Andoliña 1 setembro
Volta a un país esquilmado
Estiven case todo o mes de agosto fóra de Galicia e seguín a crise dos incendios dende a prensa española. Pero a catástrofe que xa anunciaban os xornais foráneos quedou curta comparada coa realidade: o día dez o meu avión aterraba en Vigo sobre o espectáculo dunha chea de lumes aparentemente incontrolados. O propio avión semellaba cheirar a cinzas e dende logo si o facía o automóbil de camiño cara a Ourense: aló foi peor, era o día en que unha rede mesta de lumes arrasaba todos os montes da contorna urbana arredor do Pino e Santa Cruz de Arrabaldo. Eu era só un espectador da desfeita, pero á mesma hora centos de veciños loitaban desesperados contra as lapas.
Hoxe, tras ler moitas opinións sobre os lumes de agosto, estou coma todos: confundido. Hoxe dicíame un amigo que temos a marca de freakees pirómanos, velaí as semblanzas dos detidos publicadas nos xornais. Somos un país de tolos? Outros falaron de tramas para explicar os milleiros de focos en zonas periurbanas. Pero o certo é que ningún responsable político pode facer estas acusacións sen as probas diante. Case sería consolador dar cunha man oculta que deseñase o horror: precisamos dunha explicación deste xeito de suicidio colectivo.
(Imaxe: O paxaro narcisista, de Juan Barjola, Museo Barjola, Xixón)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
certamente precisamos dunha explicación, pero ainda coas explicacións que houbo nestes días tamén quedamos confundidos. Deixo esta páxina, coido que merece a pena: http://blogcampesino.blogspot.com/
Apertas e benvido!!
Publicar un comentario