11 jul. 2006


Parlamento Europeo.
Na semana pasada a eurocámara aceptou o emprego do galego na comunicación cos cidadáns e condenou como institución o franquismo. Xa saben quen votou en contra, contra o uso do galego e contra a condena ao franquismo: o Partido Popular Europeo. O mesmo que moveu Roma con Santiago con recursos para apear ao nacionalista Camilo Nogueira do seu escano europeo en favor dun “popular” de Cantabria: xa sabemos para qué valeu ese cambio. (Imaxe do pintor Guido Reni, “Susana e os vellos”).

5 comentarios:

O cabaleiro da triste figura dijo...

Definitivamente penso que o teu blog precisa dun asesor de imaxe. Hai demasiada imaxe doutro tempo, neoclasicismo a esgalla, etc., etc. Pouca modernidade visual, sexa o que for iso da modernidade. Xa me entendes...

anómimo político-cultural dijo...

Ten que haber para todos os gustos. E se Valcárcel apenas gusta da arte non figurativa e doutras artes "modernas", está no seu dereito. Ou é que che parece mellor que poña unhas fotos horrorosas tiradas por el, como fan algúns outros blogueiros? Pois non, que sega como vai, que por min está ben.

Sara dijo...

Eu tamén aposto porque sigan as imaxes como ata agora, xa son un claro sinal de identidade deste blog. E ás veces o autor descóbrenos alfaias que merecen moito a divulgación.

marcos valcarcel dijo...

Graciñas a todos/as polas vosas visitas. Todo é opinábel e, nese sentido, merécenme todos os respectos as consideracións do Cabaleiro da Triste Figura. Pero a escolla de imaxes depende de moitas cousas: ás veces do tema, outras do meu estado emocional, outras do que eu entendo por beleza ou por comunicación... E por suposto teño centos de imaxes "modernas" arquivadas no meu ordenador e tamén as uso (usarei un 40 por cento só de imaxes clásicas, ata o século XIX). Pero tamén é certo que as imaxes clásicas deféndense por si soias e eu mesmo descubro verdadeiras xoias, como di Sara, que quero compartir cos lectores/as. En canto ás modernidades, hai que ser escépticos: hai obras mestras, pero cantas das que hoxe así se califican na arte contemporánea pasarán á posteridade pola súa valía estética?

Yoli dijo...

Pois eu creo que as imaxes deste blog son de moita beleza, significado e cultura. Hoxe en día a xente ten esa manía, eu máis ben eu diría obsesión, por "innovar, modernizarse e abrir novos camiños", aínda que iso implique pintar catro raias mal feitas de tres cores, ou colocar catros pezas de madeira contra a parede!!Claro, e os defensores destes movementos "innovadores" asegurarán que o que se valora é o "concepto", non a forma. Na miña opinión a arte de hoxe en día é basicamente un negocio (non sempre), onde só entran en xogo o diñeiro e os contactos, non o auténtico valor das obras. Antes, forma e fondo eran sublimes, o artista vivía para o que amosaba a través das súas miragrosas mans. É difícil que volvan eses tempos onde a globalización, a competencia, as envexas, e as presas por abarcalo todo obsesionan ao ser humano en detrimento de mellorar a súa condición interior e espiritual. Mágoa!