural de “La Vanguardia”, esoutro día este artista da fantasía columpiouse abondo coa historia dun cosmonauta ruso, Ivan Istochnikov, seica perdido no espazo por abdución. O simpático do tema é que, por ignorancia ou ousadía, Iker Jiménez estaba a repetir unha lenda urbana nacida dunha serie de fotografías de Joan Fontcuberta, creador hai anos da vida e morte ficticia do tal cosmonauta: velaí como sorrí contento aló onde estea “perdido”.

2 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

encántame esa palabra: cosmonauta, os viaxeiros do espacio do outro lado do telón de aceiro... que cousas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Magnífico título para un conto, ou mesmo unha pequena novela: "A abducción do cosmonauta perdido". Non cre mr. tichborne? Doulle o título de agasallo se se anima. Un saúdo cordial.